Aprobado no Parlamento o Plan de Obesidade Zero de Galicia 2022-2030, que inclúe a memoria económica solicitada polo Grupo Popular dun millón de euros para cada ano

Santiago, 2 de setembro de 2022- A Comisión de Sanidade, Política Social e Emprego do Parlamento de Galicia debateu hoxe as propostas de resolución presentadas polos grupos políticos e aprobou o Plan de Acción para a prevención do sobrepeso e a obesidade en Galicia desde unha perspectiva de saúde pública 2022-2030, Plan de Obesidade Zero, que incorpora a proposta do Grupo Popular de incluír unha memoria económica dun millón de euros para cada ano.

Seguir leyendo

Revisión da Política Común de Pesca

Iniciativa sobre o apoio do Parlamento de Galicia ao ditame do Consello Galego de Pesca sobre a revisión da Política Común de Pesca e as actuacións que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para trasladar as súas propostas aos parlamentarios galegos do Senado, Congreso dos Deputados e Eurocámara, así como a outras rexións pesqueiras e entidades representativas do sector pesqueiro europeo

Seguir leyendo

Pedro Puy: “O inicio do curso político amosou unidade, ilusión e vontade de seguir traballando con responsabilidade e á altura dunhas circunstancias cada vez máis complexas”

Santiago, 29 de agosto de 2022- O portavoz do Grupo Popular Pedro Puy fixo referencia hoxe na súa rolda de prensa ao inicio do curso político que “iniciamos en Galicia cun acto central do noso partido a nivel nacional, que amosou a unidade, ilusión e vontade de seguir traballando con responsabilidade, propostas positivas e optimismo para estar á altura dunhas circunstancias cada vez máis complexas, e garantindo, como ocorre en Galicia, a estabilidade política”.

Seguir leyendo