O Grupo Popular solicita que o Goberno central transfira a Galicia todos os fondos que lle corresponden en materia de vivenda

21 de febreiro de 2023. A deputada do Grupo Popular Begoña Freire demandou hoxe no Pleno do Parlamento galego que o Goberno de España transfira todos os fondos que, en materia de vivenda, pertencen lexitimamente á Comunidade galega, “porque son dos galegos e das galegas; porque o Goberno de Pedro Sánchez non os sabe xestionar e non podemos perder esa oportunidade de dispoñer de todos os recursos de Europa; e porque queremos asegurarnos de que non se fan adxudicacións directas a outras comunidades autónomas ou cidades por parte do Ministerio, retraendo fondos que corresponderían a Galicia”.

Seguir leyendo

O Grupo Popular asegura que a sanidade galega garante a práctica da interrupción voluntaria do embarazo ata as 22 semanas nun centro público

21 de febreiro de 2023. A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo asegurou hoxe no Pleno do Parlamento que a sanidade galega “garante a práctica de interrupción voluntaria do embarazo ata as 22 semanas de xestación nun centro público dentro da área sanitaria da muller” e criticou que os socialistas galegos “pretendan que esta actuación se poida levar a cabo en espazos como residencias da terceira idade ou que se neguen subvencións públicas ás asociacións que axudan ás mulleres embarazadas sen recursos”.

Seguir leyendo

O Grupo Popular salienta que a Xunta incrementará desde este ano as axudas á agricultura ecolóxica un 187 por cento

21 de febreiro de 2023. O deputado do Grupo Popular José Antonio Armada salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego que as axudas da Xunta para agricultura ecolóxica ascenderán a 9 millóns de euros anuais a partir deste ano e ata 2027, o que supón un incremento do 183 por cento respecto a 2022. “Tomamos esta iniciativa de xeito consensuado coas organizacións profesionais agrarias, dando prioridade ás pequenas e medianas explotacións”, apuntou.

Seguir leyendo

O Grupo Popular lamenta que “asistimos a unha reedición da triloxía sanitaria favorita da esquerda galega: confusión, bulo e insulto”

21 de febreiro de 2023. O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, criticou hoxe no Pleno do Parlamento galego que “asistimos a unha reedición da triloxía sanitaria favorita da esquerda galega: confusión, bulo e insulto”. “Fronte a este mátrix apocalíptico da oposición, hai un partido que acadou que Galicia xestionase a sanidade, un partido que puxo o sistema sanitario galego no primeiro nivel e un partido que mellor garante o futuro da sanidade pública galega: ese partido foi, é e será o Partido Popular de Galicia”, salientou.

Seguir leyendo

Alfonso Rueda: «Fomos o primeiro partido en dar a coñecer aos candidatos das sete cidades e este sábado seremos os primeiros en presentar aos candidatos dos 313 concellos»

20 de febreiro de 2023. Alfonso Rueda mostrouse convencido de que o 28 de maio se verán os resultados dunha boa estratexia de planificación: “O PPdeG foi o primeiro partido en presentar aos seus candidatos para as sete cidades e este sábado será o primeiro en presentar aos candidatos dos 313 concellos galegos”.

Seguir leyendo

Pedro Puy critica a “vaguidade” da oposición co sector eólico, que se converte nun “non porque nunca se sabe onde se pode implantar un parque para que non proteste”

20 de febreiro de 2023. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, criticou hoxe a “vaguidade” de BNG e PSdeG respecto da súa posición sobre o desenvolvemento do sector eólico, “unha vaguidade ‘o si pero non así’ que se converte nun non na medida en que nunca se sabe onde se pode implantar un parque eólico para que a oposición non proteste”. Así mesmo, volveu insistir na mellora da distribución dos fondos europeos a través da cogobernanza e a colaboración do Goberno central coas comunidades autónomas.

Seguir leyendo

O Grupo Popular reclama responsabilidades políticas pola “chapuza” que impide renovar os trens da rede estatal de vía estreita tamén en Galicia

18 de febreiro de 2023. O Grupo Popular de Galicia vén de rexistrar unha proposición non de lei no Parlamento de Galicia a través da que se demanda ao Goberno de España que asuma as responsabilidades políticas oportunas ante a “chapuza” que impide renovar a frota de trens da rede estatal de vía estreita (a antiga FEVE) nos prazos inicialmente comprometidos.

Seguir leyendo

O Grupo Popular traslada o seu apoio aos letrados da Administración de Xustiza e pide ao Ministerio que cumpra o acordo asinado en 2022

17 de febreiro de 2023. Os viceportavoces do Grupo Popular Paula Prado e Alberto Pazos reuníronse onte cos representantes do Colexio de Letrados da Administración de Xustiza e da Unión Progresista de Letrados da Administración de Xustiza para trasladarlles o apoio ás súas reivindicacións e demandar ao Ministerio que cumpra o acordo asinado en abril de 2022 coas asociacións profesionais para adecuar os salarios ás funcións encomendadas, a convocatoria de oposicións a letrados da Administración de Xustiza e a elaboración dun novo estatuto profesional.

Seguir leyendo