O PPdeG propón incluír como violencia vicaria aquela realizada a calquera persoa estreitamente unida á vítima para causarlle dano psicolóxico

Santiago, 31 de maio de 2021.- O Grupo Popular vén de presentar emendas á proposición de lei de reforma da Lei galega 11/2007 para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero a través das que se solicita a inclusión, dentro do concepto de violencia vicaria e ademais da entendida como o homicidio ou asasinato das ou dos fillos ou fillas da muller, das accións levadas a cabo contra calquera outra persoa estreitamente unida á vítima coa finalidade de causarlle maior dano psicolóxico, por parte de quen sexa ou fose o seu cónxuxe ou por quen mantivo con ela unha relación análoga de afectividade, aínda sen convivencia.

Seguir leyendo