O PPdeG reivindica en Europa a importancia da industria conserveira como “parte esencial da prosperidade, a identidade e a cultura de Galicia”

O Partido Popular de Galicia reivindicou hoxe en Europa a importancia da industria conserveira como “parte esencial da prosperidade, a identidade e a cultura de Galicia”.

O eurodeputado do PPdeG Francisco Millán Mon organizou esta tarde un evento no Parlamento Europeo, en Bruxelas, sobre a importancia da industria conserveira europea de peixe e os seus desafíos no contexto internacional actual, que contou coa participación, entre outros, do comisario de Pesca e Océanos, Costas Kadis, a responsable do Mar no Goberno galego, Marta Villaverde, e co secretario xeral de Anfaco-Cytma, Roberto Alonso.

O evento estruturouse en dous paneis. O primeiro abordou a importancia da industria conserveira e os retos internacionais desde un punto de vista comercial. “A conserva de peixe é un sector clave, especialmente para Galicia, onde representa máis 12.000 empregos directos e é parte esencial da nosa prosperidade, identidade e cultura”, subliñou Millán Mon. Con respecto aos desafíos, o eurodeputado galego referiuse aos “acordos de libre comercio, en particular, con países do sueste asiático e as tensións comerciais desatadas por Estados Unidos, que xeran incerteza nun mercado internacional altamente competitivo”.

O segundo panel abordou os desafíos da industria conserveira desde unha perspectiva pesqueira. “Temos un marco regulatorio europeo en evolución, con iniciativas como o e-CATCH, que entrará en vigor o próximo xaneiro e que mellorará a rastrexabilidade das importacións”, mencionou Millán Mon, que tamén destacou a importancia da loita contra a pesca ilegal, que “xera un campo de xogo desigual para os pescadores e a industria europea”.

“Quixen traer este evento ao Parlamento Europeo porque as decisións importantes en materia pesqueira tómanse aquí e por iso é esencial que Europa comprenda a relevancia do sector conserveiro para moitas rexións e comunidades costeiras”, concluíu Millán Mon.

OS DESAFÍOS QUE O SECTOR TEN POR DIANTE

Pola súa banda, Marta Villaverde subliñou a pertinencia deste tipo de xornadas nas que poder resaltar a conserva de peixe e marisco de Galicia e os desafíos que esta industria ten por diante. “É un sector de gran importancia histórica e económica, coñecido pola alta calidade das materias primas das rías galegas e polas técnicas de elaboración, que combinan tradición artesanal coa innovación tecnolóxica máis avanzada”, afirmou.

O Parlamento demanda á Xunta e ao Goberno central medidas de loita contra a violencia machista e de protección das mulleres vítimas de agresións

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra do PSdeG e a abstención do BNG, a través da que se demanda tanto á Xunta como ao Goberno central a posta en marcha de medidas de loita contra a violencia machista e de protección das mulleres vítimas de violencia de xénero, tanto de impulso dos servizos que se lles prestan desde as administracións, como na mellora dos sistemas de protección ou a reprobación de calquera manifestación que vulnere o principio de Igualdade de trato entre mulleres e homes. Así mesmo, esíxese a dimisión da ministra de Igualdade polos fallos acontecidos coas pulseiras de control telemático antimaltrato empregadas para a protección das vítimas de violencia contra as mulleres.

A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, lamentou que “cada día coñecemos novos casos de agresións sexuais, violacións ou trata de mulleres, e seguimos gardando minutos de silencio e chorando polos asasinatos de mulleres a mans das súas parellas ou exparellas, mesmo daquelas que estaban baixo a protección do sistema Viogen”.

SEGURIDADE, PROTECCIÓN E DIGNIDADE

“A isto sumáronse os erros gravísimos no sistema de control das pulseiras antimaltrato, que deixaron as mulleres máis vulnerables completamente desprotexidas”, lamentou Paula Prado, quen solicitou que estes erros “non poden repetirse nunca máis e para iso só hai un camiño: a dimisión da ministra de Igualdade, como responsable deste erro continuado no tempo e que non pode seguir neste cargo nin un minuto máis desprezando ás vítimas”.

Na súa intervención, manifestou que “hoxe estamos aquí para devolverlle ás mulleres o que outros lle retiraron: seguridade, protección e dignidade”, porque “a violencia de xénero non admite erros lexislativos, non admite improvisación e non admite atallos ideolóxicos”. “Nós non xogamos cos dereitos das vítimas, non banalizamos a súa protección e non convertemos o feminismo nunha batalla cultural nin nunha trincheira partidista”, asegurou.

Respecto das medidas solicitadas a través da proposición non de lei, Paula Prado concretou que “pedimos que se reforcen en Galicia todos os recursos a dispor das vítimas, como axudas económicas, habitacionais, de inserción laboral, atención psicolóxica ou asistencia xurídica gratuíta; así como modernizar os centros de información ás mulleres, como peza fundamental na atención ás vítimas, e ampliar a rede de entidades locais e impulsar as mesas de coordinación”.

“Pero tamén demandamos ao Goberno de España que non mire cara outro lado, porque o sistema Viogen fallou, o sistema Cometa fallou e o Ministerio sabía dos erros das pulseiras e non actuou a tempo”, indicou. Deste xeito, manifestou que “hai responsabilidades do Goberno central que hoxe están sen cumprir e, por iso, instamos a que fortaleza o sistema Viogen para garantir a súa eficacia real; asuma responsabilidades políticas polo fallo gravísimo e continuado nas pulseiras antimaltrato; realice unha auditoría independente para saber que pasou e evitar que volva a pasar; garanta dispositivos telemáticos realmente seguros, especialmente nas contornas rurais; cumpra coas medidas pendentes do Pacto de Estado contra a violencia de xénero; palíe a revitimización derivada da Lei do si e si, que puxo na rúa a máis de 1.500 agresores sexuais; e dote ás comunidades autónomas dos recursos necesarios para prevención e detección”.

Para rematar, Paula Prado sinalou que “a violencia de xénero non só se expresa nas agresións físicas ou sexuais, senón tamén no insulto, no desprezo e no ataque público ás mulleres que ocupan espazos de responsabilidade”. “Por este motivo, tamén pedimos a reprobación de calquera manifestación que denigre a dignidade das mulleres e dos ataques machistas contra representantes públicas, porque quen agrede, quen insulta ou quen denigra a unha muller polo feito de selo está alimentando a mesma cultura que logo xustifica ou tolera a violencia máis extrema”, indicou.

O Parlamento de Galicia demanda ás confederacións hidrográficas do Miño-Sil e do Douro un plan de choque urxente postincendios para protexer os ríos e as traídas de auga

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra de BNG e PSdeG, a través da que se solicita ao Goberno central, a través das confederacións hidrográficas do Miño-Sil e do Douro, que adopten medidas urxentes de protección fluvial coa posta en marcha dun plan de choque postincendios que inclúa a limpeza e retirada de materiais das marxes e canles, a restauración vexetal das beiras, o control da erosión do solo, medidas preventivas ante choivas torrenciais e a supervisión directa das infraestruturas hidráulicas que poidan verse comprometidas polos arrastres. Así mesmo, pídese que reforcen os sistemas de control e vixilancia da calidade da auga, tal e como está a facer a Xunta, ampliando a rede de puntos de seguimento en ríos e regatos afectados polos lumes.

O portavoz popular de Medio Ambiente, Gonzalo Trenor, explicou que “as consecuencias dos lumes forestais non rematan coa extinción das lapas, porque o impacto máis silencioso e prolongado maniféstase coa chegada das choivas: solos desprotexidos, cheos de cinza e restos de materia queimada corren o risco de ser arrastrados polas escorrentías cara aos ríos ou regatos”.

RESPOSTA INMEDIATA, COORDINADA E AMBICIOSA

“A situación demanda unha resposta inmediata, coordinada e ambiciosa, porque o arrastre supón un grave efecto ambiental e sanitario ao deteriorar a calidade da auga, xerar mortalidade da fauna acuática, alterar os ecosistemas ribeiráns e dificultar o abastecemento humano e agrícola”, indicou o portavoz popular.

Trenor salientou que “a Xunta leva semanas despregando diferentes medidas na Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa co obxectivo de controlar as augas de consumo humano e minimizar o impacto destes arrastres nos ríos”. A través de Augas de Galicia, está a mobilizar recursos, contratos plurianuais e equipos técnicos nas zonas afectadas polos lumes dentro deste área da súa competencia. En concreto, habilitáronse cordóns de vexetación ao longo das marxes para frear a escorrentía, reter cinzas e estabilizar o solo; albarradas en canle, para reducir velocidade do fluxo e fixar sedimentos en tramos de moita pendente; reconstrucións puntuais das canles, onde as obras de defensa durante a extinción ocuparon ou deformaron o leito; e limpas selectivas de árbores caídas ou biomasa na canle dos ríos.

“Medidas semellantes deberían desenvolverse por parte das confederacións hidrográficas do Miño-Sil e do Douro, que dependen do Ministerio para a Transición Ecolóxica, pero a realidade amosa que non están a desenvolverse co mesmo ritmo nin urxencia”, indicou o portavoz popular, quen subliñou que “a protección do dominio público-hidráulico é obriga principal das confederacións hidrográficas, polo que non é admisible que se pretenda trasladar á Xunta ou aos concellos unha responsabilidade que é do Estado”.

Juan Serrano a Óscar Puente: “La autovía Lugo- Santiago no sólo no está operativa, sino que ustedes han incumplido todos los plazos que prometieron”

El senador del PP por Lugo Juan Serrano, reprochó hoy al ministro Óscar Puente que “la autovía que comunica Lugo con Santiago de Compostela no sólo no está operativa, sino que ustedes han incumplido todos los plazos que prometieron”.

Así lo afirmó tras preguntar al titular de Transportes y Movilidad Sostenible, durante la sesión de control al Gobierno en el Pleno del Senado, a qué se refería Pedro Sánchez cuando dijo recientemente que la A-54 estaba “completamente operativa”.

A su juicio, el “lapsus” de Pedro Sánchez se debe a que “miente, como siempre, y como también hizo durante su comparecencia en la Comisión del caso Koldo”; o a que fue el propio Puente “quien engañó al presidente, como ya lo hizo su antecesor en este mismo Ministerio”. Sin embargo, el resultado “es que ese lapsus, esta mentira de Sánchez, ha confundido a muchos lucenses”.

Juan Serrano lamentó que “primero nos dijeron que las obras de la A-54 se iban a iniciar antes de la celebración del Año Xacobeo 2021; después, antes de que finalizara 2024; más tarde, aseguraban que sería este verano…No dan ni una”.

CON SÁNCHEZ, LUGO ES LA PROVINCIA PEOR COMUNICADA

En este punto, el dirigente del PP explicó en primera persona cómo viajó hasta el aeropuerto de Santiago para coger un avión destino Madrid y no pudo hacerlo porque “ustedes han permitido que Ryanair cese sus operaciones allí y se han perdido todas esas conexiones con Galicia”.

Tras este intento fallido por viajar a Madrid utilizó la autovía que Sánchez define como “plenamente operativa” y el tramo sigue cerrado.

En este punto, Serrano reprochó a Puente no sólo la “obsesión especial por castigar a la provincia de Lugo”, sino que, además, “parece que disfrutan convirtiéndola en la provincia peor comunicada de España”.

En este sentido, recordó que este ministro es “el responsable de dejar a Lugo sin AVE” y de “recortar las frecuencias ferroviarias hasta el punto de retroceder décadas en este servicio”.

“¿Hasta cuándo van ustedes a reírse así de los lucenses?”, preguntó al ministro, al tiempo que le exigió que finalicen esta obra. “Si no son capaces de hacerlo, échese a un lado, que habrá otros capaces de aprobar unos Presupuestos y dotar a Lugo de las infraestructuras que merece”, concluyó.

O Grupo Popular apoia o uso do galego no Parlamento Europeo, que cualifica de aspiración lexítima pero extraordinariamente complexa

O portavoz de Lingua do Grupo Popular, José Luís Ferro, reiterou hoxe no Pleno do Parlamento galego o apoio ao uso do galego no Parlamento Europeo, instando aos órganos con capacidade de decisión na materia á toma en consideración da habilitación do uso do galego na Cámara europea. Porén, dirixiuse a BNG e PSdeG para afirmar que “de pouco vale defender o uso da nosa lingua no Parlamento europeo se despois non se reclama para o galego recursos e investimentos por parte do Goberno central, e encima se deixa que Galicia quede atrás porque outros territorios acaparan case todo o financiamento”.

José Luís Ferro asegurou que “no Grupo Popular somos coherentes e estamos a favor da presenza do galego no Parlamento Europeo, tal e como o aprobamos por unanimidade no Parlamento galego con anterioridade, e agora o traballo correspóndelle ao ministro Albares”. “Estamos diante dunha aspiración lexítima, pero tamén é unha cuestión extraordinariamente complexa, tanto desde o punto de vista xurídico como institucional, porque depende de acordos no marco da Unión Europea, que afectan a todas as linguas oficiais dos estados membros”, lembrou.

MAN TENDIDA

“Tendemos a man para seguir traballando en todas as iniciativas que reforcen o galego, que melloren a súa aprendizaxe e que impulsen a súa presenza nos medios e nas novas tecnoloxías, pero non apoiaremos propostas que non teñen a día de hoxe encaixe real nin garantía de resultados efectivos”, manifestou.

O portavoz popular considerou “difícil de explicar que BNG e PSdeG estean dispostos a investir grandes cantidades de diñeiro para levar o galego ao Parlamento europeo, pero calen ante o incumprimento do Goberno de Pedro Sánchez nos seus compromisos con Galicia”.

En concreto, referiuse ao financiamento pendente do Proxecto Nós, unha ferramenta estratéxica que situaría ao galego na vangarda tecnolóxica, na intelixencia artificial e nos novos modelos de comunicación, así como a non tradución ao galego do programa de xustiza Atenea ou o reparto proporcional de fondos audiovisuais destinados ás linguas oficiais. “Cataluña recibe arredor do 80 por cento deses recursos mentres Galicia apenas chega ao 5 por cento”, indicou.

O Grupo Popular salienta que o número de usuarios do transporte público da Xunta incrementouse un 64% nos últimos cinco anos

O portavoz de Mobilidade do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, salientou hoxe que o número de usuarios no transporte público da Xunta incrementouse un 64 por cento nos últimos cinco anos, superando na actualidade os 38 millóns de viaxeiros. “Un transporte que con moito esforzo, moitos recursos e moitas horas de traballo dos profesionais conseguimos acadar un servizo público colectivo galego de calidade, eficiente e valorado polos galegos”, indicou.

Gonzalo Trenor criticou ao BNG por “levar moitos anos facendo unha crítica despiadada contra o transporte público dos galegos, sementando dúbidas, facendo insinuacións e apuntándose a todo tipo de teorías, cada cal máis estrambótica e inverosímil”.

“E, namentras, a Xunta traballou na mellora deste servizo de transporte público, rebaixando as tarifas, mellorando a atención das zonas rurais e modernizando o sistema de pagamento e a información aos usuarios”, apuntou.

En concreto, o portavoz popular destacou “o importante investimento destinado cada ano ao transporte público de Galicia, que para o vindeiro 2026 superará os 160 millóns de euros; e a ampla oferta de servizos, que permite a completa cobertura territorial a pesar da enorme dispersión poboacional que existe en Galicia”. A día de hoxe, hai 2.700 liñas máis, 38.800 paradas máis e fanse 1,3 millóns de servizos máis que hai cinco anos.

Así mesmo, Gonzalo Trenor asegurou que “o Goberno galego actuou en todo momento con suxeición estrita á legalidade vixente, ao marco competencial que lle corresponde e aos principios de boa administración que deben rexer a acción pública”. “O proceso de contratación, implantación e seguimento do novo modelo de transporte público de Galicia responde a un exercicio de planificación rigorosa, transparente e controlada, orientada á modernización do servizo, á garantía da súa continuidade e á protección do interese xeral co fin de dar un mellor servizo á cidadanía”, concretou.

Os deputados do PPdeG reclaman a constitución “urxente” da ponencia da proposición de lei orgánica de transferencia da AP-9 a Galicia

O Partido Popular de Galicia reclamou no Congreso que se constitúa de forma “urxente” a ponencia da proposición de lei orgánica (PLO) de transferencia da titularidade e competencias da AP-9 a Galicia, onde o PPdeG está representado polos deputados Celso Delgado, Pedro Puy e Tristana Moraleja.

Os populares fixérono na xuntanza da Mesa e Portavoces da Comisión de Transportes e Mobilidade Sostible, onde lembraron que o Pleno do Congreso, na súa sesión do 11 de xuño de 2024, tomou en consideración esta proposición de lei orgánica pero, a pesar de acordarse a súa tramitación polo procedemento de urxencia, a Mesa do Congreso —dominada por PSOE e Sumar— prorrogou “por indicacións do Goberno de Sánchez e de forma arbitraria” o prazo de presentación de emendas ao articulado ata en 45 ocasións —60 en total, se se teñen en conta as da anterior lexislatura—.

Despois de “insistentes protestas” dos deputados galegos do PPdeG, pechouse finalmente  o prazo de presentación de emendas o 22 de outubro de 2025.

Cómpre lembrar que só presentaron emendas dous grupos: oito foron do PSOE, “inspiradas polo ministro Óscar Puente e expoñendo unha simple transferencia de competencias sobre administración e explotación e contemplando que a AP-9 se manteña dentro da Rede de Estradas do Estado”; e o resto foron de Sumar, cun contido “completamente alleo” ao traspaso da autoestrada.

É dicir, as emendas foron en contra da reclamación “unánime” que fixo o Parlamento de Galicia sobre a transferencia a Galicia da titularidade e das competencias sobre o réxime xurídico da concesión administrativa para a construción, conservación e explotación da AP-9, así como as funcións e os servizos ata o de agora exercidos pola Administración.

Despois da negativa do PSOE na devandita xuntanza, a Mesa e Portavoces da Comisión volverase reunir o vindeiro martes, 25 de novembro, a petición dos populares. O PPdeG esixirá de novo a sinalización dunha data para a constitución do relatorio antes de que finalice o mes de decembro.

“Tras o boicot do Goberno de Pedro Sánchez e Óscar Puente, cun total de 60 aprazamentos, non son admisibles máis dilacións na tramitación en Comisión de Transportes da proposición de lei orgánica”, sinala Celso Delgado.