O Parlamento galego demanda que todas as administracións asinen un Pacto de Estado por Ferrol para dar resposta ás necesidades da comarca

Santiago, 12 de maio de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se demanda a todas as administracións públicas, especialmente ao Goberno de España, a firma dun Pacto de Estado por Ferrol que dea unha resposta conxunta aos problemas da comarca, protexa o emprego e a industria, e se garanta un futuro para Ferrol, Eume e Ortegal. Así mesmo, reitérase unha vez máis a esixencia ao Goberno de España para que encargue a construción dun buque de acción marítima nos estaleiros de Navantia en Ferrol, que dote de carga de traballo inmediata tanto á plantilla principal como á industria auxiliar.

Seguir leyendo

O Parlamento galego demanda ao Goberno central que adecúe a lei de saúde pública para afrontar a pandemia sanitaria

Santiago, 12 de maio de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, sen o apoio de BNG nin de PSdeG, a través da que se demanda ao Goberno de España que proceda a unha adecuación da lexislación orgánica en materia de saúde pública que lle aporte maior detalle e concreción, en orde a proporcionar ás autoridades sanitarias competentes o mellor marco xurídico posible para afrontar as situacións presentes e futuras de risco grave para a saúde pública.

Seguir leyendo

O Grupo Popular reitera a necesidade de que o Goberno central estableza un novo modelo de financiamento autonómico e local

Santiago, 12 de maio de 2021.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, reiterou hoxe no Pleno do Parlamento galego que “levamos anos reclamando reiteradamente ao Goberno central a definición dun novo modelo de financiamento autonómico e local, que dea certezas dos recursos cos que pode contar cada administración e que teña en conta as particularidades dos concellos galegos na súa distribución, como os factores demográficos e de dispersión xeográfica”.

Seguir leyendo

O PPdeG critica que BNG e PSdeG defendan a xestión directa nas residencias desde a oposición e impulsen un modelo distinto no goberno

Santiago, 11 de maio de 2021.- O portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Alberto Pazos, criticou esta tarde no Pleno do Parlamento a BNG e PSdeG por “defender un modelo de xestión directa das residencias de maiores cando están na oposición e impulsar un modelo totalmente distinto onde teñen responsabilidades de goberno”. “O certo é que cada vez que tiveron ocasión, non dubidaron en ceder a xestión de servizos públicos a empresas ou fundacións”, engadiu.

Seguir leyendo

O PPdeG prioriza, sobre o traspaso de competencias, que o Estado abone as débedas polo IVE de 2017 ou o cumprimento das regras de gasto

Santiago, 11 de maio de 2021.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, insistiu hoxe no Pleno do Parlamento que “non renunciamos a ter máis competencias que sexan útiles e melloren a xestión dos galegos, pero consideramos prioritario o pago de xeito inmediato dos 204 millóns de euros do IVE de 2017 recoñecidos pola sentenza do Tribunal Supremo, os incentivos polo cumprimento das regras de gasto e déficit, as transferencias das políticas de emprego, a titularidade da AP-9 cos fondos correspondentes e a xestión do dominio público marítimo-terrestre”.

Seguir leyendo