O PPdeG resume a política industrial do BNG en manifestarse pedindo o peche dunha empresa e volver manifestarse esixindo solucións para os traballadores desa empresa que queren pechar

7 de febreiro de 2023. O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, explicou hoxe no Pleno do Parlamento galego que a política industrial do BNG “consiste en encabezar calquera manifestación que pida o peche dunha empresa, para despois encabezar a manifestación esixindo solucións para os traballadores da empresa que queren pechar”.

Seguir leyendo

Rafa Domínguez avanza ao empresariado pontevedrés as ferramentas que porá en marcha nos seus primeiros 100 días como alcalde “para reverter a perda de importancia e influencia de Pontevedra”

6 de febreiro de 2023. O candidato do PP á alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez, presentou hoxe ante o empresariado pontevedrés e acompañado polo presidente do Partido Popular de Galicia, Alfonso Rueda, as propostas e ferramentas que porá en marcha nos seus primeiros 100 días como alcalde “para reverter a perda de importancia e influencia de Pontevedra”.

Seguir leyendo

O PPdeG lamenta o uso partidista que fan PSOE e BNG da sanidade: “Prefiren que non se solucionen os problemas para que non se lle caia o seu discurso electoral”

4 de febreiro de 2023. O Partido Popular de Galicia lamenta o uso partidista que fan o PSOE e o BNG do problema de falta de médicos que afecta a toda España e recrimínalles a súa constante oposición ás medidas adoptadas polo Goberno galego para ofrecer solucións dentro das súas competencias: “Prefiren votar en contra de calquera solución e non reclamar ao Goberno central que nos permita formar máis médicos para que non se lle caia o seu discurso electoral na campaña”.

Seguir leyendo