Na sanidade, todos deberiamos remar no mesmo sentido

Encarna Amigo.

Vaia por diante que son unha defensora da sanidade pública galega, como profesional, como usuaria e como política do PPdeG, a formación na que as galegas e galegos confiaron para exercer a responsabilidade de goberno de Galicia.

Contamos na nosa comunidade cunha sanidade de excelencia, que sempre debéramos poñer en valor. Con todo, tamén é innegable que, especialmente a Atención Primaria, e no conxunto de España, enfróntase a un grave déficit de especialistas en Medicina Familiar e Comunitaria, un problema previsto desde 2018.

Naquel ano, o Goberno de Mariano Rajoy impulsou medidas para paliar a situación, pero tras a chegada do PSOE ao poder, estas quedaron sen aplicar. Desde entón, sucedéronse seis ministros de Sanidade sen tomar medidas efectivas, o que levou a que 13 comunidades autónomas, de diferentes cores políticas, incluída a nosa, Galicia, reclamasen reformas urxentes ao Goberno central, sen éxito.

En resposta á inacción do ministerio, a Xunta de Galicia adoptou medidas propias para mellorar a situación. Unha das máis innovadoras foi a creación dun sistema pioneiro de acceso a prazas de difícil cobertura mediante concurso de méritos, sen oposición, a través da Lei 2/2022. Grazas a esta medida, xa en 2022 se ofertaron 106 prazas, e ata a data cubríronse máis de 350 vacantes, incluíndo postos especialmente sensibles en hospitais comarcais.
Ademais, Galicia aumentou a oferta de prazas en formación MIR en Medicina Familiar e Comunitaria ata 207, máis do dobre das ofertadas polo Goberno bipartito en 2009 (88 prazas). Tamén se melloraron as condicións laborais dos titores MIR, con incentivos como a reserva de tempo na axenda, prioridade formativa e melloras na carreira profesional.

Ao mesmo tempo, o orzamento da sanidade galega tamén experimentou un aumento significativo. O presuposto do Sergas creceu un 45,8% dende 2009, pasando de 3.655 millóns a 5.331,75 millóns en 2025, cun incremento notable nos gastos de persoal (+43%). O número de profesionais sanitarios tamén aumentou en máis de 8.700 persoas desde 2008, chegando aos 45.000 en 2024.

A Xunta impulsou melloras nas condicións laborais dos médicos de atención primaria, como a actualización das retribucións por gardas e prolongacións de xornada, a redución progresiva da xornada anual en 112 horas e a compensación pola cobertura de vacantes. Ademais, nos últimos cinco anos convocáronse nove ofertas de emprego con case 9.000 prazas ofertadas.

En definitiva, Galicia fixo un gran esforzo, dentro das súas competencias, para paliar o déficit de médicos de familia, pero a solución máis efectiva depende da vontade do Goberno central. Por iso, a Xunta segue demandando medidas urxentes que garantan a cobertura de prazas e o fortalecemento da atención primaria en toda España.

A falta de médicos en Atención Primaria é responsabilidade, en gran parte, do Goberno Sánchez, que ignora as demandas das comunidades autónomas. Ante esta realidade, en Galicia, a oposición en lugar de apoiar as reivindicacións da Xunta e apoiar á poboación alíase cunha postura electoralista de ‘canto peor, para eles mellor’ promovendo mobilizacións, tensión e alarma social.

Coincidirán comigo que o que nos fai máis vulnerables é a falta de saúde. Esa é a razón polo que a sanidade debe ser coidada e valorada por todos, sen tentar obter beneficios políticos curtopracistas e demogóxicos á conta do benestar dos cidadáns e sen ter a valentía de reclamar ao Goberno de España que tome en serio a súa responsabilidade na procura de solucións. En defensa da sanidade pública todos deberiamos remar no mesmo sentido.

O Grupo Popular pedirá que institucións como o Consello da Cultura ou a Real Academia Galega participen no estudo para a posible modificación da letra do himno de Galicia

O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, avanzou hoxe que “solicitaremos a participación no plan de traballo da Comisión de estudo para a sobre a posible modificación da letra do himno de Galicia das organizacións e entidades máis representativas da cultura e da historia de Galicia, como a Real Academia Galega ou o Consello da Cultura de Galicia”.

Alberto Pazos explicou que esta mañá tivo lugar unha sesión desta Comisión de Estudo na que se aprobaron as normas de funcionamento, con dúas únicas puntualizacións: que os membros da Comisión teñan á súa disposición, coa maior brevidade posible, toda a información que chegue á Mesa e poidan comezar a estudar e analizar a mesma de inmediato; e que os traballos da Comisión estean rematados o antes posible.

“Se en algo coincidimos todos os grupos parlamentarios é que esta Comisión debe desenvolverse dun xeito áxil, para que non se prolongue sine die sen chegar a unhas conclusións definitivas”, manifestou o portavoz popular, quen apuntou que “mostra deste interese é que xa se fixou un prazo de 20 días para que os grupos parlamentarios formulemos as nosas suxestións para a elaboración do plan de traballo”.

NON FACER Á LIXEIRA

Pazos asegurou que “desde o Grupo Popular afrontamos esta Comisión cunha gran sensación de responsabilidade, porque estamos a falar dun símbolo de Galicia, que, xunto coa bandeira e o escudo, nos identifica e representa en cada recuncho do mundo”. Por este motivo, apuntou que “a modificación do himno galego é algo que non se debe facer á lixeira, senón dun xeito moi estudado e consensuado, tanto entre os grupos parlamentarios como coas organizacións sociais e entidades máis representativas da cultura e da historia de Galicia”.

Deste xeito, avanzou que “o Grupo Popular proporá facer partícipes deste estudo para a modificación do noso himno de dúas institucións senlleiras, como son a Real Academia Galega e o Consello da Cultura Galega, a quen solicitaremos expresamente dentro do Plan de Traballo da Comisión a súa colaboración, para que fagan as aportacións que consideren oportunas respecto dunha posible modificación da letra do noso himno”.

Neste punto, no nome do Grupo Popular trasladou a felicitación ao que será o novo presidente da Real Academia Galega, Henrique Monteagudo, “a quen desexamos o mellor á fronte desta institución e a quen ofrecemos a nosa máxima colaboración”.

Ademais do Consello da Cultura galega e da Real Academia Galega, Alberto Pazos anunciou que na proposta de Plan de Traballo “solicitaremos a presenza, ben a través de comparecencias ou ben a través de informes específicos, de todas aquelas entidades e expertos que consideremos poden aportar o seu coñecemento para adoptar a decisión definitiva”, porque reiterou que “temos a máxima predisposición para estudar calquera evidencia científica que poida xustificar a modificación da letra do noso himno, sempre dentro dunha análise pausada e reflexiva, e co respaldo de todos, porque estamos a falar da posible modificación de algo que é patrimonio e que nos representa a todos os galegos”.

SOLUCIÓN PARA SARGADELOS

Respecto da situación que atravesa a planta de Sargadelos en Cervo, Alberto Pazos considerou “necesario que todas as partes amosen a súa plena disposición para buscar unha solución”. En concreto, dixo que “o propio empresario debe recapacitar a súa fulminante decisión, porque comprobouse que as deficiencias detectadas na empresa son totalmente subsanables para garantir a seguridade e a saúde dos traballadores sen implicar o peche da empresa, pero tamén hai que ser conscientes da complexidade que supón a adaptación dun entorno laboral nun espazo declarado como ben de interese cultural, como é o caso da planta de Sargadelos en Cervo”.

“Agradecemos tanto a disposición amosada pola Inspección de Traballo como polo propio propietario da empresa para buscar unha solución que permita manter en Galicia un referente tanto a nivel empresarial como da nosa cultura, e esperamos que finalmente todo volva á normalidade e Sargadelos manteña tanto a súa produción como todos os postos de traballo, tan importantes para unha comarca como a de A Mariña, pero tamén para a imaxe exterior de Galicia que transmite esta empresa”, sinalou.

DEMAGOXIA COA SANIDADE GALEGA

Por último, Pazos fixo unha breve reflexión sobre a situación da sanidade pública galega e criticou que “os mesmos que teñen convocada unha manifestación para o vindeiro domingo son os que nos seus propios informes recoñecen o gran avance rexistrado pola sanidade pública galega nos últimos anos, que pasou de estar á cola no ano 2010 na valoración da sanidade entre todas as comunidades autónomas a situarse nos anos seguintes nun nivel intermedio”.

“Pero é que tamén os que convocan esta manifestación son os mesmos que nos seus informes poñen de manifesto que o orzamento destinado en 2025 a sanidade pública por habitante en Galicia está por enriba da media das comunidades autónomas (2.007 euros fronte a 1.944 euros de media) cando en 2010, pouco despois de que o PP chegara á Xunta, o gasto sanitario por habitante en Galicia estaba por baixo da media (1.333 euros fronte a 1.343 euros de media estatal)” apuntou.

Ademais, o portavoz popular subliñou que, “se non lles chegan os seus propios datos, os convocantes desta manifestación tamén poden botarlle un vistazo aos últimos datos facilitados polo Ministerio de Sanidade respecto ás listas de espera: para cirurxía, a espera en Galicia está en 71 días, 50 días menos que a media estatal; e para consultas, a espera na Comunidade galega é de 72 días, 22 días menos que a media estatal”.

“Son datos contrastados que botan abaixo calquera intento demagóxico de minusvalorar a situación da sanidade galega e o traballo dos profesionais que nos atenden día tras día, pero como hai grupos que teñen que aceptar con submisión todos os ditames que emanan dos coroneis da UPG, hai que montar algaradas públicas todas as fins de semana”, lamentou.

Barreiro: “La condonación de la deuda a Cataluña no es un proceso químico, no se evapora, la asumimos todos los españoles”

El portavoz adjunto del GPP en el Senado, el gallego José Manuel Barreiro, asevera que “la condonación de la deuda a Cataluña no es un proceso químico, no se evapora, la asumimos todos los españoles”.

Así responde a la vicepresidenta primera del Gobierno, María Jesús Montero, tras su comparecencia en la Comisión de Hacienda, en donde el senador popular pone el foco en la condonación de la deuda a Cataluña.

A su parecer, con esta gestión, que tacha como “grave y deficiente”, el Ejecutivo “utiliza el dinero de todos los españoles para pagar más tiempo en la Moncloa”.

A Barreiro le sorprende y le provoca “casi hasta admiración” las contradicciones que ha ofrecido públicamente Montero sobre este tema a lo largo de su trayectoria: primero, cuando era consejera de Hacienda en Andalucía, después como ministra y, ahora, como candidata en Andalucía. “Lo hace sin ruborizarse”, ironiza, al tiempo que añade que “es la marca de la casa” a la que ya tienen acostumbrados a los españoles.

“El origen del acuerdo con Junts y ERC para condonar la deuda a Cataluña es que ustedes pagan esto para financiar el sillón de Sánchez en la Moncloa y el suyo como vicepresidenta”, apostilla.

A pesar que el Gobierno lo defina como “financiación singular”, el dirigente del PP aclara que es una mutualización por lo que debe Cataluña ante una gestión deficiente, y ahora pretenden que lo paguemos todos los españoles”.

GOBIERNO INCAPAZ DE OFRECER ESTABILIDAD

A largo de su intervención, Barreiro reprocha a la ministra su “excesivo triunfalismo” y su acérrima defensa en la estabilidad del país, cuando “en siete años no han sido capaces de presentar más de tres presupuestos y este año seguimos sin él”: “Eso no es dar imagen de estabilidad”.

“Un país que se presenta ante sus socios en esas condiciones, pues obviamente no es un país que esté dando una imagen de estabilidad”, recalca, al tiempo que recuerda que “esto es lo que decían ustedes al señor Rajoy”.

A esto, el portavoz adjunto de los populares en la Cámara Alta le suma que este Gobierno “no es capaz de sacar leyes en el Parlamento, atacan la presunción de inocencia y a las universidades privadas. No creo que usted piense que le han regalado el título a Sánchez”.

Por si esto no fuera suficiente, Barreiro recuerda que “somos el tercer país en cuanto al nivel de pobreza, lideramos el paro y el paro juvenil, la inflación nos ha comido un 20% y el incremento del PIB ha sido de poco más del 12%”. Por lo tanto, “no estamos aquí para tirar cohetes”.

Antes de concluir, Barreiro pide a la ministra que “nos tomen en serio”, al tiempo que le critica que “quieren mantenerse en el poder por encima de todo y para eso quieren que los españoles paguen su fiesta”.

Millán Mon pide que el Gobierno de España priorice la conexión ferroviaria Vigo-Porto

El eurodiputado popular Francisco Millán Mon subrayó, en el pleno del Parlamento Europeo en Estrasburgo, la importancia de la financiación para infraestructuras de transporte para favorecer la cohesión territorial, económica y social de Europa, así como desde el punto de vista de la seguridad, en este contexto internacional tan complejo. “Yo, que provengo de una región periférica como Galicia, sé muy bien que las inversiones en infraestructuras son esenciales”, apuntó.

Millán Mon intervino en un debate sobre la importancia de las infraestructuras de transporte transeuropeas en tiempos de estancamiento del crecimiento económico y de graves amenazas para la seguridad de Europa, que contó con la participación del Comisario de Transportes y Turismo, Apostolos Tzitzikostas.

El eurodiputado gallego pidió aprovechar al máximo las oportunidades de la Red Transeuropea de Transportes (TEN-T) y subrayó la necesidad de aumentar las Redes Básicas. “Por ejemplo, en el Corredor Atlántico, es lamentable que una infraestructura tan estratégica como la conexión ferroviaria Vigo-Porto se siga postergando”, declaró Millán Mon.

El eurodiputado continuó lamentando la falta de ambición de la Presidencia española en los llamados trílogos, en 2023, que “por desgracia impidió que este y otros tramos ferroviarios en Galicia fuesen incluidos en la Red Básica cuando tuvo lugar la última revisión del reglamento”. Millán Mon se refería así a la línea A Coruña-Lugo-Monforte, la línea Ferrol-A Coruña y el Puerto de Vigo, que, junto con la conexión Vigo-Porto, sí contaban con el visto bueno del Parlamento Europeo para su inclusión en la Red Básica. 

El eurodiputado popular continuó reclamando ambición a los Estados miembros respecto del Corredor Atlántico. Primero al Gobierno de España, al que pidió actuar de manera transparente y con lealtad institucional, informando a las regiones concernidas de los detalles concretos del Plan Director del Corredor Atlántico. En su opinión, España debería priorizar la conexión Vigo-Porto, al igual que está haciendo Portugal, que está acelerando sus planes.

Por último, también pidió ambición al Gobierno francés para avanzar en la conexión Burdeos-País Vasco: “Pese a que esta conexión es parte de la Red Básica, parece que el Gobierno francés posterga su conclusión hasta 2042”, lamentó Millán Mon. “Sin la conexión hispano-francesa, el Corredor Atlántico no podrá aprovechar todo su potencial”, concluyó.

O PPdeG contrapón “a Galicia que goberna” de Alfonso Rueda coa “Galicia que bloquea” da esquerda do “non a todo por sistema”

O Partido Popular de Galicia contrapón “a Galicia que goberna” liderada polo presidente Alfonso Rueda coa “Galicia que bloquea” promovida por unha esquerda especializada no “non a todo” e que se opón por sistema a calquera iniciativa de futuro na nosa Comunidad.

Así o manifestou hoxe a secretaria xeral dos populares galegos, Paula Prado, nunha rolda de prensa na que focalizou estas críticas nun “Bloque Negacionista Galego” ao que cualificou de “destrutivo” e “tóxico” e que “por moito que intente branquearse, nunca foi un partido de goberno”. Neste sentido, rebautizou á líder do independentismo galego como Ana ‘Nonnón’.

“Pretenden disfrazarse como un movemento transversal de contestación social e argumentar os seus posicionamentos cando en realidade son un movemento político radical e o seu único argumento é o ‘non’ a todo por sistema”, explicou poñendo como exemplo a negativa de Ana Pontón a Altri, á mina de litio de Doade, á enerxía verde e a todas as medidas para mellorar a nosa Sanidade pública.

Por isto, asegurou, o PPdeG seguirá “desenmascarando ao partido do ‘non’ e a unha Ana Pontón que leva dúas décadas negándose a calquera proxecto” e, pola contra, continuará dicindo ‘si’ á “Galicia que goberna” con Alfonso Rueda á fronte e que defenderán no Parlamento, no Senado, no Parlamento Europeo e “onde faga falta”.

“Galicia goberna fronte a unha oposición que desde o día despois das eleccións só tratou de paralizar e porque os galegos elixiron a estabilidade do PPdeG fronte ao ‘non a todo’ e o bloqueo”, concluíu poñendo en valor a un Goberno que galego que “semana tras semana se reúne sen liortas nin estridencias e para traballar en novas medidas para os galegos e galegas”.

Destacou, entre estas medidas, a consolidación da matrícula gratuíta para estudantes universitarios e de ensinanzas artísticas superiores, que arrancou este curso con case 2.000 beneficiarios e que, tal e como anunciou o presidente Rueda este luns, se manterá o vindeiro ano académico.

Algo que, unido á conxelación das taxas nos másteres —entre os máis baratos de España—, permitirá un aforro estimado de preto de 20 millóns de euros ao ano ás familias galegas.

O Parlamento galego demanda regular e establecer a organización das microcredenciais na formación para o emprego

O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que insta á Xunta a regular e establecer a organización das microcredenciais na formación para o emprego, co fin de certificar os resultados de aprendizaxe derivados de actividades formativas de curta duración, promovendo así un modelo adaptado ás necesidades actuais das persoas e do mercado laboral.

A portavoz popular de Emprego, Noelia Pérez, considerou “imprescindible avanzar na organización das microcredenciais, xa que convertéronse nunha tendencia crecente na Unión Europea para fortalecer as competencias do capital humano, ao tempo que Galicia conta coas competencias transferidas en materia de políticas activas de emprego e formación profesional para o emprego”.

GALICIA, PIONEIRA

As microcredenciais permiten adquirir e certificar coñecementos, habilidades e competencias específicas de maneira flexible e adaptada ás novas demandas laborais. Sen substituír ás cualificacións tradicionais, representan unha ferramenta eficaz para reducir a fenda entre a formación académica e as necesidades reais do mercado de traballo, promovendo tanto a adaptación a novos sectores como a mellora nos postos actuais.

Noelia Pérez destacou que “Galicia foi pioneira na implantación deste modelo de microcredenciais mediante programas como o de Arraigo para a formación, un exemplo claro da aposta por iniciativas innovadoras no ámbito da formación para o emprego”.

Así mesmo, manifestou que as microcredenciais “son un recurso estratéxico para fomentar a aprendizaxe permanente e a empregabilidade, promovendo accións formativas de curta duración que respondan ás demandas do mercado laboral”.

 

 

 

As mentiras e o custo de dicir NON a Altri

Noelia Pérez.

“Altri é unha macrocelulosa”. Esta afirmación é a primeira gran mentira que o BNG e o PSOE están a intentar difundir para enganar aos galegos e frear un investimento clave para Galicia. Pero, rotundamente, non o é: non estamos a falar dunha fábrica tradicional de pasta de papel, como algúns queren vender interesadamente, senón dun proxecto innovador centrado na produción de fibras téxtiles sostibles, aliñado coa economía circular e as esixencias ambientais da UE.

Porque convén dicilo todo: Europa ten unha alta dependencia das importacións de fibras téxtiles desde Asia, e aquí ofrécesenos a oportunidade de ser referentes nun sector en crecemento.

O material innovador que produciría, o lyocell, está a converterse na gran alternativa da industria téxtil. Non renuncia á calidade nin ao deseño, pero si reduce o impacto ambiental. Miren as etiquetas da súa roupa e verán como o lyocell emerxe como un tecido limpo, biodegradable e duradeiro, comparable ao liño ou a seda en comodidade e frescura. Pero o BNG e o PSOE prefiren o “non a todo a diario”, aínda que iso implique renunciar a emprego e desenvolvemento.

A segunda gran mentira é dicir que o seu rexeitamento é polo ben de Galicia: unha mentira con maiúsculas. Basta con ver as contradicións da esquerda: onde antes dicían “si” ao proxecto de Altri, agora din “non”. Ata hai pouco aplaudíano, pero hoxe critícano. Que mudou? Perder as eleccións autonómicas de febreiro do pasado ano.

Ademais, un PSOE sen rumbo decidiu entregarse ao nacionalismo. O seu secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, apareceu hai uns días rodeado de bandeiras do BNG, deixando claro o que xa todos sospeitabamos: o socialismo galego converteuse nun peón e unha marioneta da estratexia nacionalista. E aínda hai máis: agora piden ao Goberno de Sánchez que lle negue a Galicia os fondos europeos.

Estou convencida de que, se este investimento estivese proxectado para o País Vasco ou Cataluña, os mesmos que hoxe o rexeitan estarían a se manifestar contra o Goberno galego por non conseguilo.

A terceira gran mentira é que o seu rexeitamento responde a razóns ambientais, especificamente á contaminación. Esa é a gran trampa. Con bulos e desinformación, infundieron medo no sector do mar, nas mariscadoras e noutros ámbitos, xerando unha alarma innecesaria que non se sostén nos feitos.

A verdade é que este proxecto representa unha oportunidade para o futuro de Galicia e non unha ameaza. En Europa vemos industrias similares impulsando o crecemento de rexións sen comprometer a natureza. En Galicia temos os mesmos controis e esixencias, e, con todo, aquí a esquerda decide que agora, mellor non. O BNG e o PSOE seguen a manifestarse contra un proxecto que pasou todos os filtros e probablemente sexa o máis analizado da Administración. Se isto non é oportunismo político, xa me dirán que é.

Cada ataque e manifestación contra Altri é unha mostra máis de que para a esquerda a súa prioridade non é o progreso de Galicia, senón o seu propio interese político. E hai unha pregunta que segue no aire: Cal é a alternativa de PSOE e BNG para crear emprego? Silencio absoluto. Sen empresas non hai alternativa.

O interese do Goberno galego en atraer industrias ten o obxectivo obvio de xerar emprego, evitar o despoboamento e dinamizar a nosa economía. Altri suporá miles de empregos directos e indirectos, e un investimento no futuro da nosa Comunidade e para o noso rural.

Por iso, quen hoxe boicotean este proxecto non están a frear a unha empresa, están a frear o futuro de Galicia. O desafío de crear oportunidades sostibles e competitivas segundo as necesidades do século XXI non é sinxelo, pero ese é o gran reto ao que Galicia se enfronta. O noso futuro constrúese con ambición, innovación e mirando cara a adiante.

O PPdeG acusa ao Goberno de Sánchez de “asaltar” a autonomía dos concellos ao “bloquear” o uso de remanentes orzamentarios

Os representantes do Partido Popular de Galicia na Fegamp solicitan a convocatoria dunha sesión extraordinaria do organismo na que se “dea voz aos concellos” e se consensúe unha reclamación unánime dirixida ao Goberno central para que lles permita dar uso dos remanentes orzamentarios do ano 2024.

Así o solicitaron na reunión da Executiva que se tivo lugar esta semana e na que o seu voceiro, Ángel Moldes, criticou que “o Goberno de Sánchez está bloqueando uns cartos que son dos veciños e que os concellos poderíamos investir en mellorarlle a vida ou en proxectos que consideremos necesarios”.

“Debemos ter autonomía para decidir onde investir os recursos que obtivemos por facer unha boa xestión económica”, demanda apuntando a que a negativa do Goberno central a permitir o uso dos remanentes é un “dobre castigo” tanto para os concellos como para os veciños.

De aí que desde o PPdeG soliciten ao presidente da Fegamp, o socialista Alberto Varela, que “canto antes” convoque unha xuntanza para “dar voz a todos os concellos galegos con independencia da súa cor política” e facer unha fronte común ante “este asalto á autonomía das corporacións locais”.

Os populares galegos subliñan o importante custo económico que está supoñendo para os concellos o feito de que o Goberno de España non teña aprobados uns Presupostos Xerais do Estado para este ano, ao que se engaden as dificultades de financiamento que están a experimentar as administracións locais.

O uso dos remanentes orzamentarios, polo tanto, sería unha opción viable para poder empregar “estes cartos que xa están nos concellos, que son dos veciños e que non se poden destinar a mellorar os servizos públicos municipais”. Xa que, recordan, a día de hoxe, o superávit só se podería utilizar para amortizar débeda “e para nada máis”.

Millán Mon: “Galicia y su Gobierno constituyen un modelo en la ejecución de fondos europeos”

El eurodiputado popular Francisco Millán Mon subrayó, en el pleno del Parlamento Europeo en Estrasburgo, que «Galicia y su Gobierno constituyen un modelo en la ejecución de fondos europeos”.

Millán Mon intervino en un debate sobre la mejora de la aplicación de la política de cohesión a través del examen intermedio, en aras de una política de cohesión sólida para después de 2027, que contó con la participación del vicepresidente ejecutivo de la Comisión Europea para Cohesión y Reformas, Raffaele Fitto.

El eurodiputado gallego empezó subrayando que la política de cohesión de la UE es un pilar fundamental para reducir las divergencias entre países y regiones. “En Galicia, ha permitido modernizar nuestra economía y mejorar nuestras infraestructuras”, destacó.

Con vistas a la política de cohesión post-2027, el popular recalcó dos ideas. En primer lugar, la necesidad de mantener la asignación presupuestaria de la política de cohesión: “Las otras prioridades de la UE no deben perjudicar la política de cohesión”. En segundo lugar, Millán Mon se refirió a la necesidad de preservar el rol de las regiones en el diseño y en la implementación de la cohesión: “La centralización sería un error. Desgraciadamente, lo hemos visto en España con el fracaso en la ejecución de los fondos Next Generation”, apuntó Millán Mon. “Los gobiernos regionales conocen de primera mano las necesidades de sus regiones y este conocimiento hay que aprovecharlo”, concluyó.

O Grupo Popular pedirá no Pleno ao Goberno central diálogo e financiamento para o reparto de menores non acompañados entre as comunidades

O Grupo Popular demandará no Pleno da vindeira semana que o Goberno de España dialogue e negocie coas comunidades autónomas o reparto de migrantes menores non acompañados dun xeito planificado e co financiamento preciso. Así mesmo, pedirá ao Goberno central que atenda dunha vez as demandas de Galicia e presente de inmediato o Plan Director do Corredor Atlántico ferroviario, con datas, cifras detalladas e prazas definidas para a execución das obras.

Ao remate da Xunta de Portavoces, o portavoz popular, Alberto Pazos, informou que a sesión plenaria inclúe a comparecencia, a petición propia, o conselleiro de Emprego para dar conta do Plan Estratéxico do Comercio 2025-2030, aprobado onte no Consello da Xunta e que estará dotado con máis de 320 millóns de euros para modernizar, visibilizar e mellorar a competitividade do pequeno comercio galego.

“Estamos a falar dun sector moi importante para o tecido económico galego ao estar integrado por máis de 32.000 establecementos nos que traballan arredor de 110.000 persoas”, concretou Alberto Pazos, quen afirmou que “a través de máis de 70 accións, este Plan Estratéxico de Comercio busca blindar o futuro deste sector e garantir a súa competitividade”.

DEMANDAS EN MATERIA FERROVIARIA

Dentro do apartado de proposicións non de lei, o Grupo Popular demandará, en primeiro lugar, que o Goberno de España atenda as demandas de Galicia respecto do Corredor Atlántico ferroviario e informe con detalle das obras previstas e o horizonte temporal para a súa execución.

“Os incumprimentos respecto desta infraestrutura fundamental para o desenvolvemento económico e social de Galicia, garantindo unha conexión eficiente co resto de España e de Europa, van máis aló xa que descoñecemos a composición e o funcionamento do grupo de traballo creado para o desenvolvemento deste proxecto, tampouco hai noticias sobre o nomeamento do interlocutor do Goberno galego con Renfe para que dea cumprida información sobre as incidencias e os avances en infraestruturas ferroviarias, e que dicir da saída sur de Vigo, unha infraestrutura estratéxica para a conexión con Portugal que non se prevé a súa finalización, segundo as últimas estimacións polo estado actual das obras, ata finais de 2034”, lamentou o portavoz popular.

Tamén relacionado co transporte ferroviario, o Grupo Popular formulará unha pregunta ao Goberno galego sobre a precariedade que presentan os servizos que existen en Galicia. “A día de hoxe, aínda non se repuxeron todos os frecuencias eliminadas durante a pandemia da Covid-19, nin se ampliou a oferta de prazas e de persoal, nin se incrementaron os servizos de alta velocidade, nin se están a acometer as melloras para a modernización das instalacións e dos trens, nin, por desgraza, se estea a impulsar a intermodalidade”, apuntou.

30 MILLÓNS DE EUROS ANUAIS

A segunda das proposicións non de lei do Grupo Popular ten que ver coa distribución, por parte do Goberno de España, dos migrantes menores non acompañados, solicitando ao Goberno de Pedro Sánchez diálogo e negociación con todas as comunidades autónomas, para que a decisión non se adopte, como así se fixo, logo dun acordo bilateral entre o Goberno central e os independentistas cataláns.

Alberto Pazos apuntou que, “aparte deste novo trato de favor do Goberno de Pedro Sánchez ao independentismo catalán, a chegada de 326 novos menores a Galicia suporía un gasto anual de 30 millóns de euros, o que fai imprescindible un aporte de financiamento por parte do Goberno central para que as arcas galegas non se vexan prexudicadas por esta decisión”.

“Galicia está disposta a cumprir a lexislación vixente e garantir o benestar necesario para todos estes menores, pero para iso pedimos planificación e a dotación dos fondos necesarios, porque resulta claramente insuficiente os 100 millóns de euros que o Goberno de Pedro Sánchez destinará para repartir entre todas as comunidades autónomas”, anotou.

Así mesmo, lembrou que a Comunidade galega xa acolle neste momento a 273 migrantes menores, o que supón que o sistema de protección autonómico xa teña unha sobreocupación do 108 por cento. “A chegada de 326 menores máis a Galicia incrementaría esta preocupante situación, ademais de complicar sensiblemente a prestación das atencións e os servizos que se merecen”, subliñou Alberto Pazos.

SOLUCIÓN ENERXÉTICA

Por último, dentro do apartado de preguntas ao Goberno galego, o Grupo Popular interesarase polas previsións existentes para dar unha solución enerxética aos proxectos industriais estratéxicos de Galicia, porque, coa planificación actual, quedan fóra proxectos relacionados cos biocarburantes, o hidróxeno ou o amoníaco que precisan case 1.200 megavatios adicionais para garantir a súa posta en marcha e a súa viabilidade.

“Ademais, resulta fundamental implantar nova infraestrutura eléctrica que permita evacuar toda a electricidade xerada en Galicia a partir de fontes renovables, o que tamén facilitaría dar servizo a eses proxectos que teñen ou van ter un forte consumo eléctrico”, engadiu.

O Grupo Popular tamén se interesará polas medidas que ten pensado poñer en marcha a Consellería de Sanidade para mellorar as instalacións do Hospital Materno-Infantil de Ourense, logo de que se producira o derrubamento dunha parte do teito na terceira planta deste centro sanitario.