Santiago, 2 de febreiro de 2021.- O Grupo Popular defenderá no Pleno da vindeira semana dúas proposicións non de lei a través das que se demanda a supresión do artigo do proxecto de Lei de cambio climático e transición enerxética que afecta ao prazo de duración das concesións de dominio público marítimo-terrestre recollido na Lei de costas; e se solicita á empresa Siemens-Gamesa que suspenda o ERE da planta de As Somozas e acepte a formación dunha mesa de traballo co obxectivo de atopar solucións que garantan a viabilidade e o futuro desta planta.
Iniciativa sobre estudo e a habilitación dunha fórmula para compatibilizar a autorización da práctica da pesca deportiva desde as dársenas portuarias
Iniciativa sobre o estudo e a habilitación polo Goberno galego dunha fórmula para compatibilizar a autorización da práctica da pesca deportiva desde as dársenas portuarias coas condicións propias da actividade dos portos
Iniciativa de impulso de novas iniciativas e instrumentos de valorización dos resultados científico-tecnolóxicos e de transferencia dos resultados da I+D+i ao mercado
Iniciativa sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co impulso de novas iniciativas e instrumentos de valorización dos resultados científico-tecnolóxicos e de transferencia dos resultados da I+D+i ao mercado
Iniciativa sobre actuacións para lograr que a empresa Gamesa-Siemens manteña a actividade da planta das Somozas
Iniciativa sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en colaboración co Goberno do Estado tendentes a lograr que a empresa Gamesa-Siemens manteña a actividade da planta das Somozas
Iniciativa sobre actuacións para lograr que a empresa Gamesa-Siemens manteña a actividade da planta das Somozas
Iniciativa sobre as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia en colaboración co Goberno do Estado tendentes a lograr que a empresa Gamesa-Siemens manteña a actividade da planta das Somozas
Pedro Puy asegura que en Galicia non se vacina máis rápido porque non dispón das doses necesarias
Santiago, 1 de febreiro de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, criticou hoxe que “calquera insinuación que diga que Galicia non vacina máis rápido por outro motivo que non sexa que non dispón das vacinas é completamente irreal e falsa”. “Se non chegan as vacinas, porque hai problemas no subministro ou cos contratos da Unión Europea, non é culpa de Galicia”, asegurou.
O Pleno debaterá a vindeira semana a aprobación definitiva dos proxectos de lei de residuos e solos contaminados, e de museos
Santiago, 1 de febreiro de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou hoxe que o Pleno da vindeira semana debaterá a aprobación definitiva dos proxectos de Lei de residuos e solos contaminados, e de museos e outros centros museísticos de Galicia.
Os orzamentos da Xunta para 2021 rematan a súa tramitación en Comisión e quedan pendentes da súa aprobación definitiva en Pleno
Santiago, 15 de xaneiro de 2021.- Os orzamentos da Xunta para 2021 remataron esta mañá a súa tramitación na Comisión 3ª, co que están en disposición do seu debate en Pleno para a súa aprobación definitiva. “Son unhas contas ambiciosas, porque apuran as marxes de endebedamento permitidas, e faise o máximo esforzo para combater os efectos da pandemia sanitaria e conseguir unha Galicia máis próspera no futuro”, manifestou o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy.
Pedro Puy asegura que en Galicia “se están a poñer todas as vacinas contra a Covid-19 que chegan e se non se poñen máis é porque non as mandan”
Santiago, 14 de xaneiro de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe na Deputación Permanente que en Galicia “se están a poñer todas as vacinas contra a Covid-19 que chegan e se non se poñen máis é porque non as mandan”. Así mesmo, explicou que “é material e regulamentariamente imposible a celebración dun Pleno extraordinario neste período non ordinario” e lembrou que “mañá mesmo, no primeiro día hábil do novo período de sesións, comparecerá a directora xeral de Saúde Pública na Comisión 5ª para dar conta da campaña de vacinación en Galicia”.
O Grupo Popular rexistra a proposición de lei de recuperación da terra agraria de Galicia para a súa tramitación no Parlamento galego
Santiago, 11 de xaneiro de 2021.- O Grupo Popular rexistrou esta mañá no Parlamento de Galicia a proposición de lei de recuperación da terra agraria, un texto que recolle o marco xeral para a xestión da terra agroforestal, a súa ordenación de usos e o fomento da súa recuperación, co fin de poñer a producir as terras arestora abandonadas e infrautilizadas e de aportarlle base territorial suficiente a aquelas explotacións existentes que a precisan.