O PPdeG organizará o próximo domingo na explanada de Palexco da cidade da Coruña o acto Queremos construír España desde as Comunidades Autónomas, que estará presidido polo presidente Alfonso Rueda e contará coa presenza de todos os presidentes autonómicos do Partido Popular.
Alfonso Rueda: “Preséntome para gañar e para gobernar, debéndome só aos galegos e co obxectivo de que Galicia non pare”
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, asume a responsabilidade de liderar a candidatura do seu partido ás eleccións autonómicas do 18 de febreiro con convencemento e firmeza pero tamén con humildade, e co obxectivo de seguir gobernando para que Galicia non pare: “Quero gañar obtendo a confianza maioritaria da xente na miña palabra e tendo feitos cos que merecela, debéndome só aos galegos e ás galegas”.
O programa electoral do PPdeG reflexará o “estilo Rueda” e será “participativo, de amplo espectro social, pegado á terra e á xente e pensado para unha Galicia que non para”
O PPdeG anunciou hoxe que o programa electoral co que concorrerá ás eleccións do 18 de febreiro reflexará “estilo Rueda” na medida en que será “participativo, de amplo espectro social, pegado á terra e á xente, impregnado da nosa forma de ser e pensado para unha Galicia que non para”.
Paula Prado: “O PSOE, o BNG e Sumar non están coas mulleres, só loitan por protexer aos seus partidos mentres as desprotexen”
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, afirma que a decisión do Goberno central de non dotar a Galicia de ningún xulgado específico de violencia de xénero nas cidades galegas demostra que “o PSOE, o BNG e Sumar nin están coas mulleres, nin loitan pola igualdade”, senón que “só loitan por protexer aos seus partidos mentres desprotexen ás vítimas”.
Alberto Pazos salienta que “Rueda demostrou no Parlamento que é un firme valedor do cumprimento e do valor da palabra dada”
27 de decembro de 2023. O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, salientou hoxe, na presentación do informe sobre a actividade parlamentaria ao longo desta XI lexislatura, que “Alfonso Rueda demostrou que é un firme valedor do cumprimento e do valor da palabra dada e que os galegos poden confiar nun Presidente que cumpre os seus compromisos”, como se puxo de manifesto entre os proxectos anunciados hai pouco máis de ano e medio no seu debate de investidura e a realidade amosada no recente Debate sobre o Estado da Autonomía.
Paula Prado: “Se queremos que Galicia non pare e siga sendo un referente de estabilidade e sentidiño, a única opción é o PPdeG e Alfonso Rueda”
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asegurou hoxe que Alfonso Rueda encabeza a “única opción para que Galicia non pare e siga sendo un referente de estabilidade, responsabilidade, tranquilidade e sentidiño” fronte a “un multipartito enfrontado en todo menos no seu apoio a Pedro Sánchez”.
Paula Prado: “A Galicia real que está co presidente Rueda, leal á Constitución, viuse representada no discurso do Rei”
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, subliñou hoxe que “a Galicia real” que está con Alfonso Rueda viuse reflectida onte no discurso de Felipe VI. “Esa Galicia real que é leal a Constitución; que cre na fortaleza do modelo autonómico, en España e na Unión Europea; e que representan á perfección o noso presidente e o PPdeG”, sinalou.
Alfonso Rueda ponse ao volante do autobús de ‘Galicia non para!’ para invitar a todos os galegos e galegas a subirse a un proxecto no que todos teñen cabida
O PPdeG estrea hoxe o seu vídeo de Nadal, no que o presidente Alfonso Rueda se pon ao volante do autobús de ‘Galicia non para!’ para recoller nel a todos os galegos e galegas e demostrar así que no seu proxecto todos teñen cabida.
Alfonso Rueda reivindica o orgullo que sente do PPdeG e pide a confianza de Galicia: “As nosas mellores páxinas están aínda por escribir”
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, pediu hoxe a confianza dos seus desde a humildade e asumindo a responsabilidade de ser “a parte máis visible dun gran equipo”, reivindicando así o orgullo que sente do seu partido: “As mellores páxinas de Galicia están aínda por escribir”.
Alfonso Rueda pon en marcha o Comité de Campaña do PPdeG: “Imos traballar sendo conscientes de que o que eliximos é o futuro de Galicia”
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, presidiu hoxe a reunión do Comité de Dirección do partido no que se designou ao Comité de Campaña, que terá como fin “traballar con rigor, seriedade e planificación para facer unha campaña en positivo” e sendo consciente de que nas eleccións do 18 de febreiro se elixe “o futuro de Galicia para os próximos anos”.