Santiago, 16 de xuño de 2021.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, salientou hoxe que o Goberno galego está a acometer de xeito paulatino ao longo do presente ano a instalación de salas Gesell nas sete sedes xudiciais das cidades galegas, onde se atopan as subdireccións do Imelga, para cuxa dotación existe un orzamento específico de 150.000 euros.
Feijóo entrega 6.119 firmas para presidir o PPdeG: “Non me presento polo que fixen, senón polo que queda por conseguir”
Reivindica un modelo de “política á galega”, que defende o país e que busca resolver os problemas dos cidadáns e mellorar Galicia
O Grupo Popular leva ao vindeiro Pleno o debate de totalidade da proposición de lei de violencia de xénero dixital
Santiago, 15 de xuño de 2021.- O Grupo Popular introduciu na orde do día do Pleno do Parlamento galego da vindeira semana a toma en consideración da proposición de lei para o recoñecemento da violencia de xénero dixital. Así mesmo, demandará ao Goberno central, a través de sendas proposicións non de lei, que respecte os pactos sucesorios en vida recoñecidos no Dereito Civil galego e que abandone a súa intención de instalar proxectos eólicos fóra das áreas definidas no Plan Sectorial Eólico vixente en Galicia.
O PPdeG esixe a dimisión do alcalde de Verín e denuncia o silencio de Caballero e Villarino ante unha nova corruptela do PSOE galego
Tellado considera intolerable que Gerardo Seoane siga á fronte do Concello tras tratar de colocar á súa filla cun proceso amañado e critica que o BNG tape o escándalo para non perder a Tenencia de Alcaldía, capaz de “tragar o que faga falta mentres manteña os seus carguiños e soldos públicos”
Defensa da autonomía financeira e capacidade normativa en materia tributaria de Galicia
Defensa por parte da Xunta de Galicia da autonomía financeira e capacidade normativa en materia tributaria e a demanda ao Goberno de España da reversión da modificación do artigo 36 da Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas que prevé o Proxecto de lei de medidas de prevención e loita contra a fraude fiscal
Demanda da Xunta ao Goberno de España de modificación da tramitación e autorización de proxectos eólicos en Galicia
Demanda da Xunta de Galicia ao Goberno de España de modificar a tramitación e autorización de proxectos eólicos en Galicia
Pedro Puy lamenta que o BNG queira traer a Galicia a política de división e de enfrontamento de Cataluña
Santiago, 14 de xuño de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou hoxe “por unha recuperación dos consensos e de superación da división que hai en Cataluña”, porque “cremos que a propia historia da democracia española marca unha ruta da pacificación social correcta, que é a aplicación do Estado de Dereito, da Constitución e do ordenamento xurídico vixente”.
Pedro Puy sitúa o ditame da Comisión de Reactivación como “acelerador dos cambios en Galicia”
Santiago, 12 de xuño de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, presentou esta mañá no Parlamento galego a proposta de ditame elaborada para a Comisión de reactivación económica, social e cultural de Galicia pola crise da Covid-19. “Estamos a falar dun documento con máis de 400 epígrafes a longo dos que propoñemos medidas para que a crise da Covid-19 sirva como acelerador de cambios en Galicia a través da dixitalización, a innovación, a sostenibilidade e a inclusión”, concretou.
O Parlamento demanda a mellora das instalacións dos mercados de gando de Galicia autorizados para intercambios intracomunitarios
Santiago, 11 de xuño de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se insta á Xunta a implantar un programa de actuacións para mellorar, modernizar e adaptar as instalacións dos mercados de gando de Galicia autorizados como centros de concentración para intercambios intracomunitarios, con énfase no referente ao benestar animal.
Tellado: “O nacionalismo galego quere seguir a mesma folla de ruta do independentismo catalán”
“Sánchez pactou nas prisións o seu acordo de investidura”, di explicando que o presidente aceptou sacar do cárcere aos que foron condenados en firme polo Tribunal Supremo