Alberto Pazos demanda a transferencia da AP-9 “nos termos que demanda Galicia e nos prazos razoables que esperan os galegos”

O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, demandou hoxe no Congreso que a transferencia da AP-9 á Comunidade galega se leve a cabo “nos termos que demanda Galicia e nos prazos razoables que esperan os galegos”. Neste sentido, considerou “paragóxico que a Galicia se lle negue a posibilidade de xestionar un camiño que apenas alcanza os 200 quilómetros, pero que vertebra ao 60 por cento da súa poboación e polo que diariamente peregrinamos decenas de milleiros de galegos”.

Alberto Pazos afirmou que acudía ao Congreso ao debate de totalidade da proposición de lei de transferencia da AP-9 a Galicia “con moi poucas certezas e con abundantes dúbidas”. Así, dixo que a admisión a trámite desta iniciativa lexislativa “será unha magnífica noticia para Galicia e os galegos, que agradezo sinceramente a todos aqueles grupos parlamentarios que a van facer posible”.

DÚBIDAS E PROMESAS

“Tamén teño a certeza de que o Grupo Popular, maioritario nesta Cámara, fará canto estea na súa man para que, ademais de ser admitida a trámite, esta iniciativa resulte definitivamente aprobada nos termos que demanda Galicia e nos prazos razoables que esperan os galegos”, apuntou. Neste sentido, destacou “a firmeza e as conviccións de quen hoxe preside este grupo parlamentario e tamén a coherencia dos seus actos, polo que doulle as gracias ao Presidente Feijóo por seguir defendendo no Congreso o que tantas veces defendeu no Parlamento de Galicia”.

O portavoz popular amosou a súa preocupación “polas dúbidas sobre como e cando terá lugar a transferencia da AP-9”, porque lembrou que “hai escasos meses o Goberno de España aceptaba ceder a xestión da vía, pero non aceptaba transferir a súa titularidade, nin aceptaba transferir os recursos económicos necesarios para a súa explotación nin aceptaba transferir o financiamento necesario para executar obras xa comprometidas”.

“Dúbidas ao comprobar como na pasada lexislatura, a pesar de acordar que esta iniciativa se substanciaría polo trámite de urxencia, acumulou, unha tras outra, ata 15 prórrogas por imposición dos socios do Goberno de España, que tamén ostentan o control da Mesa da Cámara”, indicou.

Ao que engadiu “as declaracións recentes do ministro de Transportes nas que afirma que a configuración da AP-9 convértea ‘en clara candidata a ser de titularidade estatal, porque ofrece unha conexión transfronteiriza’, unha afirmación radicalmente falsa, ou estimando o seu rescate en 4.000 millóns de euros, sen máis aval que o seu florido verbo”.

Para rematar, Alberto Pazos referiuse ás promesas realizadas tanto polo delegado do Goberno en Galicia como polo candidato do PSdeG á Xunta de garantir a gratuidade da AP-9 e a AP-53, ante o que avogou por “falar e negociar para cumprir o prometido”.

DEFENSA DA IGUALDADE

No debate de toma en consideración desta proposición de lei no Congreso, tamén tomou a palabra o deputado lucense do Grupo Popular Francisco Conde, quen non só adiantou o apoio a esta iniciativa, “senón que imos traballar cada día para que o seu trámite non se estanque”. “E non o imos facer unicamente polos compromisos do Partido Popular co desenvolvemento económico e estatutario de Galicia, senón na defensa da igualdade de trato de toda a cidadanía e de todos os territorios de España”, engadiu.

“Nunha lexislatura na que as únicas leis que se aproban son traxes a medida para os socios do Goberno, que só lles afectan a eles, esta proposición de lei é un soplo de aire fresco en medio do agotamento do Goberno”, manifestou Francisco Conde, quen deu as gracias ao Parlamento de Galicia “por permitirnos debater unha lei que responde a unha demanda real, que ten beneficios directos para a cidadanía, que é xusta e que é legal”.

Alfonso Rueda celebra a abrumadora vitoria nas eleccións europeas: “Os galegos volveron responder confiando no PPdeG”

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, celebrou hoxe a “abrumadora” vitoria do seu partido nas eleccións ao Parlamento Europeo asegurando que “os galegos volveron responder” co seu voto e que os resultados obtidos son a garantía de que “a voz de Galicia será escoitada en Europa”.

Nunha comparecencia na sede autonómica do partido en Santiago de Compostela ao remate do escrutinio e acompañado polos desde este momento eurodeputados Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez, o líder dos populares galegos fixo balance duns resultados cos que Galicia se sitúa como unha das terceiras comunidades autónomas nas que o Partido Popular acadou mellor resultados.

Ademais deste dato, sinalou, Lugo e Ourense foron as provincias españolas con maior número de apoio ao partido. Un apoio que en toda Galicia ascende a case o 44% e que se materializa na vitoria en 303 concellos galegos: “Despois de gañar as eleccións municipais, as xerais e as autonómicas, volvemos gañar abrumadoramente as eleccións nas europeas co respaldo maioritario dos galegos e galegas”.

“Gañamos con case 500.000 votos, que supoñen case 200.000 máis que o PSOE e unha cifra total superior á suma dos votos obtidos por socialistas e nacionalistas”, explicou o presidente ao tempo que subliñaba que estes resultados son “os mellores” desde 2009 e que se sitúan preto de 14 puntas por riba das últimas eleccións europeas.

Aproveitou tamén a súa intervención para felicitar a Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez por facer unha campaña ao estilo do PPdeG: “Estiveron en todos os concellos onde foi posible, falaron con todos os colectivos que puideron e sempre recollendo inquedanzas e comprometéndose a levalas ao Parlamento Europeo”.

Alfonso Rueda asegura que votar ao PP o domingo paga a pena porque supón garantir que os intereses de Galicia sexan oídos en Europa

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, pechou hoxe a campaña electoral facendo un chamamento ao voto para que Galicia sexa oída en Europa e para que a nosa pesca, o noso agro e as nosas infraestruturas sexan defendidas por eurodeputados que representen o traballo, a moderación e o rigor que os galegos merecen e necesitan.

No multitudinario mitin celebrado esta tarde na cidade da Coruña, o líder dos populares galegos apelou á maioría absoluta acadada nas autonómicas asegurando que as vitorias do partido radican na súa xente, nos votantes e na militancia. Un gran equipo que nunca falla e ao que animou a ser partícipe dunha nova vitoria nas eleccións ao Parlamento Europeo deste domingo.

Consciente dos esforzos realizados nas sucesivas convocatorias electorais, Rueda pediu un novo reiterando que pagará a pena porque o Partido Popular é sempre a mellor resposta fronte aos incumprimentos, os partidismos e as desigualdades que promoven outros partidos.

Este domingo, concluíu, a resposta dos galegos é o seu voto. De aí a importancia de que todos vaian votar. Xa que, do contrario, despois haberá moitas preguntas probablemente tamén moitos arrepentimento. “Temos que responder nas urnas, con contundencia e con democracia”, remarcou o presidente.

MILLÁN MON: “A CORUÑA TEN MOITO QUE DICIR EN EUROPA”

Pola súa banda, o candidato Francisco Millán Mon quixo agradecer ao Partido Popular de Coruña o traballo realizado durante esta campaña: “Grazas, Miguel. Grazas, Diego. Sei que Coruña, tanto cidade como provincia, deron o 100% durante estes quince días de campaña”.

Reiterou que estas eleccións son moi importantes para a Unión Europea, pero tamén para Galicia e para España subliñando aspectos cruciais para o seu benestar como a pesca, a industria, os fondos europeos, as infraestruturas, a agricultura e gandería, o transporte, a enerxía ou o comercio exterior.

Sinalou que a provincia de Coruña é a quinta exportadora en España. Unha provincia que ten moito que dicir en España e en Europa: “Esta fermosa cidade, na que ninguén é forasteiro, e toda a provincia poden estar tranquilas, xa que seguirei defendendo os seus intereses en Bruxelas o próximos cinco anos, como levo facendo todos estes anos”.

Por último, Millán Mon pediu unha alta participación o próximo 9 de xuño, “que ninguén quede en casa” e sinalou que espera que o Partido Popular volva ser a opción preferida polos galegos nas urnas como nas autonómicas deste ano con Alfonso Rueda, as xerais de xullo do ano pasado con Alberto Núñez Feijóo e tamén nas municipais de maio de 2023 con Miguel Lorenzo.

“É unha oportunidade para todos os coruñeses e galegos e tamén para todos os españois de responder as políticas populistas e profundamente prexudiciais de Sánchez, así como de facer oír as súas voces en Europa”, concluíu.

ADRIÁN VÁZQUEZ: “SE QUERES QUE EUROPA AVANCE, VOTA PP”

O candidato Adrián Vázquez incidiu tamén no moito que Galicia se xoga en Europa e en España e pediu o voto dirixíndose a cada galego: “Se queres que Europa avance, vota PP. Se estás canso das mentiras, das frivolidades e da corrupción de Sánchez, vota PP. Se queres que Galicia siga rodando e exportar o noso modelo de éxito a Europa, vota PP”.

Fixo balance dunha campaña na que recorreu Galicia “de punta a punta” e “alá onde fixo falta poñer a orella e atender os problemas dos galegos que imos levar a Europa”. Un contacto directo con alcaldes, concelleiros, gandeiros, agricultores e empresarios da que se mostrou orgulloso: “A política que funciona é a de responder cando te precisan e pelexar por aportar solucións aos problemas”.

O PPdeG defende en Lalín unha política competitiva e con sentidiño para o sector primario galego en Europa

O candidato do Partido Popular ao Parlamento Europeo Adrián Vázquez realizou hoxe na súa terra, Lalín, no último día de campaña, unha visita á Gandería Xoco SC de Lalín acompañado polo coordinador de Medio Rural do PPdeG, Avelino Souto.

Unha visita na que ambos tiveron a oportunidade de coñecer de primeira man como é o dia a día desta granxa familiar de vacún de leite que comezou a súa produción na década dos 80 e que actualmente conta cun rabaño de 80 vacas frisonas e produce unha media de 81.000 litros ao mes.

Adrián Vázquez trasladou a Eva e José Manuel, os seus propietarios, a aposta do Partido Popular por unha política agrícola competitiva e con sentidiño en Europa. Unha política que fixe prazos realistas para a posta en marcha das reformas, que utilice a evidencia científica na toma de decisións e que vele porque todos dentro de Europa cumpran os mesmos requirimentos (cláusulas espello para produtos de terceiros).

Así mesmo, os populares comprométense a rebaixar a carga administrativa para agricultores e gandeiros e a flexibilizar esixencias como os barbeitos, a rotación de cultivos ou o caderno dixital. Medidas todas elas que se garantirá coa presidencia da Comisaría europea de Agricultura, que ostentará o Partido Popular.

O PPdeG fai balance da campaña destacando o fito de conseguir o compromiso dun comisario europeo específico de Pesca que será do Partido Popular

O Partido Popular de Galicia fixo hoxe un balance destes quince días de campaña e, a dous días da xornada electoral, destacou o logro de ter acadado un fito tan importante como o compromiso da presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, de crear un comisario específico de Pesca e que este sexa do Partido Popular.

Así o destacaron esta mañá a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o candidato Francisco Millán Mon nun encontro con representantes do sector pesqueiro na lonxa da Coruña. Una xuntanza como as moitas que se produciron ao longo da campaña e coas que os populares galegos quixeron expoñer as súas propostas ao sector e recoller as súas necesidades.

“O PP é o Partido da Pesca, tamén en Europa, fronte a outros que agora intentan disfrazarse de defensores da pesca cando durante toda durante toda a lexislatura estiveron aliados co Grupo dos Verdes, apoiando o veto á pesca de arrastre”, sinalou a número dous dos populares galegos ao tempo que comprometía a continuación a defensa do sector primario por parte de Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez cando a partir do luns continúen como eurodeputados.

Prado insistiu, neste último día de campaña, na importancia de acudir masivamente ás urnas explicando que quedar na casa o domingo supón “avalar a amnistía, a corrupción de Pedro Sánchez, os pactos cos independentistas, a Lei do só si é si, a discriminación a Galicia”. En definitiva, quedar na casa é “permitir que Sánchez poida dicir que todo o que está facendo está ben”.

“Fronte aos que están convertendo estas eleccións nun plebiscito sobre Sánchez, nós aspiramos a que o Partido Popular teña forza en Europa para poder defender os intereses de Galicia, da nosa pesca, do noso rural e das nosas cidades”, concluíu.

GALICIA NON SE ENTENDE SEN O MAR E A PESCA

Pola súa banda, o candidato Millán Mon quixo incidir na importancia do sector pesqueiro e da cadea mar-industria de Galicia para a nosa Comunidade na medida en que supoñen o 5% do PIB galego e que somos a primeira zona pesqueira de Europa.

“O que pase na pesca en Europa ten unha gran repercusión e un impacto directo na nosa frota”, explicou neste sentido e poñendo en valor a boa nova que supón para o sector a creación dun comisario europeo específico de Pesca que “teña en conta non só a cuestión da sustentabilidade ambiental, senón tamén a sustentabilidade económica e social”.

A IMPORTANCIA DO SECTOR PESQUEIRO NA CORUÑA

O presidente local do PP da Coruña, Miguel Lorenzo, quixo poñer o foco tamén na riqueza que crea o sector pesqueiro na cidade, do cal dependen máis de 7.000 empregos. Por iso considera fundamental que “haxa representación galega no lugar onde se toman as decisións que afectan ao noso sector”.

“Fronte á falta de compromiso coa xente do mar doutros partidos, no Partido Popular levamos no ADN a defensa do sector”, remarcou a este respecto.

Alfonso Rueda amósase convencido de que Galicia será parte da resposta ante Europa este 9 de xuño e unha peza importante da vitoria do PP

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, amosouse hoxe convencido, na recta final da campaña das europeas, de que Galicia será parte da resposta que a cidadanía dará ante Europa este domingo e ademais unha peza importante da vitoria do Partido Popular.

Nun mitin celebrado en Pontevedra, o líder dos populares galegos afirmou que o vindeiro domingo o partido volverá a examinarse e que, ou o resultado é moi contundente. De aí a importancia de que este domingo todos vaian votar e animen aos seus a facelo tamén.

Fronte aos que intentarán utilizar estas eleccións para validar todo o que levan feito este tempo, a cidadanía atopará sempre a resposta no Partido Popular: un partido que mantén vixentes os seus compromisos, que sempre dá a cara, que antepón sempre os intereses xerais e que defende a igualdade de todos os españois.

Do lado contrario, explicou, a alternativa sería unha esquerda que fai todo o contrario do que promete, usa as institucións no seu beneficio, foxe das explicacións, só pensa na súa supervivencia e beneficia a uns a conta de outros con amnistías e regalos fiscais.

Ante todo isto, continuou, Galicia é e será sempre a resposta. Porque, fronte aos que teñen o país paralizado, os galegos contan cun Goberno traballando a pleno rendemento dese o primeiro día.

Do mesmo xeito que, fronte aos que queren unha España débil, os galegos séntense orgullosos de ser ao tempo galegos e españois. Galicia é, en definitiva, a resposta do sentidiño e a concordia contra quen só pretende levantar muros.

MILLÁN MON: “É A OPORTUNIDADE DE RESPONDER”

O candidato Francisco Millán Mon quixo agradecer ao Partido Popular de Pontevedra o traballo realizado durante esta campaña. Sinalou que a provincia de Pontevedra é a terceira exportadora en España e, polo tanto, unha provincia que ten moito que dicir en España e en Europa. “A miña cidade e a miña provincia poden estar tranquilas, xa que seguirei defendendo os seus intereses en Bruxelas o próximos cinco anos, como levo facendo todos estes anos”, subliñou.

Reiterou que estas eleccións son moi importantes para a Unión Europea, pero tamén para Galicia e para España. Subliñando aspectos cruciais para o seu benestar como a pesca, a industria, a agricultura e gandería, infraestruturas, transporte, enerxía, financiamento ou comercio exterior.

Por último, Millán Mon pediu unha alta participación o próximo 9 de xuño para que o Partido Popular volva ser a opción preferida polos galegos nas urnas: “É unha oportunidade para todos os pontevedreses e galegos -e tamén para todos os españois- de responder ás políticas populistas e profundamente prexudiciais de Sánchez, así como de facer oír as súas voces en Europa”.

LUIS LÓPEZ: “SIGAMOS POLO BO CAMIÑO”

Pola súa banda, o presidente provincial de Pontevedra, Luis López, deu comezo á súa intervención agradecendo ao PPdeG a elección de Pontevedra para comezar e tamén para case rematar esta importante campaña electoral.

“Celebramos que hai un ano aquí gañamos –da man de Rafa Domínguez— con rotundidade unhas eleccións, fronte a unha alianza de partidos perdedores que racharon nada máis comezar o mandato. Celebramos que o sectarismo do PSOE e dese BNG pasoulle factura nesa mesma noite, cando recuperamos a Deputación de Pontevedra para toda a provincia, e celebramos que en febreiro Alfonso Rueda conquistou a súa primeira maioría absoluta, que consolida a Galicia como unha referencia política en España”, destacou o dirixente provincial.

Luís López indicou que despois de despois de lograr a vitoria en Pontevedra, en Galicia e tamén en España, agora dende o PP imos a polo triunfo en Europa: “O progreso da nosa provincia e de toda Galicia pasa, si ou si, polo que se decide en Europa e iso é o que está en xogo o vindeiro 9 de xuño”.

“Para axudar a seguir polo bo camiño no que vai a provincia contamos con dous grandes guías, os dous pontevedreses, que son os nosos candidatos. Contamos con Francisco Millán Mon, que ten a experiencia imprescindible para defender os nosos intereses en Bruxelas e con Adrián Vázquez, outro baluarte da política con maiúsculas que sabe ben o que precisa esta provincia”, rematou Luís López.

RAFA DOMÍNGUEZ: “VOTEMOS POR UN FUTURO DE OPORTUNIDADES”

O presidente do Partido Popular local de Pontevedra, Rafa Domínguez, fixo un chamamento aos veciños da súa cidade para que vaian votar este domingo “por un futuro de oportunidades e prosperidade”.

O ciclo electoral dos últimos meses, con vitorias contundentes na capital da provincia, pon de manifesto na súa opinión que “somos a opción favorita dos pontevedreses que queren un incremento das oportunidades laborais, unha mellora dos servizos sociais e unha Pontevedra en constante crecemento, que se aproveite dos fondos económicos que Europa pon a disposición dos diferentes países para executar proxectos de relevancia nas súas cidades”.

Domínguez puxo nunha balanza as políticas moderadas e afianzadas en Europa polo candidato á reelección Francisco Millán Mon, en materias tan importantes para Galicia como é o sector da pesca, coa “sombra de corrupción que rodea ao goberno de Pedro Sánchez, que sae na prensa internacional pola investigación xudicial de Begoña Gómez en vez de por defender os intereses de España no estranxeiro”.

O PPdeG comprométese cos viticultores galegos a trasladar as súas demandas a Bruxelas para garantir a súa competitividade no mercado global

O Partido Popular de Galicia remarca a súa aposta por afondar na internacionalización dos viños galegos coa axuda de Europa a partir do 9 de xuño na medida en que o sector viticultor e os seus produtos contribúen a crear “marca Galicia” en todo o mundo.

Así o manifestaron os populares esta mañá nunha visita á Adega Cachín na Teixeira, na que a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, o candidato Adrián Vázquez e a secretaria da xestora do PP da provincia de Ourense, Sandra Quintas, contaron co propietario das instalacións, César Enríquez Diéguez, como anfitrión e guía dunha mostra do proceso de produción.

Unha adega que exemplifica moi ben o éxito do proceso de internacionalización dos viños galegos ao longo dos últimos anos. De feito, o seu tinto Peza do Rei foi elixido polo expresidente estadounidense Barack Obama para servilo os asistentes á Gala da Hispanidade ata en tres ocasións.

Adrián Vázquez quixo resaltar a “heroicidade” do traballo dos viticultores da Ribeira Sacra e a súa contribución a facer non só que Galicia conte cos mellores viños de España, senón tamén a que a nosa terra sexa coñecida en toda Europa e no mundo pola calidade dos seus produtos.

“Cada vez é máis difícil competir nun mercado globalizado debido aos altos custos e por iso nos comprometemos cos viticultores galegos a facer nosas as súas demandas e trasladalas a Bruxelas”, explicou incidindo na importancia das axudas europeas para o sector.

En clave electoral e a dous días do 9 de xuño, Adrián Vázquez remarcou que “estas non son unhas eleccións europeas”, xa que está en xogo “poder seguir axudando ao noso sector primario”. Por iso fixo un chamamento a que os galegos expresen nas urnas unha resposta coa que “a nosa mensaxe se escoite alto e claro”.

“Non queremos máis sanchismo, non queremos máis muros entre españois e europeos. O que queremos é seguir traballando por unha Unión Europea libre e aberta onde calquera que queira, poida desenvolver o seu proxecto de vida en liberdade”, concluíu.

O Parlamento de Galicia reitera a súa máxima condena á invasión rusa de Ucraína e amosa o máis firme apoio ao seu pobo

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra do BNG, a través da que se reitera a máxima condena á invasión rusa de Ucraína e se amosa o máis firme apoio ao seu pobo, así como esixir o cesamento inmediato desta agresión bélica, a retirada de todos os medios militares rusos sobre o terreo e o restablecemento das fronteiras e da integridade territorial deste país europeo.

Mentres non se dean estas condicións, a iniciativa parlamentaria avoga por apoiar as actuacións dos aliados da Unión Europea e da OTAN, para poñer fin ao conflito e restituír a orde internacional baseada no dereito e en regras que foron vulneradas unilateralmente por Rusia, á vez que cómpre intensificar os esforzos diplomáticos encamiñados a lograr o fin da agresión rusa. Por último, ínstase á Xunta a manifestar a súa disposición de colaborar nunha resposta humanitaria coordinada co Goberno de España, a quen se lle pide que incremente os esforzos de apoio a Ucraína en todos os ámbitos no marco da Unión Europea e dos acordos establecidos polo Consello Europeo e a OTAN.

O portavoz popular, Alberto Pazos, manifestou que “a salvaxe vulneración do dereito internacional por parte de Rusia merecía unha resposta contundente por parte dos organismos internacionais, e nomeadamente por parte da Unión Europea”. “Nesta ocasión, Europa respondeu con toda claridade, posicionándose sen matices do lado do agredido e condenando coa máxima contundencia ao agresor”, indicou.

“O Partido Popular respaldou plenamente o compromiso adquirido por España no seu apoio a Ucraína, aínda que nos tivera gustado que ese acordo fose explicado, debatido e respaldado no Congreso”, sinalou Alberto Pazos, quen lamentou que o Goberno de Pedro Sánchez “parece ter renunciado a que a política internacional sexa unha materia de consenso para convertela nun instrumento de confrontación”.

O portavoz popular considerou que “os motivos para eludir ese control parlamentario resultan evidentes: a vergoñenta actitude dalgúns dos socios de goberno de Pedro Sánchez, claramente posicionados do lado de Putin, ben sexa por coincidencias ideolóxicas ou ben por intereses espurios que os levan a evitar calquera crítica ao oligarca ruso”.

Así, criticou “a negativa do nacionalismo radical, neste caso representado no BNG, a respaldar calquera condena á invasión e empeñado en respaldar ao máis granado dos sátrapas internacionais”.

O PPdeG reivindícase en Carballo como o partido da mocidade e das mulleres

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, participou hoxe nun mitin en Carballo xunto ao candidato Francisco Millán Mon, a responsable de Medio Ambiente e Cambio Climático do Goberno galego, Ángeles Vázquez, o deputado autonómico e portavoz do PP local, Rubén Lorenzo, e outros representantes do partido na comarca de Bergantiños.

Na súa intervención, a número dous do PPdeG pediu o voto especialmente pola mocidade e polas mulleres, para seguir sentindo o mesmo apoio maioritario que deron nas eleccións autonómicas e demostrar nas urnas o próximo 9 de xuño que o Partido Popular é a mellor resposta para que haxa máis Galicia en Europa.

Así mesmo, pediu “responder” nas urnas para que as axudas europeas cheguen a concellos como Carballo, para que se atenda á nosa pesca e ao noso rural, e para que as familias poidan chegar a fin de mes. “Votemos por unha Galicia que se reafirma con forza no seu estilo, por unha España que se pareza máis a Galicia e por unha Europa na que os galegos e galegas teñamos os protagonismo que nos corresponde”, subliñou.

O PPdeG aspira a estender a Europa un modelo de coidado do medio ambiente afastado do sectarismo ideolóxico e que compatibilice a conservación natural co desenvolvemento socioeconómico

O Partido Popular de Galicia incide na súa aposta por coidar do medio ambiente sen sectarismo ideolóxico e avoga por estender a Europa o modelo da nosa Comunidade, compatibilizando a conservación natural co desenvolvemento socioeconómico dos habitantes dos espazos naturais protexidos.

Coincidindo coa celebración do Día Mundial do Medio Ambiente, os populares galegos quixeron salientar e poñer e valor a riqueza paisaxística e natural de Galicia realizando unha visita aos Penedos de Pasarela e Traba, entre os concellos coruñeses de Laxe e Vimianzo.

O acto estivo encabezado pola secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, e o candidato Francisco Millán Mon e nel participaron tamén a responsable de Medio Ambiente e Cambio Climático do Goberno galego, Ángeles Vázquez, a coordinadora de Medio Ambiente do PPdeG, Marisol Díaz Mouteira, e alcaldes e voceiros da comarca.

A elección do escenario non foi casual xa que, aparte de ser un lugar que destaca polo seu grande interese xeolóxico e por albergar miradoiros naturais únicos, trátase da primeira paisaxe protexida galega que contará cun plan de xestión co que se busca precisamente garantir o desenvolvemento de actividades humanas compatibles coa conservación deste espazo natural.

Este plan permitirá facer unha diagnose precisa do seu estado e dos valores paisaxísticos que é preciso protexer e, en base a isto, establecer as medidas de planificación e xestión que permitan o seu mantemento nun estado de conservación favorable e ao mesmo tempo o uso público do espazo.

Para os populares galegos esta é dunha gran oportunidade para o desenvolvemento das actividades económicas vinculadas ao sector turístico, a hostalaría e o ocio compatibles coa conservación dos seus valores ambientais e paisaxísticos

A RESPOSTA INMEDIATA

Tomando como referencia as actuacións que se levan feito en Galicia nesta materia ao longo destes anos, desde o PPdeG tamén salientan algunhas das medidas incluídas entre as propostas que o Partido Popular impulsará en Europa nos primeiros seis meses de lexislatura.

O compromiso co que os populares se presentan a estas eleccións ao Parlamento Europeo pasa así polo fomento de incentivos económicos e sociais para que tanto empresas como particulares contribúan cos seus hábitos diarios á loita contra o cambio climático.

Propoñen ademais a creación dun distintivo, como xa existe en Galicia, para indicar a calidade no medio rural e premiar contornas estacadas para o turismo e a natureza: as ‘bandeiras verdes’. Un sistema similar ás ‘bandeiras azuis’, que recoñecen as praias de gran calidade turística e que neste tempo amosaron ter un gran impacto na mellora das instalacións turísticas.