Iniciativa do GPP sobre o Fondo Marítimo de Pesca da UE

Sobre as actuacións que debe levar a cabo o Goberno galego en relación co ditame emitido polo Consello Galego de Pesca en relación coa Proposta de regulamento do Parlamento e do Consello Europeo para o novo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca

 

O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a difundir e defender o ditame aprobado no Consello Galego de Pesca en relación coa Proposta de Regulamento do Parlamento Europeo e do Consello relativo ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca e polo que se derroga o Regulamento (UE) 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, así como facer partícipe del o Goberno central, para que os seus representantes poidan facer valer os argumentos sinalados polo sector pesqueiro galego.

 

 

iniciativa1.jpg

El Gobierno central desoye las demandas del GPP en relación a las deficiencias de los trenes a Galicia

10 de agosto de 2020.- El Grupo Parlamentario Popular presentó a principios del pasado mes de junio una serie de preguntas al Gobierno central sobre las deficiencias registradas en los diferentes trenes que realizan el servicio ferroviario a Madrid, Barcelona y Bilbao desde las ciudades gallegas. Asimismo, preguntó también por la vuelta del tren hotel que prestaba servicio antes de la pandemia del COVID-19 uniendo las ciudades de Madrid y Barcelona con Vigo, y por la desaparición del histórico Intercity 252 de Galicia a Bilbao.

 

Seguir leyendo

O PPdeG rexeita o acordo da FEMP, ao consideralo “un ataque ao municipalismo e un ninguneo ás entidades locais”

O presidente provincial e da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, rexeitou o acordo aprobado onte pola FEMP sobre o uso do superávit, ao consideralo “un ataque ao municipalismo e un ninguneo das entidades locais”. Neste senso, tal e como salientou, produciuse a rotura do consenso e da unidade que sempre caracterizou a Federación Española de Municipios y Provincias: “Pedro Sánchez perverteu a FEMP”.

 

Seguir leyendo

Feijóo pide o voto por unha Xunta con capacidade de xestión e decisión ante as incertezas sanitarias e económicas

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, incidiu hoxe que “nada está decidido nestas eleccións” e pediu o voto por unha Xunta de Galicia con capacidade de xestión e decisión ante as incertezas sanitarias e económicas que hai por diante. Así mesmo, lembrou que o virus da Covid-19 segue existindo e seguirá presente por todo o mundo ata que haxa unha vacina, polo que considerou importante continuar aplicando a responsabilidade e cumprindo con todas as normas e precaucións hixiénicas e sociais.

 

Seguir leyendo