Os Orzamentos 2024 continúan a súa tramitación parlamentaria: “Seguiremos traballando por unha Galicia próspera, puxante e dona do seu futuro”

Os orzamentos da Xunta de Galicia para 2024 continuarán a súa tramitación parlamentaria logo de que o Pleno rexeitara esta mañá as emendas á totalidade presentadas por BNG e PSdeG. “Seguiremos traballando por unha Galicia próspera, puxante e dona do seu futuro; unha terra que non acepta que lle neguen o que a outros lle regalan e que non acepta sentarse na mesa dos cativos a comer o que se decide na mesa dos maiores”, manifestou o portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos.

Seguir leyendo

Paula Prado: “Fronte a un tripartito que decidiu apoiar a Sánchez e dicir non a Galicia, Alfonso Rueda seguirá facendo da nosa Comunidade unha illa de estabilidade, xestión e sentidiño”

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, asegurou hoxe en referencia á investidura de Pedro Sánchez que, fronte a un tripartito formado por PSOE, BNG e Sumar que “onte dixo si a Sánchez e non a Galicia”, os galegos seguirán tendo a garantía de que, con Alfonso Rueda á fronte, a Comunidade seguirá sendo “unha illa de estabilidade, xestión e sentidiño”.

Seguir leyendo

Paula Prado: “Miles de millóns de euros que poderían ir ao rural galego irán a Cataluña para pagar a investidura de Pedro Sánchez”

A secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, reclamou hoxe un maior investimento no rural por parte do Goberno de España, denunciando que “miles de millóns de euros que poderían ir ao rural galego irán a Cataluña para pagar a investidura de Pedro Sánchez e o seu capricho de seguir na Moncloa a costa dos cartos de todos os españois e, por suposto, dos galegos”.

Seguir leyendo

Alberto Pazos cuestiona a BNG e PSdeG porque no seu acordo para investir a Sánchez non figuran o traspaso da AP-9, o estatuto das electrointensivas ou fondos europeos para Galicia

O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, lamentou hoxe que BNG e PSdeG “estean máis preocupados por poñerse medallas do acordo asinado para a investidura de Pedro Sánchez que de responder por que non figura neste pacto a transferencia a Galicia da AP-9; a aprobación do estatuto das industrias electrointensivas, que beneficie a empresas como Alcoa ou Stellantis; a concesión de fondos europeos para proxectos tractores de Galicia, como o de Altri, a reposición de traballadores públicos, sobre todo no ámbito sanitario; ou a rebaixa do prezo da luz”.

Seguir leyendo

O presidente Rueda recibe en Bertamiráns o agradecemento da veciñanza polo apoio do Goberno galego ás familias

O autobús de ‘Galicia non para!’ levou esta mañá ao presidente Alfonso Rueda a sumar un novo destino na súa ruta pola Comunidade e o lugar escollido nesta ocasión foi Bertamiráns, no concello de Ames, onde o líder dos populares galegos tivo a oportunidade de recibir o agradecemento da veciñanza polas medidas que está a tomar o Goberno galego a prol das familias.

Seguir leyendo