O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, puxo hoxe en valor que Galicia conta cun goberno estable e dedicado a traballar por e para a xente, co único obxectivo de mellorar a vida dos galegos, e que por iso a nosa Comunidade é a día de hoxe unha “illa de estabilidade” dentro do conxunto de España.
Alfonso Rueda reivindica a estabilidade, o rigor e a convivencia como principios fundamentais dun PPdeG que demostra a súa política con feitos
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, reivindicou hoxe que a política que leva a cabo o seu partido alá onde goberna é a política dos principios, da estabilidade, do rigor e da convivencia e que isto se demostra con feitos tanto nas actuacións do Goberno galego como na xestión de Nidia Arévalo á fronte do Concello de Mos.
Nicole Grueira: “Traballaremos para mellorar o día a día da mocidade galega e contribuiremos á construción do mellor futuro posible”
A presidenta de Novas Xeracións de Galicia, Nicole Grueira, reuniu hoxe por primeira vez ao novo Comité de Dirección da organización, ao que trasladou a importancia de “ser un equipo unido e forte” ao tempo que os animaba a “traballar para mellorar o día a día da mocidade galega e contribuír á construción do mellor futuro posible”.
Paula Prado contrapón a debilidade e as loitas partidistas do tripartito PSdeG, Sumar e BNG fronte a un PPdeG “centrado en resolver os problemas da xente e axudar ás familias”
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asegurou hoxe que o tripartito conformado polo PSdeG, Sumar e BNG está “débil” e “tan ensimesmado en resolver as súas liortas internas” que non ten tempo de atender as prioridades dos galegos como si fai o Goberno que dirixe o presidente Alfonso Rueda e así reflexan as medidas recollidas nos Orzamentos de 2024.
Paula Prado acusa ao “tripartito” formado por PSdeG, BNG e Sumar de ser “cómplices do sanchismo” e de estar “ensimesmados nos seus intereses en lugar de defender a Galicia”
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asegurou hoxe que o seu partido non vai permitir que “o Goberno de España prive aos concellos galegos de recursos para darllos a Cataluña co fin de que Pedro Sánchez siga no poder” e neste sentido engadiu: “Non queremos ser máis que ninguén, pero tampouco menos. Queremos o que lle corresponde aos galegos”.
Alberto Pazos avanza o “marcado carácter lexislativo” que terá o Pleno da vindeira semana coa aprobación da nova Lei de artesanía e a toma en consideración da Lei de cultura inclusiva
O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, salientou hoxe “o marcado carácter lexislativo” que terá o Pleno do Parlamento galego da vindeira co debate para a aprobación da nova Lei de artesanía de Galicia e a toma en consideración do proxecto de Lei de cultura inclusiva e accesible de Galicia.
Cangas recibe o bus de ‘Galicia non para!’ e os veciños aproveitan para trasladarlle as súas inquedanzas ao presidente Rueda
O municipio de Cangas do Morrazo recibiu este mediodía o autobús de ‘Galicia non para!’ e, coma sempre, os veciños e veciñas aproveitaron para trasladarlle as súas inquedanzas ao presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, mentres tomaban algo con el.
Alfonso Rueda aposta pola estabilidade e a unión coa cidadanía fronte aos muros e as chantaxes
O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, avogou hoxe por unha política baseada na estabilidade e na unión coa cidadanía fronte a aqueles que optan por levantar muros e ceder ante chantaxes e pactos opacos que poñen en perigo a dignidade de Galicia e o modelo territorial do conxunto de España.
Paula Prado reivindica a nova Lei de Igualdade de Galicia como exemplo das “políticas serias” que promove o PPdeG fronte ao “postureo” da esquerda
A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, reivindicou hoxe a nova Lei de Igualdade de Galicia como exemplo das “políticas serias e pensadas para poñer freo á discriminación que sofren as mulleres no seu día a día” que promove o Goberno de Alfonso Rueda fronte ao “postureo” e o “falso compromiso” da esquerda coas vítimas de violencia de xénero e o feminismo.
Aprobada a nova Lei de igualdade efectiva de mulleres e homes, que sitúa a Galicia á vangarda na loita contra calquera discriminación contra a muller
O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe, coa abstención de BNG e PSdeG, a nova Lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia, “un texto lexislativo feito pola Galicia do presente para a Galicia do futuro”, manifestou a viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado. En concreto, esta nova norma sitúa á Galicia á vangarda na loita contra calquera discriminación contra a muller, blindando o compromiso co seu benestar integral e sendo un referente na loita polos dereitos da muller e no combate de novas fórmulas de discriminación a través dos novos paradigmas comunicativos e dos avances tecnolóxicos.