Aprobadas sen votos en contra as emendas do Grupo Popular ao Articulado do proxecto de lei de orzamentos

Santiago, 7 de decembro de 2021- A Comisión 3ª do Parlamento comezou hoxe os traballos para a elaboración do ditame do proxecto de lei de orzamentos xerais para a Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2022, co debate do articulado e as seccións de Presidencia, Vicepresidencias primeira e segunda e Consellería de Facenda. Ao respecto das emendas ao Articulado, as emendas do Grupo Popular foron aprobadas sen ningún voto en contra da oposición.

Seguir leyendo

O Grupo Popular demanda a Renfe un plan de acción urxente que restableza os horarios e frecuencias suprimidas durante a pandemia da Covid-19

Santiago, 4 de decembro de 2021.- O Grupo Popular vén de rexistrar unha proposición non de lei a través da que demanda ao Goberno de España un plan de acción urxente e a curto prazo co obxectivo de que se restablezan os servizos horarios e frecuencias suprimidas por Renfe amparándose na pandemia da Covid-19, ademais de procurar unha solución que permita adecuar a oferta á demanda de mobilidade dos galegos que se desprazan en tren cada día entre Ourense e A Coruña ou Santiago, de xeito compatible coas conexións de AVE entre Ourense e Madrid.

Seguir leyendo

O Parlamento galego demanda ao Goberno de España un novo anteproxecto de Lei de Patrimonio Histórico Español

Santiago, 3 de decembro de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio de nacionalistas e socialistas, a través da que se insta ao Goberno de España a elaborar un novo anteproxecto de Lei de Patrimonio Histórico Español dialogado, adecuado á lexislación vixente nas comunidades autónomas e a nivel internacional, e que atenda á realidade patrimonial existente en Galicia.

Seguir leyendo

Ría de Ribadeo, o topónimo oficial que defende o Parlamento de Galicia

Santiago, 2 de decembro de 2021.- O Parlamento galego insistiu hoxe por unanimidade, a través dunha proposición non de lei do Grupo Popular, na necesidade que a Xunta siga liderando o proceso de defensa da designación do topónimo Ría de Ribadeo, presentando o recurso correspondente contra a resolución do Instituto Xeográfico Nacional que establece o mesmo nivel de oficialidade ao topónimo Ría do Eo, contradicindo o principio da ONU de topónimo único de obrigado cumprimento para España.

Seguir leyendo