O Grupo Popular destaca o crecemento histórico da FP en Pontevedra cunha oferta récord e novas opcións formativas para a inclusión e o emprego

Os deputados do Grupo Popular Julio García Comesaña e Manuel Santos salientou hoxe que o número de prazas de novo ingreso para a formación profesional na provincia de Pontevedra acadará o vindeiro ano as 16.803, unha cifra récord coa que tamén se ofertarán novas especialidades como a FP acelerada, a FP básica adaptada ou a FP básica para adultos. “O obxectivo é poñer a disposición dos alumnos unha oferta que dea resposta ás súas demandas e necesidades, e adaptada ás necesidades do tecido socioeconómico nun momento de solicitude de profesionais cualificados e que garantan o relevo xeracional”, sinalou.

Nunha reunión coa Federación de Empresarios de Turismo e Hostalería de Pontevedra (FEPROTUR), na que estiveron presentes o seu presidente, César Sanchez-Ballesteros, a xerente Beatriz Carballido Barciela e o director da Escola de Hostelería Harina Blanca Xaime Rodríguez Trigas, Julio García Comesaña e Manuel Santos destacaron que “o número de prazas para formación profesional na provincia pontevedresa incrementarase o vindeiro ano en 997, o que supón unha suba do 6,31 por cento respecto do pasado curso”. O prazo para solicitar praza nos diversos ciclos ofertados abrirase o vindeiro 16 de xuño e permanecerá aberto ata o 2 de xullo.

NOVIDADES

“Falamos dunha aposta real e sólida por unha FP útil, moderna, conectada coas empresas, pensada para xerar oportunidades e fixar poboación no territorio”, destacou Manuel Santos Costa, quen lembrou que “a formación profesional está chamada a ser un dos piares estratéxicos do crecemento económico e da inclusión social na Galicia dos próximos anos”.

Dentro da provincia de Pontevedra, a área que conta con maior oferta é a de Vigo, con 11.040 prazas; seguida de Pontevedra, con 3.255; O Salnés, con 1.699; e Deza-Tabeirós-Terra de Montes, con 809. “Vigo é un territorio cunha gran potencialidade no sector servizos, turismo, hostalaría e comercio, polo que é lóxico que a Xunta acompañe ese dinamismo cunha oferta formativa á altura, que dea resposta tanto aos mozos e mozas como ás necesidades das empresas da contorna”, explicou Julio García Comesaña.

Unha das novidades que ofertará a formación profesional en Galicia para o vindeiro ano son as formacións aceleradas, “unha nova vía formativa pioneira e inédita a nivel de toda España que consiste nunha formación rápida, concentrada nun período de entre catro e seis meses de duración, e que ten por obxecto mellorar a cualificación das persoas e abrirlles as portas ao mercado laboral”, explicaron os deputados populares.

Dentro da provincia de Pontevedra, os interesados nestas formacións aceleradas teñen á súa disposición 308 prazas distribuídas en centros de Vigo (CIFP Manuel Antonio e CIFP Valentín Paz Andrade), Pontevedra (CIFP Carlos Oroza e CIFP Montecelo) e Vilagarcía (CIFP Fontecarmoa).

MÁIS ALÁ DO ENSINO OBRIGATORIO

Vigo será o epicentro tamén dunha das novidades do próximo curso académico: a FP Básica adaptada, unha das vías coas que pretende prolongar a estancia no itinerario formativo dos alumnos mais alá do ensino obrigatorio, «especificamente no caso de colectivos con dificultades de escolarización». Este itinerario ofrecerá formación específica e apoio personalizado e adaptado ás súas necesidades a eses alumnos con problemas para prolongar a súa formación. O primeiro ensaio desta vía desenvolverase mediante un programa formativo de comercio no Centro de Educación y Promoción de Adultos EPAPU Berbés de Vigo.

Así mesmo, outra das novidades de cara ao vindeiro curso serán os títulos de FP básica para adultos, que no caso da provincia de Pontevedra poderanse cursar no EPAPU Berbés de Vigo, no grao básico de servizos administrativos. “Non deixamos a ninguén atrás: a FP galega é tamén unha ferramenta para a inclusión social, para a segunda oportunidade e para que cada persoa poida construír o seu futuro con dignidade e cun emprego”, concluíu Santos Costa.

O PPdeG sinala que a nova oferta de FP en Ourense busca responder ao tecido produtivo cunha formación máis áxil e inclusiva

As deputadas do Grupo Popular Noelia Pérez e Cristina Campero salientaron hoxe que o número de prazas de novo ingreso para a formación profesional na provincia de Ourense acadará o vindeiro ano as 5.338, unha cifra récord coa que tamén se ofertarán novas especialidades como a FP acelerada. “O obxectivo é poñer a disposición dos alumnos unha oferta que dea resposta ás súas demandas e necesidades, e adaptada ás necesidades do tecido socioeconómico nun momento de solicitude de profesionais cualificados e que garantan o relevo xeracional”, sinalou.

Nunha visita ao CEIP 12 de Outubro de Ourense acompañadas da portavoz do PP en Ourense, Ana Méndez, e de estudantes, Noelia Pérez e Cristina Campero destacaron que “o número de prazas para formación profesional na provincia ourensá incrementarase o vindeiro ano en 387, o que supón unha suba do 7,82 por cento respecto do pasado curso”. O prazo para solicitar praza nos diversos ciclos ofertados abrirase o vindeiro 16 de xuño e permanecerá aberto ata o 2 de xullo.

NOVIDADES

Dentro da provincia ourensá, a área que conta con maior oferta é a de Ourense, con 4.491 prazas; seguida de Valdeorras-Trives-Caldelas-Viana, con 452; e Verín-A Limia-Baixa Limia, con 395.

Unha das novidades que ofertará a formación profesional en Galicia para o vindeiro ano son as formacións aceleradas, “unha nova vía formativa pioneira e inédita a nivel de toda España que consiste nunha formación rápida, concentrada nun período de entre catro e seis meses de duración, e que ten por obxecto mellorar a cualificación das persoas e abrirlles as portas ao mercado laboral”, explicou o deputado popular.

Dentro desta provincia de Ourense, os interesados nestas formacións aceleradas teñen á súa disposición 132 prazas de grao básico e grao superior, distribuídas nos centros A Farixa, de Ourense; e o CIFP de Vilamarín.

Os deputados populares destacan que a FP na provincia da Coruña acada unha cifra récord de prazas e incorpora formación acelerada e básica para adultos

O deputado do Grupo Popular Roberto Rodríguez salientou hoxe que o número de prazas de novo ingreso para a formación profesional na provincia de A Coruña acadará o vindeiro ano as 20.247, unha cifra récord coa que tamén se ofertarán novas especialidades como a FP acelerada ou a FP básica para adultos. “O obxectivo é poñer a disposición dos alumnos unha oferta que dea resposta ás súas demandas e necesidades, e adaptada ás necesidades do tecido socioeconómico nun momento de solicitude de profesionais cualificados e que garantan o relevo xeracional”, sinalou.

Nunha visita ao CEIP Anxel Casal de Monte Alto en A Coruña, acompañado do concelleiro do PP Carlos San Claudio, Roberto Rodríguez destacou que “o número de prazas para formación profesional na provincia coruñesa incrementarase o vindeiro ano en 749, o que supón unha suba do 3,84 por cento respecto do pasado curso”. O prazo para solicitar praza nos diversos ciclos ofertados abrirase o vindeiro 16 de xuño e permanecerá aberto ata o 2 de xullo.

NOVIDADES

Dentro da provincia, a área que conta con maior oferta é a de A Coruña, con 9.898 prazas; seguida de Santiago, con 4.88.9; Ferrol; con 4.145; e Barbanza-Muros-Noia, con 1.315.

Unha das novidades que ofertará a formación profesional en Galicia para o vindeiro ano son as formacións aceleradas, “unha nova vía formativa pioneira e inédita a nivel de toda España que consiste nunha formación rápida, concentrada nun período de entre catro e seis meses de duración, e que ten por obxecto mellorar a cualificación das persoas e abrirlles as portas ao mercado laboral”, explicou o deputado popular.

Dentro da provincia de A Coruña, os interesados nestas formacións aceleradas teñen á súa disposición 398 prazas distribuídas en centros de A Coruña (CIFP Paseo das Pontes e CIFP Someso), Ferrol (CIFP Ferrolterra), Pontedeume (CIFP Fraga do Eume), Ribeira (CIFP Coroso) e Santiago de Compostela (CIFP Compostela e CIFP Politécnico de Santiago).

Así mesmo, outra das novidades de cara ao vindeiro curso serán os títulos de FP básica para adultos, que no caso da provincia de A Coruña poderanse cursar en CIFP de Ferrol, no grao básico de mantemento de vehículos.

O PPdeG salienta que as prazas de FP para o vindeiro curso na provincia de Lugo acadarán a cifra récord de 6.776

Os deputados do Grupo Popular Cristina Sanz e José Manuel Mato salientaron hoxe que o número de prazas de novo ingreso para a formación profesional na provincia de Lugo acadará o vindeiro ano as 6.776, unha cifra récord coa que tamén se ofertarán novas especialidades como a FP acelerada. “O obxectivo é poñer a disposición dos alumnos unha oferta que dea resposta ás súas demandas e necesidades, e adaptada ás necesidades do tecido socioeconómico nun momento de solicitude de profesionais cualificados e que garantan o relevo xeracional”, sinalou.

Nunha visita ao CEIP As Mercedes de Lugo, Cristina Sanz e José Manuel Mato destacaron que “o número de prazas para formación profesional na provincia lucense incrementarase o vindeiro ano en 317, o que supón unha suba do 4,91 por cento respecto do pasado curso”. O prazo para solicitar praza nos diversos ciclos ofertados abrirase o vindeiro 16 de xuño e permanecerá aberto ata o 2 de xullo.

NOVIDADES

Dentro da provincia lucense, a área que conta con maior oferta é a de Lugo, con 3.934 prazas; seguida de A Mariña, con 1.744; e Lemos-Chantada-Quiroga, con 1.098.

Unha das novidades que ofertará a formación profesional en Galicia para o vindeiro ano son as formacións aceleradas, “unha nova vía formativa pioneira e inédita a nivel de toda España que consiste nunha formación rápida, concentrada nun período de entre catro e seis meses de duración, e que ten por obxecto mellorar a cualificación das persoas e abrirlles as portas ao mercado laboral”, explicou o deputado popular.

Dentro da provincia de Lugo, os interesados nestas formacións aceleradas teñen á súa disposición 132 prazas de grao medio, distribuídas nos centros As Mercedes, de Lugo; e Porta da Auga, de Ribadeo.

Paula Prado e Luis Menor subliñan que o liderado de Manuel Fernández en Baños de Molgas demostra que o PP “aposta pola mocidade con feitos e non só con slogans”

Manuel Ángel Fernández Movilla (Baños de Molgas, 1992) foi elixido presidente do Partido Popular de Baños de Molgas no congreso celebrado hoxe por esta agrupación local, conclave que clausuraron a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o presidente provincial do PP, Luis Menor, acompañados pola secretaria xeral do PPdeOU, Sandra Quintas.

Paula Prado e Luis Menor puxeron en valor que o liderado de Manuel Fernández, aos seus 32 anos, demostra que o Partido Popular “aposta pola mocidade con feitos e non só con slogans”, fronte a un socialismo que “compra aos mozos con promesas pero non lles ofrece nada” e fronte a un independentismo galego que “non pode ofrecerlles máis futuro que unha utopía”.

Nese sentido, a secretaria xeral do PPdeG salientou o feito de que Manuel sexa o alcalde popular máis novo da provincia de Ourense e o terceiro en Galicia: “Demostra que a mocidade tamén se implica na política, no rural e, sobre todo, en querer mudar o rumbo dos seus concellos”

“O PP ten un equipo que non só é pasado e presente, senón que tamén é futuro. Manu, ao igual que o resto das nosas Novas Xeracións, demostra que a xuventude tamén é sinónimo de estabilidade, de solvencia e de experiencia”, subliñou.

Así mesmo, Paula Prado falou da “madurez” de Manuel Fernández e a “experiencia e coñecemento do seu concello” que xa tiña antes das eleccións, o que o levou, dixo, a conseguir a alcaldía.

LUIS MENOR SUBLIÑA O TRABALLO DO PP DE BAÑOS DE MOLGAS NA VITORIA DAS EUROPEAS

Luis Menor felicitou ao novo presidente da agrupación local, que nas pasadas municipais arrebatou a alcaldía ao BNG na súa primeira cita electoral como cabeza de lista popular, advertindo que ten ante si o reto de revalidar a maioría absoluta e demostrar que a vitoria de hai dous anos “non foi unha casualidade, senón que soubeches escoitar á túa veciñanza e canalizar o seu descontento”.

Por outra banda, o aniversario da vitoria das eleccións europeas de 2024, Menor afirmou que o apoio das direccións do PP provincial e galega no congreso son “unha forma de devolver e agradecer todo ese apoio que nos destes hai un ano”.

Lembrou o presidente provincial que Manuel Fernández e o PP de Baños de Molgas foron quen de darlle a volta aos resultados das europeas de 2019, cando gañaron os nacionalistas, obtendo o pasado ano máis de 41 puntos de vantaxe sobre o BNG. “A mellor maneira de axudar a que Ourense fose a primeira provincia de Galicia e de toda España en apoio electoral, cun 51,4 % dos votos. O rigor, a honestidade e a estabilidade sempre triunfan por riba do desgoberno e da corrupción política e moral”, remarcou.

MANUEL FERNÁNDEZ: “O COMPROMISO QUE ASUMÍN COMO ALCALDE QUERO TRASLADALO AGORA AO PARTIDO

Manuel Fernández expresou o seu agradecemento á militancia de Baños de Molgas polo apoio recibido, e aos simpatizantes do partido por compartir o inicio dunha nova etapa no PP, sinalando que “o compromiso que asumín como alcalde quero trasladalo agora ao partido, para conseguir un PP forte e unido, aberto a toda persoa que queira traballar para mellorar o noso municipio”. O presidente da agrupación local destacou tamén que desexa contar con todas as que xa formaron parte do PP local nalgún outro momento.

Trátase, dixo, de que o PP de Baños de Molgas axude a conseguir máis vitorias electorais como as municipais e as europeas”, co foco sempre posto no municipio e na veciñanza.