O PPdeG salienta a anticipación da Xunta e a Deputación de Ourense na activación de axudas para os sectores máis afectados pola Covid-19

Santiago, 28 de outubro de 2020.- A deputada do Grupo Popular Marta Nóvoa incidiu hoxe no Parlamento na “necesidade de apoiar a todos os sectores que peor o están pasando por mor da pandemia” e, neste sentido, salientou tanto a anticipación da Xunta na toma de decisións, a través do Plan de Reactivación Económica ou o recentemente aprobado Plan de rescate para axudar a manter o emprego de autónomos e micropemes; como da Deputación de Ourense, coas axudas directas a autónomos e pemes que “só por sectarismo político foron denunciadas polos socialistas ourensáns”.

Seguir leyendo

O Parlamento recomenda ao Consello de Contas elaborar un informe sobre o impacto da Covid-19 na contratación pública de servizos

Santiago, 27 de outubro de 2020.- O Parlamento de Galicia acordou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, recomendar ao Consello de Contas a elaboración dun informe específico que avalíe o impacto da pandemia da Covid-19 na contratación pública de servizos, particularmente no ámbito sanitario, asistencial e de emerxencias. Así mesmo, encárgase outros informes sobre o emprego de recursos privados ao servizo do sistema público de saúde durante a declaración do estado de alarma por mor da Covid-19 e sobre o control dos concertos sanitarios.

Seguir leyendo

47 comparecentes e máis de 90 informes integran o plan de traballo para a Comisión de Reactivación rexistrado polo Grupo Popular

Santiago, 26 de outubro de 2020.- O Grupo Popular vén de rexistrar a súa proposta de plan de traballo para a Comisión non permanente especial de estudo sobre a reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da Covid-19, que inclúe a solicitude de 47 comparecentes e máis de 90 informes ou documentos de distintas entidades públicas e privadas.

Seguir leyendo

O Grupo Popular cuestiona se o Goberno central non pensa cumprir o mandato parlamentario respecto á intervención temporal de Alcoa

Santiago, 23 de outubro de 2020.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, acusou hoxe no Parlamento aos socialistas galegos de “pretender lavarse a cara con manobras de distracción e botar balóns fóra” pedindo agora un plan de reconstrución para A Mariña lucense. Neste sentido, cuestionou se “o Goberno de Pedro Sánchez non pensa cumprir o mandato tanto do Congreso como do Parlamento galego para intervir temporalmente a factoría de Alcoa en San Cibrao”, porque afirmou que “os nosos esforzos neste momento deben centrarse no mantemento da empresa e os postos de traballo”.

Seguir leyendo

Tellado insiste na necesidade dun buque-ponte para os estaleiros de Ferrol ata que non comece a construción das fragatas F-110

Santiago, 23 de outubro de 2020.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, insistiu esta mañá no Parlamento galego na demanda ao Goberno central da construción dun buque-ponte para os estaleiros da ría de Ferrol para dar carga de traballo mentres non se comece a construción das fragatas F-110. Neste sentido, criticou que “o Goberno de Pedro Sánchez aproveitara o verán para anunciar a construción nos estaleiros de Navantia en Puerto Real dun BAM para a Armada Española, algo que viñamos reclamando desde Galicia hai moitos meses”.

Seguir leyendo