O Grupo Popular salienta que Galicia é pioneira no impulso dun modelo de coidado aos maiores: máis eficiente, máis próximo e máis humano

24 de xaneiro de 2023. O viceportavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, salientou hoxe no Pleno do Parlamento galego que “Galicia está a ser pioneira no impulso dun modelo de coidado aos nosos maiores: máis eficiente, máis próximo e máis humano”. “A todos nos gustaría que os avances foran máis rápidos, pero non basta con desexalo senón que precisamos do esforzo e colaboración de todos para conseguilo”, apuntou.

Seguir leyendo

Pedro Puy lamenta que o Goberno de España busque a confrontación con Galicia cuestionando as competencias recollidas no Estatuto

23 de xaneiro de 2023. O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, lamentou hoxe que sexa o Goberno de España o que busca a confrontación coa Xunta, a raíz de que o Tribunal Supremo non admitira a trámite a intención do Goberno central de atacar as competencias da Comunidade galega en materia de marisqueo. “Se algo caracteriza a actuación da Xunta é o interese máximo por defender as competencias de Galicia dentro do marco da Constitución e do Estatuto de Autonomía”, sinalou.

Seguir leyendo

Os deputados galegos do PP reclaman no Congreso medidas ante os atrasos dos trens no Eixo Atlántico e aumento das frecuencias

19 de xaneiro de 2023. Os deputados galegos do Partido Popular no Congreso reclaman ao Goberno central medidas para solucionar as molestias e os prexuízos que xeran aos usuarios os atrasos dos trens que operan no Eixo Atlántico, así como a posta en marcha de servizos lanzadeira nas liñas A Coruña-Santiago e Vigo-Santiago para ofrecer máis frecuencias en días e horas puntas.

Seguir leyendo

Juan Bravo considera que Galicia é un “referente” para o proxecto económico e industrial do Partido Popular

18 de xaneiro de 2023. O vicesecretario nacional de Economía do Partido Popular, Juan Bravo, realizou hoxe unha visita a Galicia para recoller ideas coas que seguir reforzando o proxecto económico-industrial da formación, atendendo ás necesidades do tecido empresarial e reivindicando un modelo económico que garanta e consolide a recuperación económica de España.

Seguir leyendo

O Grupo Popular reitera a solicitude ao Goberno central para que transfira ás comunidades autónomas os fondos europeos destinados á transformación dixital

17 de xaneiro de 2023. A deputada do Grupo Popular Noelia Pérez reiterou hoxe no Parlamento galego ao Goberno central que “transfira ás comunidades autónomas os fondos europeos para a transformación dixital porque son as que mellor coñecen as necesidades e as particularidades do seu territorio para o despregamento das redes”.

Seguir leyendo

O Parlamento galego demanda ao Goberno central unha axuda directa de máis de 700 millóns de euros para a industria da automoción galega

17 de xaneiro de 2023. O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición no de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio de BNG nin do PSdeG, a través da que se demanda ao Goberno central unha axuda directa de máis de 700 millóns de euros para a industria da automoción galega, o que equivale ao peso deste sector galego no conxunto de España.

Seguir leyendo