O PPdeG contrapón o modelo de coidados “desde o berce ata o bastón” do Goberno galego fronte ao “modelo privatizador” do PSOE e o BNG

O Partido Popular de Galicia contrapón o modelo de coidados “desde o berce ata o bastón” impulsado con éxito polo Goberno galego desde hai anos fronte ao “modelo privatizador” que levan a cabo o PSOE e o BNG nas deputacións provinciais e nos concellos onde gobernan.

Esta mañá a secretaria xeral dos populares galegos, Paula Prado, a presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, e o portavoz na Deputación provincial, Antonio Ameijide, mantiveron un encontro con representantes do partido na comarca dos Ancares e con membros da Plataforma Pro Residencia de Becerreá precisamente para abordar esa diferencia de xestión no caso deste centro.

“Estamos aquí para reclamar a apertura desta residencia pero nunhas condicións dignas e en igualdade co resto de residencias da provincia de Lugo”, manifestou Prado en respaldo ás reclamacións do portavoz local, José Fernández Carrete; quen demandou que o centro poida, despois de 4 anos, “prestar o servizo fundamental que demandan e necesitan os veciños de Becerreá e dos Ancares”.

En contraposición a esta situación, a número dous do PPdeG reivindicou o modelo de coidados do Goberno galego: “Un modelo de éxito contrastado que, como Galicia, funciona, e está pensado para acompañar, coidar e mellorar a vida dos galegos e galegas desde o berce ata o bastón”.

“O que non funciona é o modelo ‘Fai o que digo e non o que fago’ que promoven o PSOE e o BNG”, asegurou incidindo nas incoherencias entre o que defenden e o que practican ambas formacións. “Din defender o público e aos traballadores, pero privatizan todas aquelas residencias que poñen en marcha e acumulan denuncias por incumprimentos do convenio salarial por parte do seu persoal”, explicou.

Unha situación que fixo extensiva tamén a outros ámbitos: “Din defender a limpeza nas institucións, pero sosteñen e apoian ao Goberno máis corrupto da historia de España. E din defender os intereses dos galegos, pero consenten que outras comunidades vaian ter máis a costa de que Galicia teña menos cun ‘cupo’ feito á medida do independentismo catalán e a cambio de prolongar un pouco máis a agonía de Pedro Sánchez na Moncloa”.

OS ÉXITOS DO MODELO DE COIDADOS DE GALICIA

Paula Prado reivindicou que o modelo de coidados do Goberno galego, aparte de ser reforzado cada día, ten “un éxito contrastado”. Algo que evidencian os últimos datos coñecidos e que sinalan que Galicia é a comunidade que máis reduciu a súa lista de espera en dependencia no último ano e, en paralelo, tamén a que máis aumentou o número de persoas dependentes atendidas.

Galicia é tamén unha comunidade referente na atención diúrna –a través dos Centros de Día para maiores repartidos por todo o territorio– e líder nacional en acollemento familiar a menores. Grazas, sen dúbida, ao pulo que o Goberno de Alfonso Rueda está dando neste ámbito con medidas como o reforzo do investimento no SAF, a posta en marcha de novas prestacións como o Bono Coidado no Fogar ou o novo plan de residencias que contempla a construción de 24 novos centros e a habilitación de 1.800 novas prazas residenciais.

ELENA CANDIA: “PRIORIZAN OS SILLÓNS ÁS NECESIDADES DA XENTE”

A presidenta provincial do PP de Lugo, Elena Candia, criticou que PSOE e BNG “pensan máis nos seus sillóns que no que realmente necesitan os lucenses” e, como consecuencia disto, que un investimento “tan necesario” como o da residencia de Becerreá “acumule anos de inacción”.

“A presión veciñal é o que está obrigando ao presidente da Deputación a mover ficha, pero nin rectificando acerta, porque o modelo que propón para esta residencia non só é absolutamente distinto ao do resto de centros provinciais, senón que tamén é absolutamente lesivo para a economía das familias”, asegurou incidindo no alto que se contempla para este servizo.

Candia puxo en valor que os votos do PP no último Pleno provincial permitiron frear a aprobación das bases nas que se sustentaba na práctica a privatización da residencia de Becerreá e incidiu no acontecido nesa sesión: “O PSOE non contou con 3 dos seus deputados por unha nova liorta interna e o BNG decidiu votar a favor da privatización aínda sabendo que cos seus votos non sairía adiante a proposta”.

“O BNG priorizou o seu pacto de sillóns fronte aos intereses dos veciños de Becerreá e demostrou que, pese ao que reclama publicamente, cando lle interesa está a favor das privatizacións”, remarcou recordando que só no concello de Lugo “hai máis de 30 servizos que están privatizados e en moitos casos ata sen contrato”.

A líder provincial do PP prometeu que o seu partido será “inflexible e contundente” á hora de demandar a apertura desta residencia e evitar a privatización que supoñen uns prezos “que a maioría das familias desta comarca non poderían pagar”. Por iso reclamou ao Goberno da Deputación que “rectifique a súa postura, respecte á xente, cumpra o que di e abandone a hipocrisía para que os veciños de Becerreá teñan por fin a residencia que merecen”.

ANTONIO AMEIJIDE: “SEGUIREMOS DEFENDENDO A IGUALDADE FRONTE ÁS DIFERENZAS QUE PRETENDE IMPOÑER O GOBERNO PROVINCIAL”

Pola súa banda, o portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, tamén condenou a “incoherencia” do BNG ao “defender un modelo público de residencias de maiores pero votar a favor da privatización do servizo” no centro de atención a maiores de Becerreá logo do seu apoio á memoria sobre a actividade económica e o seu réxime xurídico, que recolle a súa xestión privada con canon cero.

Ameijide lembrou que o Goberno provincial de PSOE e BNG “leva 4 anos con esta infraestrutura pechada por capricho político de José Tomé”. O que supón “impedir o acceso a este servizo a preto de 140 familias –o centro de atención a maiores dispón de 96 prazas de atención residencial e 40 de atención diúrna– e impedir a creación de ducias de postos de traballo”. Nese sentido, lamentou que o Executivo provincial “non ten ningún tipo de intención nin data prevista para a posta en marcha da residencia que demandan os veciños de Becerreá e a comarca”.

“Fronte ao modelo de lucenses de primeira e lucenses de segunda que pretende impoñer o Goberno provincial presidido por José Tomé, desde o PP seguiremos defendendo a igualdade entre todos os concellos da provincia de Lugo”, subliñou ao tempo que reivindicaba “a construción de todas as residencias comprometidas e que nos concellos gobernados polo PP se atopan paralizadas por PSOE e BNG”.

O popular avanzou tamén que a súa formación esixirá “ata o final” que todos os centros da rede provincial presten os servizos para o que foron creados (residencias e centros de día) e co mesmo prezo en toda a provincia: “Non imos permitir que a atención na residencia de Becerreá a unha persoa dependente en Becerreá coste un 60% máis que noutro municipio da provincia como, por exemplo, en Pedrafita do Cebreiro ou Navia de Suarna, a menos de 20 km”. Referíase así ao feito de que, segundo a proposta de socialistas e nacionalistas, a tarifa na residencia de Becerreá ascendería ata os 2.200 €/mes fronte aos 1.390 € establecidos para o resto de centros da rede provincial.

O Partido Popular xa presentou alegacións que foron rexeitadas polo Goberno provincial, que no último Pleno non foi capaz de aprobar de forma definitiva a memoria da actividade económica e réxime xurídico debido á ausencia de tres deputados socialistas. O cal, na opinión de Ameijide, supón “unha evidencia máis da crise interna do PSOE en Lugo”.

O PPdeG enxalza o labor dos seus alcaldes “ofrecendo proximidade, seriedade, xestión e antepoñendo os intereses dos veciños por enriba doutros intereses”

O PPdeG quixo hoxe poñer en valor o traballo diario dos seus alcaldes e alcaldesas en toda Galicia enxalzándoos como os garantes dunha política “de proximidade, seriedade e xestión” e destacando que “sempre poñen os intereses dos veciños por enriba dos intereses partidistas”.

Fíxoo a través da súa secretaria xeral, Paula Prado, que esta mañá participou na segunda edición da Carreira e Andaina Popular Concello da Pastoriza xunto á presidenta de Novas Xeracións de Galicia e deputada autonómica, Nicole Grueira, e o portavoz do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide. Un evento que serviu de homenaxe ao recentemente falecido exalcalde do municipio, Pepe Yáñez, polo que se gardou un minuto de silencio.

Quen durante máis de dúas décadas liderou a Alcaldía da Pastoriza é precisamente, en palabras da número dous dos populares galegos, un dos “referentes” do municipalismo do PPdeG e por iso o seu legado guiará ao partido no proceso de renovación dos equipos de cara as vindeiras elección municipais de 2027.

“Temos que facer fronte a un PSOE totalmente asolado pola corrupción e apoiado nos independentistas, cada vez máis radicalizados”, asegurou Paula Prado en referencia ás críticas do BNG á concesión da Medalla de Galicia á Princesa Leonor. “Nós seguiremos sendo o partido referente e garante da verdadeira Galicia real”, concluíu.

Paradoxos acaídos

Pedro Puy.

No barrio madrileño de Lavapiés, non podía ser noutro, abondan as librarías alternativas especializadas en publicacións antisistema. «Anti» o sistema político vixente, quérese dicir. Presidindo a entrada dunha delas, hai colgada unha gran pancarta que chama a deter o xenocidio en Gaza e a boicotear a Israel. Uns centímetros máis abaixo, na xanela superior da porta desa libraría, outro cartel, este de imprenta e ilustrado cunha tirafonda, e probablemente concibido para a defensa das pequenas tendas de libros, proclama «las librerías contra Goliat». Quen, como é sabido, era un xigantesco guerreiro filisteo, pobo asentado no que actualmente coñecemos como Gaza e que de acordo co relato bíblico declarara a guerra a Israel, e que foi abatido dunha pedrada por un rapaz chamado David, da tribo de Xudá. Un paradoxo acaído, valga o oxímoro.

Sen abandonar a Biblia, dúas personaxes xudías (non se ten certeza de se son o patriarca Abraham e o seu fillo Isaac, ou os profetas Ezequiel e Xeremías) volven á casa. Non eles, senón as súas dúas efixies, talladas en pedra no taller do Mestre Mateo. Segunda reincorporación ao público, de onde nunca deberon saír, de bens apropiados pola familia Franco tras o éxito do pazo de Meirás (con outra ampliación recente polo Tribunal Supremo a respecto dos bens artísticos e documentais sitos nel). Que se saiba, as únicas dúas actuacións exitosas en democracia contra o patrimonio acumulado ilegalmente polo ditador en vida.

Conflúen, en ambas as dúas ocasións, algúns elementos comúns. O primeiro é que ambos procedementos foron levados adiante sobre a base dun amplísimo consenso político baseado nunha previa e rigorosa análise histórica e documental, coa colaboración de varias Administracións de distinta cor política, incluído ese PP que algúns aínda cualifican como herdeiro do franquismo. O segundo é que se seguiron os trámites previstos na lexislación vixente, e a través de procedementos xudiciais. É dicir, desa Xustiza que algúns consideran herdeira do franquismo e practicante do lawfare. Hai aínda outro paradoxo acaído. Unha das chaves para o éxito das demandas que permitiron recuperar o pazo e as esculturas é precisamente que o patrimonio público (os bens demaniais) é inalienable (non se pode vender, salvo por procedementos moi específicos) e imprescritible (non se poden adquirir, tampouco, polo seu uso continuado no tempo, ou usucapión). A inalienabilidade e imprescritibilidade dos bens demaniais foi introducida no dereito administrativo español moderno en 1964, na franquista lei de Patrimonio do Estado.

Queda un último paradoxo por salientar, espero que tamén acaído. Os carteis, as okupacións e as carpideiras («que veñan a toda présa e entoen un pranto por nós, que os nosos ollos se desfagan coas bágoas, que as nosas pálpebras chorreen auga», Xeremías, 9:17) liberan ou activan conciencias. Pero o realmente efectivo neste Estado de dereito no que vivimos, sexa contra Goliat ou contra os abusos na Ditadura, é a fundamentación histórica e científica, o imperio da lei e o consenso. Desde Gaza a Compostela, pasando por Lavapiés, para os grandes retos non hai tirafondas mellor.

O PPdeG amosa o seu rexeitamento a todos e cada un dos acordos políticos “con partidos que manteñen a indignidade, non condenan os asasinatos de ETA e pretenden lexitimar a súa existencia”

O PPdeG conmemorou o 28º aniversario do asasinato de Miguel Ángel Blanco a mans da banda terrorista ETA recordando a súa loita “por manter unha España máis democrática, unida, plural e libre” e facendo un chamamento á sociedade para que non se esquezan “xamais” nin o seu legado nin o seu “exemplo moral e de coraxe democrático”.

Así o puxo de manifesto esta mañá a secretaria xeral do partido, Paula Prado, na homenaxe que os populares galegos fixeron ao político vasco “con profundas raíces galegas” no cemiterio de Faramontaos (A Merca), onde repousan os seus restos. Un acto no que tamén participaron o presidente provincial do PP de Ourense, Luis Menor, o alcalde Manuel Garrido, o exalcalde Manuel Velo e Miguel Ángel López, primo político do homenaxeado, entre outros.

“Non entendemos como hai partidos galegos, como o BNG, aliados con herdeiros de ETA e mesmo asesorados por eles”, asegurou ao tempo que reiteraba o seu rexeitamento a “todos e cada un dos acordos políticos con partidos que manteñen a indignidade, non condenan os asasinatos da banda terrorista e pretenden lexitimar a súa existencia”.

Nesta liña subliñou que o Partido Popular ten “a conciencia tranquila” porque está “onde ten que estar”. Algo que volveu deixar claro hai uns días o presidente nacional do partido, Alberto Núñez Feijóo, ao afirmar que os únicos “cordóns sanitarios” que terá o seu Goberno serán con Bildu e que “nin vai sentarse con ningún representante dese partido nin lles vai abrir o Palacio da Moncloa”.

“Tampouco deberían facelo o PSOE e o BNG”, engadiu Paula Prado argumentando que “non hai nada que falar ata que non pidan perdón a todas as vítimas de ETA e non axuden a esclarecer todos os crimes que custaron a vida a tantas persoas”.

Trátase dunha cuestión que se lle debe, apuntou, a todas as vítimas e en especial a todos os compañeiros de partido que, como Miguel Ángel Blanco, se xogaron a vida pola liberdade. Todos eles merecen, na súa opinión, ser “reparados das humillacións e do esquecemento aos que algúns pretenden condenalas”.

“O prezo que pagaron Miguel Ángel Blanco e todas as vítimas de ETA por defender unha España libre e unida é o mellor recordatorio do valor que ten non renunciar a esta idea e seguir defendéndoa”, concluíu.

LUIS MENOR: «BENEFICIAR A BILDU É MOI DISTINTO A XESTIONAR”

Pola súa banda, o líder do PP de Ourense, Luis Menor, comprometeuse como presidente provincial a “dignificar” o espazo onde se atopa Miguel Ángel Blanco e que “ninguén se esqueza desta traxedia”, citando A Merca como «o símbolo máis representativo da democracia e de todas as liberdades» desde hai 28 anos.

Menor destacou que o concelleiro de Ermua «morreu pola barbarie daqueles que só sabían falar coas pistolas e non coa palabra» e esixiu «dignidade» a aqueles que «pactan cos herdeiros de ETA sen que, en ningún momento, ninguén neste país escoitara pronunciar a palabra perdón».

«Estamos fartos de ver como partidos como Bildu son beneficiados por Pedro Sánchez para seguir ocupando a Moncloa, algo que é moi distinto a xestionar», dixo Menor, e tanto el como Paula Prado tiveron un recordo para Aurelio Garrido, tío materno de Miguel Ángel Blanco, falecido hai apenas un mes. «Desde o PP, temos disposición para darnos sempre cita aquí, para manter vivo o recordo de Miguel Ángel e o que significa na nosa provincia e na nosa Democracia a súa figura», engadiu Menor.

Por último, o alcalde da Merca, Manuel Garrido, lembrouno como un “veciño significado” que “só quería ser libre”, e tamén se comprometeu a seguir homenaxeándoo cada ano: “Meréceo, lembralo é o mínimo que lle podemos dar”.

Os deputados do Grupo Popular animan aos establecementos de venta de peixe e marisco a participar na campaña do Bono Peixe

Os deputados do Grupo Popular María Deza e Raúl Santamaría, acompañados da alcaldesa en funcións de Sanxenxo, Paula Martínez, visitaron a praza de Abastos de Portonovo para animar aos establecementos de venta de peixe e marisco a participar no bono peixe, a campaña impulsada pola Xunta para incentivar o consumo deste produto fresco galego.

María Deza e Raúl Santamaría explicaron que os comercios ou vendedores ambulantes de peixe e marisco fresco que desexen participar nesta campaña da Xunta poderán solicitar a súa inscrición a través da páxina web www.bonopeixe.gal.

PALIAR O DESCENSO DE CONSUMO

Así mesmo, as persoas interesadas en gozar do Bono Peixe poderán descargalo a partir do vindeiro 28 de xullo desde a citada plataforma ou na app móbil, dispoñible tanto para dispositivos Android como iOS. Cada Bono Peixe terá un valor de 50 euros que se irán liberando progresivamente a través do desconto dun 25 por cento na compra realizada ata un máximo de 5 euros por semana, acumulando o importe non gastado nas sucesivas semanas ata un máximo de 25 euros, que poderán gastarse ao longo dun total de 10 semanas ou ata que se esgote o crédito.

“Galicia volve impulsar unha iniciativa pioneira para fomentar o consumo de peixe e marisco frescos e galegos, produtos que son sinónimo de excelencia e calidade, ao tempo que se axuda a paliar o preocupante descenso no consumo destes alimentos que se está a rexistrar”, indicaron os deputados populares.

Millán Mon agarda que a visita do Comisario de Pesca a Galicia se traduza en políticas beneficiosas para a cadea mar-industria

O eurodeputado do PPdeG Francisco Millán Mon acompañou hoxe ao Comisario Europeo de Pesca e Océanos, o chipriota Costas Kadis, na súa primeira viaxe a Galicia, onde visitaron a Lonxa de Vigo e as bateas situadas na ría.

“Foi unha boa oportunidade para que o Comisario coñecera de primeira man o bo traballo dunha parte fundamental da cadea mar-industria galega, así como a importancia do Porto de Vigo, cidade que é capital europea da pesca”, sinalou Millán Mon.

O eurodeputado pontevedrés mostrou a súa esperanza en que os contactos mantidos polo Comisario cos representantes do sector foran útiles para coñecer as súas prioridades e necesidades.

Así mesmo, subliñou a importancia de que esta visita se traduza en resultados concretos: “Agardamos unha lexislación europea que favoreza unha cadea-mar industria máis próspera e sostible, acompañada dun apoio financeiro que estea á altura dos grandes retos que afronta o sector”, dixo.

Millán Mon volveu a incidir na necesidade de reformar a lexislación para excluír o palangre do veto á pesca de fondo nas 87 áreas do Atlántico Nororiental. “É necesario un cambio nesta normativa que penaliza o palangre de fondo, un arte moi selectivo e cun impacto moi reducido no medio mariño”, concluíu. 

Alberto Pazos critica que o BNG “pise o acelerador” no seu apoio e defensa de Pedro Sánchez, amosando que “son os mellores e máis submisos cómplices de toda a corrupción que lle arrodea”

O portavoz do Grupo Popular, Alberto Pazos, criticou hoxe que o BNG “pise o acelerador” no seu apoio e defensa do Goberno de Pedro Sánchez, amosando que son “os seus mellores e máis submisos cómplices de toda a corrupción que lle arrodea”. “Só nos queda dicirlles que xa está ben de tomar aos galegos por parvos, se deixen de insultos, de bulos e de difamacións e, sobre todo, de falso puritarismo”, apuntou.

Alberto Pazos comezou a súa intervención salientando que no Congreso do Partido Popular celebrado o pasado fin de semana “quedou patente a importancia e o peso do PPdeG” e amosou a “enorme satisfacción porque as dúas persoas que neste momento están á fronte do Partido Popular sexan galegas, e, ademais, ex deputados deste Grupo Parlamentario”.

MELLORES COLABORADORES

“Tanto Alberto Núñez Feijóo como Miguel Tellado saben perfectamente que en Galicia contan cos seus mellores colaboradores para levar adiante todo aquilo que consideren oportuno para acadar o obxectivo de gobernar España, para que este país volva ser un referente a nivel internacional de estabilidade e de políticas pioneiras nos ámbitos sociais e económicos, e deixe de ocupar portadas e apertura de informativos en radios e televisións polos casos de corrupción e políticas indecentes que neste momento protagoniza o Goberno de Pedro Sánchez e o Partido Socialista”, apuntou.

Respecto do Pleno celebrado esta semana no Congreso sobre a corrupción, o portavoz popular asegurou que todas as medidas anunciadas por Pedro Sánchez son pura maquillaxe política para saír ao paso da crecente preocupación social que invade á cidadanía española, porque a única solución que existe nestes momentos é que o Presidente do Goberno dea o seu brazo a torcer, disolva as Cortes Xerais e convoque eleccións para que todos os españois poidamos decidir en mans de quen queren depositar o seu goberno e o futuro de España”.

“Falamos de medidas insuficientes, redundantes e que xa existen porque hai que ter presente que Galicia xa se dotou hai 10 anos dun ambicioso programa de impulso democrático, impulsado polo daquela Presidente da Xunta, Alberto Núñez  Feijóo, que incluíu 5 novas leis e 50 medidas específicas para a mellora da calidade democrática na Comunidade galega, todas elas aprobadas co voto favorable do Partido Popular, lembrou.

ACTITUDE DEPLORABLE DO BNG

Diante desta situación, Alberto Pazos considerou “deplorable” a actitude do BNG respecto da situación política que se vive a nivel nacional e o seu apoio submiso ao Goberno de Pedro Sánchez. “Os nacionalistas galegos seguen aí, pisando o acelerador na súa defensa de Pedro Sánchez sen ter en conta que están apoiando a un Goberno cada día máis asolagado pola corrupción e aumentando a súa complicidade”, manifestou.

“O único que se lle ocorre para tapar as vergoñas do Goberno de Pedro Sánchez é traer ao Parlamento galego unha iniciativa para crear nesta comunidade unha oficina antifraude, co argumento de que se a corrupción inunda o PSOE, corramos un tupido velo e investiguemos ao PP en Galicia”, sinalou.

Por outra banda, Alberto Pazos dixo que a debilidade do Goberno de Pedro Sánchez obrigaralle a vindeira semana a facer novas concesións aos independentistas vascos e cataláns a través de novas transferencias ou dun financiamento singular. Neste sentido, subliñou que “o que están a pedir, non só as comunidades autónomas gobernadas polo Partido Popular senón tamén as socialistas, é que se abra unha negociación conxunta con todas as autonomías para o establecemento dun novo modelo de financiamento autonómico, pero a Pedro Sánchez só lle interesa manterse na súa poltrona na Moncloa e para iso élle imprescindible contentar e conceder todo o que lle pidan aos seus socios vascos e cataláns”.

“España non pode seguir nas mans dunha marioneta chamada Pedro Sánchez manexada ao seu antollo polos nacionalistas vascos e os independentistas cataláns, polo que é necesario e moi urxente que España teña un Goberno forte, que poida tomar as decisións que máis conveñan ao conxunto dos españois. E ese goberno, neste momento, so é posible da man de Alberto Núñez  Feijóo e do Partido Popular”, asegurou.

APOIO Á DEPUTADA NICOLE GRUEIRA

Por último, Alberto Pazos amosou o máximo apoio e respaldo do Grupo Popular á deputada popular Nicole Grueira polos ataques machistas e faltas de consideración continuas que está a sufrir como portavoz do PP de Pol por parte do alcalde deste concello lucense, “máis preocupado por insultar e faltar ao respecto da nosa compañeira que en atender as solicitudes de información e levar adiante as actuacións que son necesarias para mellorar o benestar dos veciños de Pol”. Así, pediu aos responsables do PSdeG que “tomen as medidas oportunas porque me parece que o paternalismo, machismo e falta de respecto amosado por este alcalde contra esta compañeira é deleznable”.

O PPdeG lamenta que PSdeG e BNG sigan mantendo o seu apoio “cómplice” á corrupción dun Pedro Sánchez que “xa debería estar facendo a maleta para deixar a Moncloa”

O Partido Popular de Galicia lamenta que, tras o acontecido onte no Congreso dos Deputados, tanto o PSdeG como o BNG sigan mantendo o seu apoio “cómplice” a un Pedro Sánchez “cada día máis afogado pola corrupción” e “carente de credibilidade” en vez de “axudalo a facer a maleta na Moncloa”.

“Quedou constatado unha vez máis que tanto os socialistas como especialmente os independentistas son cómplices necesarios dun Goberno corrupto nun momento no que xa non hai motivos para apoialo”, incidiu a secretaria xeral Paula Prado esta mañá en declaracións aos medios en Trazo.

A número dous dos populares galegos visitou este concello xunto ao secretario xeral do PP na provincia da Coruña, Evaristo Ben, e aproveitou para poñer en valor que a alcaldesa Fina Suárez é unha das 30 rexedoras que fan do PPdeG “o partido con máis alcaldesas de Galicia”. De feito, neste caso, Suárez conta cun 59% de apoio electoral e goberna con 8 dos 11 concelleiros que integran a Corporación.

“Somos os garantes dun feminismo e dunha igualdade reais que se apoian en mulleres valentes e con capacidade de liderado”, subliñou Prado poñendo como proba dilo que tanto a alcaldesa de Trazo como a de San Cibrao das Viñas, Marta Nóvoa, son dúas das 10 alcaldesas e alcaldes que, por designación do presidente Feijóo, veñen de integrarse por primeira vez na Xunta Directiva Nacional do Partido Popular en representación dos pequenos municipios de España.

Trátase dunha das grandes novidades dos Estatutos do Partido Popular e que foi posible grazas a unha emenda que tamén foi impulsada desde o PPdeG porque, tal e como explica Paula Prado, “nin Galicia se entende sen os seus concellos rurais nin o Partido Popular sen as medidas pensadas para vivir no rural e do rural”.

“Reivindicámonos como o partido do rural porque somos o único que ten en conta os servizos de proximidade, os beneficios fiscais ou a remuda xeracional no agro”, remarcou incidindo en que o Partido Popular, ao igual que fai en Galicia, quere gobernar para o rural de toda España.

Algo que, sen dúbida, quedou claro no último Congreso Nacional do partido e que a secretaria xeral do PPdeG cualifica como “o máis galego da historia” na medida en que foi “o Congreso de Feijóo, de Miguel Tellado, da ‘Rianxeira’ e do que saíu o equipo que máis pronto que tarde chegará a gobernar España”.

A PRESENZA DO RURAL NO PROXECTO POPULAR

Pola súa banda, Fina Suárez quixo manifestar o seu orgullo e agradecemento tanto ao presidente Alfonso Rueda como ao presidente Alberto Núñez Feijóo por brindarlle a oportunidade de “representar ás mulleres do rural e a concellos que, como Trazo, traballan desde a proximidade e a boa xestión”.

Como nova integrante da Xunta Directiva Nacional do partido en representación dos pequenos concellos, comprométese a “seguir loitando con esforzo, dedicación e ilusión para que o rural perdure, teña presenza e sexa respectado”.

Millán Mon defiende en el Parlamento Europeo las prioridades de Galicia para la futura PAC

El eurodiputado popular Francisco Millán Mon participó hoy, en el pleno del Parlamento Europeo en Estrasburgo, en un debate sobre la Política Agraria Común post-2027, en presencia del Comisario de Agricultura y Alimentación, Christophe Hansen.

Millán Mon defendió las prioridades de Galicia en este debate, empezando por la financiación en el próximo Marco Financiero Plurianual. “Necesitamos una PAC sólida, con ayudas directas, en especial, para los pequeños agricultores, las explotaciones familiares y para los agricultores y ganaderos de zonas montañosas”, apuntó. También pidió el mantenimiento del pilar de desarrollo rural, importante para una región como Galicia.

El eurodiputado gallego celebró que la próxima PAC vaya a ser más simple y menos burocrática. “Desde el Partido Popular Europeo lo hemos pedido en múltiples ocasiones”, subrayó. Y reclamó una PAC adaptada a la realidad de la agricultura en cada región, para evitar que las medidas acaben siendo contraproducentes.

Como ejemplo, citó el monitoreo por satélite y señaló: “En Galicia, el minifundismo y los numerosos días nublados provocan errores en el monitoreo por satélite, que se introdujo para evitar controles in situ. Esto acaba obligando a muchos agricultores a presentar alegaciones, es decir, más burocracia”.

Millán Mon finalizó insistiendo en la necesidad de una PAC flexible: “Por ejemplo, las llamadas ‘islas de biodiversidad’ se compaginan mal con los minifundios y el clima de mi tierra, Galicia”, concluyó.

Millán Mon señala que mientras el BNG «esparce falsedades» sobre la lucha contraincendios, Galicia se consolida como una «referencia internacional»

El eurodiputado popular Francisco Millán Mon participó, en el pleno del Parlamento Europeo en Estrasburgo, en un debate sobre la preparación de la UE para la próxima temporada de incendios forestales.

Millán Mon pidió una respuesta coordinada a nivel europeo para unos incendios forestales “cada vez más frecuentes y devastadores”. En el marco de la llamada “Unión de Preparación”, se refirió a la importancia de una buena prevención, “pero no es suficiente. También debemos ser capaces de reaccionar con eficacia en la extinción”, subrayó.

El eurodiputado gallego apuntó a los elevados costes de la extinción de incendios, que sufragan en solitario las comunidades autónomas, que son las competentes en esta materia. “Los fondos Feder deberían poder ser usados también para la extinción, no solo para la prevención”, solicitó Millán Mon, que también celebró el impulso al instrumento RescEU, que dotará a la UE de una flota permanente de aviones y helicópteros de extinción de incendios.

Posteriormente, refiriéndose a Galicia, el eurodiputado popular denunció las falsedades pronunciadas poco antes por la eurodiputada del BNG, Ana Miranda: “No me puedo detener en las falsedades que acaba de esparcir una diputada gallega que quiere hacer olvidar el fracaso del Gobierno bipartito en la extinción de incendios de 2006 y que contrasta con el buen hacer de la Xunta de Galicia del Partido Popular”, subrayó Millán Mon.

El eurodiputado pontevedrés aprovechó para destacar que en Galicia se encuentra el Centro Integral de Lucha contra el Fuego, situado en el municipio ourensano de Toén, “que se está consolidando como un auténtico campus internacional de referencia para la formación conjunta. Este año, recibirán allí a bomberos forestales de Estonia y Países Bajos”, concluyó Millán Mon.