Santiago, 4 de decembro de 2020.- O Parlamento galego aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei, transacionada entre o Grupo Popular e o BNG, a través da que se insta á Xunta a emprender de xeito inmediato a comunicación e as xestións precisas co Goberno de España para o traspaso de competencias da xestión económica-administrativa dos centros do Instituto Español de Oceanografía (IEO), previo saneamento e reartellamento da entidade, para que pasen a formar parte da estrutura da Administración galega.
O PPdeG lembra que corresponde ao Goberno central abonar as compensacións económicas aos afectados pola dragaxe da ría do Burgo
Santiago, 4 de decembro de 2020.- A deputada do Grupo Popular Elena Suárez Sarmiento incidiu hoxe que a Xunta “non é titular nin o executor do proxecto de dragaxe da ría do Burgo, polo que corresponde ao Goberno central abonar as posibles compensacións económicas aos afectados”.
Iniciativa sobre a transferencia á Comunidade Autónoma de Galicia da xestión do ingreso mínimo vital
Iniciativa sobre a demanda por parte do goberno galego ao Goberno central da transferencia á Comunidade Autónoma de Galicia da xestión do ingreso mínimo vital creado a través do Real decreto-lei 20/2020
Iniciativa en relación co sector naval de Ferrol
Iniciativa sobre as demandas que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co sector naval de Ferrol
O PPdeG cualifica de anormalidade democrática e falta ao respecto institucional que a Presidenta da Deputación de Pontevedra non compareza no Parlamento
Santiago, 3 de decembro de 2020.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos cualificou hoxe de “anormalidade democrática, falta ao respecto institucional e negar información aos galegos” o incumprimento esta tarde da obriga legal da presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra de comparecer no Parlamento galego para explicar o orzamento desta institución.
O Grupo Popular salienta que a Deputación de Ourense priorice nos seus orzamentos a área social, o emprego, a formación e o investimento
Santiago, 3 de decembro de 2020.- O deputado do Grupo Popular José Luis Ferro salientou hoxe que a Deputación de Ourense prioriza nos seus orzamentos “a área social, o emprego, a formación, a cooperación e o investimento”.
O Grupo Popular cualifica os orzamentos da Deputación de Lugo como “decepcionantes”, ao reducir os investimentos 3 millóns de euros
Santiago, 3 de decembro de 2020.- O deputado do Grupo Popular Daniel Vega cualificou hoxe no Parlamento galego os orzamentos da Deputación Provincial de Lugo como “decepcionantes, porque, a pesar de que crecen máis de 700.000 euros, se reducen as partidas de investimento en tres millóns de euros”.
O Grupo Popular amosa dúbidas respecto da xestión da Deputación de A Coruña por falta de previsión e nula eficiencia e eficacia nos gastos
Santiago, 3 de decembro de 2020.- O deputado do Grupo Popular Rubén Lorenzo amosou hoxe as súas dúbidas “en canto á forma de xestión da Deputación Provincial de A Coruña, ao existir unha falta de previsión e unha nula ou dubidosa eficiencia e eficacia que debe presidir á hora de levar a cabo o gasto público”.
O Parlamento galego insiste en demandar ao Goberno central a aprobación dun permiso retribuído para os pais con fillos en corentena
Santiago, 3 de decembro de 2020.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España a aprobación urxente dun permiso retribuído a nivel estatal para as nais e pais cuxas nenas e nenos estean en corentena. Así mesmo, o Grupo Popular incorporou a emenda do BNG que demanda, entretanto o Goberno español non cumpre con esta solicitude, que a Xunta cree unha liña de axudas directas extraordinarias para garantir o dereito de conciliación perante novos gromos e repuntas da COVID-19.
O PPdeG afirma que a Xunta disporá de fondos en 2021 para iniciar a construción do novo centro de saúde de O Grove cando o concello ceda os terreos necesarios
Santiago, 3 de decembro de 2020.- A portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Encarna Amigo, afirmou hoxe no Parlamento galego que o Goberno galego “disporá para 2021 dunha partida de 1,1 millóns de euros para iniciar a construción de novos proxectos de centros de saúde en Galicia, sempre que exista un acordo firme con calquera concello que cumpra cos trámites de ceder os terreos necesarios e viables para proceder a esta obra, como pode ser o caso do novo centro de saúde de O Grove”.