Iniciativa sobre as actuacións que debe realizar a Xunta de Galicia instando o Goberno de España a garantir a viabilidade da industria naval por medio do mecanismo de recuperación e resiliencia dos fondos Next Generation e a reclamación ante a Unión Europea da garantía do principio de igualdade na recepción das axudas
Demanda da apertura de máis pasos fronteirizos entre España e Portugal
Iniciativa sobre a demanda por parte do Goberno galego da apertura de máis pasos fronteirizos entre España e Portugal
Ampliación do programa de apoio á celebración do Ano Santo Xacobeo 2021 ata decembro do 2023
Iniciativa sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central para a ampliación do programa de apoio á celebración do Ano Santo Xacobeo 2021
O Grupo Popular insistirá no Pleno na esixencia para que o Goberno central encargue a construción dun BAM nos estaleiros de Navantia en Ferrol
Santiago, 16 de marzo de 2021.- O Grupo Popular insistirá no Pleno da vindeira semana na esixencia ao Goberno central o encargo da construción dun buque de acción marítima (BAM) para a Armada Española que dea carga de traballo inmediata nos estaleiros de Navantia en Ferrol. Así mesmo, solicitará ao Goberno de España a redución do IVE do 21 ao 10 por cento en todas as prestacións de servizos deportivos e de actividade física.
Pazos cualifica de “escandaloso” que o PSdeG “esixa no Parlamento a mellora da Avenida Mendiño de Redondela, cando desde o Concello e o Ministerio torpedearon esta obra durante meses”
Santiago, 16 de marzo de 2021.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos cualificou de “escandaloso” que os deputados socialistas “se atrevan a esixir no Parlamento a sinatura inmediata do convenio para a remodelación da Avenida Mendiño de Redondela, cando tanto o Concello como o Ministerio de Transición Ecolóxica gobernados polo PSOE torpedearon esta actuación durante meses”.
Pedro Puy critica que para o Goberno central “sempre aparece algún criterio que fai que Galicia reciba por baixo do que lle corresponde”
Santiago, 15 de marzo de 2021.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe, ao cumprirse un ano do primeiro confinamento motivado pola expansión da Covid-19, que a situación actual da pandemia “nos pode facer sentir tranquilos sobre a evolución futura, responsables seguindo as indicacións dos expertos e satisfeitos porque o proceso se poida desenvolver ben pola profesionalidade do persoal sanitario, a capacidade de organización da administración e o propio civismo da sociedade, que acode ás vacinas dun xeito responsable e sen incidentes”.
Demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co actual bloqueo da comercialización das capturas de marraxo
Iniciativas do Grupo Popular sobre a demanda que debe realizar o Goberno galego ao Goberno central en relación co actual bloqueo da comercialización das capturas de marraxo
O Grupo Popular solicita que a modificación da LOREG inclúa un sistema para facilitar o voto dos mariñeiros embarcados
Santiago, 13 de marzo de 2021.- O Grupo Popular vén de rexistrar no Parlamento de Galicia unha proposición non de lei a través da que traslada ao Goberno de España a necesidade de incluír na modificación da LOREG o establecemento dun sistema que permita aos mariñeiros embarcados durante un proceso electoral exercer o seu dereito ao voto con todas as garantías.
Feijóo reivindica a aposta de Galicia por un Goberno único, unido e disposto a afrontar a pandemia sen conspiracións nin deslealdades
Lembra o aniversario da declaración de emerxencia sanitaria e a anticipación da Xunta fronte un Executivo central que só discutía e dubidaba
O Parlamento galego demanda ao Goberno central unha solución para o profesorado técnico de FP afectado pola nova Lei de Educación
Santiago, 12 de marzo de 2021.- O Parlamento galego aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular, transaccionada co PSdeG, a través da que se rexeita o recollido na nova Lei de Educación respecto do profesorado técnico de FP e demanda ao Goberno central que negocie, no seo da Mesa estatal de Educación, unha solución para este profesorado dentro da nova Lei de formación profesional ou no futuro estatuto público docente.