O Parlamento pide ao Ministerio de Xustiza que axilice a tramitación da norma para a creación de novas unidades xudiciais en Galicia

Santiago, 4 de maio de 2022.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, que non contou co apoio de BNG e PSdeG, a través da que se reclama ao Ministerio de Xustiza que axilice a tramitación da norma que permita a creación e efectiva entrada en funcionamento de novas unidades xudiciais en Galicia con cargo á programación 2022, atendendo aos termos da proposta acordada pola Comisión Mixta para contribuír á axilización da actividade xudicial en Galicia.

Seguir leyendo

O Parlamento galego demanda que Galicia albergue a futura sede da Axencia Estatal de Supervisión de Intelixencia Artificial

Santiago, 4 de maio de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita que a Xunta impulse as actuacións necesarias para promover que a Comunidade galega presente unha candidatura para albergar a futura sede da Axencia Estatal de Supervisión de Intelixencia Artificial, establecendo os mecanismos que faciliten o apoio de todo o ecosistema de ciencia e tecnoloxía co obxectivo de favorecer esta candidatura.

Seguir leyendo

O Parlamento demanda reforzar as medidas para un desenvolvemento eólico ordenado, compatible co medio ambiente e impulsor de riqueza

Santiago, 4 de maio de 2022.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, co voto en contra de BNG e PSdeG, a través da que se insta á Xunta a avanzar na política enerxética impulsada nos últimos anos, consolidando e reforzando as medidas adoptadas en favor dun desenvolvemento eólico ordenado, compatible coa protección do medio ambiente e impulsor de riqueza e emprego.

Seguir leyendo

O PPdeG salienta que a Xunta “fai os deberes para recuperar o marisqueo na ría de Ferrol” fronte ao Goberno central que “non fixo nada do prometido”

Santiago, 3 de maio de 2022.- A deputada do Grupo Popular Begoña Freire salientou hoxe no Parlamento galego que “a Xunta está a facer os seus deberes para recuperar a produción marisqueira na ría de Ferrol” e criticou que o Goberno central “non fixo nada do prometido nin acometeu actuación algunha para acadar unha solución, mesmo poñendo trabas legais para o acceso ao cese de actividade”.

Seguir leyendo