Santiago, 3 de setembro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, incidiu hoxe no Debate de Investidura que se celebra no Parlamento galego que “estamos dispostos, pese a que temos unha ampla maioría, a procurar acordos para sacar ao país da peor crise da nosa historia contemporánea”, aínda que puntualizou que estes pactos “non son de adhesión aos proxectos da minoría, senón que terán que xirar en torno ao programa que apoiou a gran maioría do pobo galego”.
Puy cualifica de “moi acaído” o discurso de investidura de Feijóo, que recolle o programa electoral do PPdeG e amosa a súa confianza en Galicia
Santiago, 1 de setembro de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou esta mañá o discurso de investidura de Alberto Núñez Feijóo como “moi acaído para o momento presente, que recolle todo o que levábamos no programa electoral convalidado por esa gran maioría dos galegos que confiaron no PPdeG nas ultimas eleccións, e que amosa a gran confianza que ten en Galicia”. En concreto, Puy salientou a oferta de acordos do candidato á Presidencia da Xunta, a través da creación dunha comisión no Parlamento para solventar a crise sanitaria e socioeconómica, e do diálogo social con forzas sindicais e empresariais; ao tempo que propuxo actuacións no ámbito sanitario e social para evitar que a pandemia siga crecendo.
Pedro Puy amosa “a mellor predisposición” para chegar a acordos cos grupos da oposición
Santiago, 31 de agosto de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, amosou hoxe “a mellor predisposición” para chegar a acordos cos grupos da oposición “para superar a crise excepcional que estamos a vivir”. Neste sentido, considerou “positivo” a disposición amosada por BNG e PSdeG e apuntou que “veremos a partir de mañá e do debate do xoves como se pode avanzar conxuntamente na loita contra a actual situación sanitaria, económica e social extraordinaria”
Pedro Puy avanza que “afrontamos o debate de investidura con espírito construtivo” e con ánimo de “traballar arreo con responsabilidade”
Santiago, 27 de agosto de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou hoxe que “afrontamos o debate de investidura da vindeira semana con espírito construtivo” e con ánimo de “traballar arreo con responsabilidade tendo en conta que estamos a padecer unha situación moi complexa como consecuencia do coronavirus”.
Feijóo acepta afrontar a sesión de investidura como Presidente da Xunta os días 1 e 3 de setembro
Santiago, 24 de agosto de 2020.- Alberto Núñez Feijóo aceptou esta mañá a encomenda do Presidente do Parlamento, Miguel Santalices, para ser o candidato á Presidencia da Xunta de Galicia e afrontar a sesión de investidura os días 1 e 3 de setembro. “Intentarei responder á confianza que me depositaron os cidadáns, porque nesta lexislatura ímonos centrar máis que nunca na saúde, para que esta pandemia sanitaria non se converta nunha pandemia económica e social”, sinalou.
O Parlamento galego acollerá a sesión de investidura do Presidente da Xunta os días 1 e 3 de setembro
Santiago, 17 de agosto de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou hoxe, logo da primeira reunión da Xunta de Portavoces da XI lexislatura, que a sesión de investidura do Presidente da Xunta no Parlamento galego celebrarase os días 1 e 3 de setembro. Así mesmo, informouse que a sesión plenaria de apertura da XI lexislatura teña lugar o 8 de setembro.
Pedro Puy afirma que “iniciamos unha lexislatura complexa, co reto de xestionar a pandemia sanitaria e afrontar a caída da economía”
Santiago, 10 de agosto de 2020.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, presentou hoxe a nova dirección deste grupo parlamentario, na que estará acompañado polos viceportavoces Miguel Tellado, Elena Candia e Paula Prado. “Iniciamos unha lexislatura particularmente complexa, co reto inicial directo de xestionar a pandemia da Covid-19 pero tamén afrontar a fonda e inaudita caída da produción económica que se está a producir”, manifestou.
O Grupo Popular acorda que Miguel Santalices sexa o Presidente do Parlamento e designa a Pedro Puy como portavoz
Santiago, 7 de agosto de 2020.- O Grupo Popular vén de acordar que Miguel Santalices Vieira será o Presidente do Parlamento de Galicia e designou a Pedro Puy Fraga como portavoz do Grupo Parlamentario.
Ademais, o Grupo Popular acordou designar a Diego Calvo Pouso como vicepresidente do Parlamento de Galicia e Corina Porro Martínez como secretaria primeira da Mesa do Parlamento.
Ademais de Alberto Núñez Feijóo, como Presidente; e de Pedro Puy, como portavoz; o organigrama directivo do Grupo Parlamentario Popular completarase con tres viceportavocías: o actual secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado; e as deputadas Elena Candia e Paula Prado.
O PPdeG cre que o apoio recibido «cárganos de responsabilidade para seguir devolvéndolle aos galegos a confianza que nos dan»
15, xullo, 2020. O número dous do PPdeG, Miguel Tellado, afirmou que a confianza que recibiu a súa formación nas Eleccións Autonómicas non é motivo de relaxación: “Este apoio cárganos de máis responsabilidade para seguir devolvéndolle aos galegos todo o que nos dan, convídanos a seguir acertando e defendendo con máis forza os intereses de Galicia e convócanos a traballar por seguir construíndo un partido amplo, integrador e capaz de representar a máis galegos”.
Feijóo anima a mercar nos comercios de proximidade para contribuír ao crecemento e “investir no noso”
O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, animou aos galegos e galegas a mercar nos comercios das súas cidades ou vilas, porque se contribúe ao crecemento da contorna máis próxima e porque venden produtos de proximidade: “Non hai cidade sen comercio de proximidade”, dixo Feijóo, quen engadiu que “comercio de proximidade é investir no noso: nos nosos produtos, na nosa xente, nos nosos veciños e nos nosos barrios”.