Skip to content

«Non me consta», as cinco horas de evasivas e propaganda de Sánchez

José Manuel Barreiro.

A comparecencia de Pedro Sánchez no Senado foi un claro retrato do seu Goberno: arrogancia, propaganda e cero rendición de contas. Máis de cinco horas de intervención para non dicir nada, para esconderse detrás dun «non me consta» que xa simboliza toda una forma de gobernar: negar a realidade e seguir aferrado ao poder.

O Senado esperaba explicacións sobre o caso Koldo, pero Sánchez decidiu non dar a cara ante  un escándalo que salpica directamente ao corazón do PSOE.  A verdade é que mentres milleiros de cidadáns sufrían as consecuencias da pandemia, o seu Goberno adxudicaba máis de 50 millóns de euros a unha trama de corrupción ligada a persoas do seu entorno máis próximo e Pedro Sánchez pretende convencernos de que non sabía nada.

O presidente do Goberno converteu o Senado nun circo. Coas gafas na man e un discurso cheo de evasivas, intentou distraer a atención da opinión pública. O seu obxectivo era claro: agochar a verdade e gañar tempo, pero o tempo xa non xoga ao seu favor. A xa mermada credibilidade do presidente Sánchez quedou polo chan.

O único que recoñeceu foi que recibiu pagos en metálico do PSOE e fíxoo unhas horas antes de que a Audiencia Nacional decidira investigar se houbo financiamento ilegal no seo do Partido Socialista. Pedro Sánchez non pode esconderse tralo «non me consta» cando a Garda Civil, os tribunais e os medios de comunicación están destapando unha rede de corrupción que operaba ás portas da Moncloa.

O Senado non viu a un líder sereno nin a un estadista comprometido, senón a un presidente á defensiva, superado polos acontecementos e sen argumentos para xustificar o inxustificable. A transparencia non é unha opción para quen goberna, é unha obriga democrática. Cando un presidente prefire o silencio á explicación,  a sombra á luz, está a recoñecer que algo ten que agochar. Por iso hoxe Pedro Sánchez é un presidente debilitado, con escaso apoio parlamentario e cada vez menos crédito moral ante a cidadanía.

Sánchez tivo a oportunidade de demostrar que aínda quedaba nel un mínimo de decencia pero preferiu volver mirar cara outro lado. E cando un presidente deixa de enfrontar a verdade, deixa tamén de merecer o respecto do seu pobo. España necesita un goberno que respecte as institucións e fale con claridade. España non merece un presidente do «non me consta» senón un Goberno do si me fago responsable.

Noticias recomendadas

El PP blindará legalmente el mapa concesional de transporte de viajeros por carretera para mantener su actual configuración frente al recorte que pretende Puente
La portavoz del Grupo Parlamentario Popular en el Senado, Alicia García, ha anunciado hoy que el PP, a través de sus enmiendas a la Ley de Movilidad Sostenible, “blindará legalmente
Rueda subliña a diferenza entre un PPdeG que “cre que gobernar e xestionar é fundamental” e os partidos que “polarizan e están todo o día á gresca”
O presidente Alfonso Rueda subliñou hoxe o seu desexo de que “se vexa cada vez máis a diferenza entre os que cren que gobernar e xestionar o día a día
O PPdeG destaca o compromiso da Xunta coa atención sanitaria en Porto do Son, que se traduce nos 600.000 euros para o novo centro de saúde que figuran nos Orzamentos de 2026
Os deputados do PPdeG Ángel Rodríguez e Magdalena Pérez, acompañados polo alcalde Luis Oujo, destacaron hoxe o compromiso da Xunta de Galicia coa mellora da prestación sanitaria que reciben os
Para brindar las mejores experiencias, utilizamos tecnologías como cookies para almacenar y/o acceder a la información del dispositivo. El consentimiento para estas tecnologías nos permitirá procesar datos como el comportamiento de navegación o identificaciones únicas en este sitio. No dar su consentimiento o retirarlo puede afectar negativamente a ciertas características y funciones. Ver más
Configuración de cookies
Aceptar
Rechazar
Política de Cookies
Política de privacidad y cookies
Nombre de la cookie Activa
PHPSESSID
A través da presente Política de Cookies, o PARTIDO POPULAR (en adiante, o PP ou a Entidade) garante o cumprimento da normativa aplicable. A presente Política de Cookies, poderá ser modificada en calquera momento por razóns legais ou normativas, por motivos técnicos ou por cambios na prestación dos servizos do Sitio web. Cando isto ocorra e co obxectivo de avisarlle, publicarémolo no propio Sitio. Se continúa utilizando os servizos do Sitio web, entenderemos que aceptou as modificacións introducidas.

1. Que son as cookies?

Co obxectivo de garantir a súa privacidade, informámoslle que en www.ppdegalicia.com utilizamos cookies que nos permiten facilitarlle o uso e navegación a través da páxina web; garantir o acceso a determinadas funcionalidades e, adicionalmente, axúdannos a mellorar a calidade da páxina de acordo aos hábitos e estilos de navegación dos usuarios. Unha cookie é un ficheiro que se descarga no seu terminal (xa sexa un computador, Smartphone ou tableta) cando accede a unha páxina web e que permite ao titular da devandita páxina almacenar ou recuperar determinada información sobre múltiples variables, por exemplo: o número de veces que a páxina foi visitada polo usuario, identificar o usuario rexistrado, garantir a sesión do usuario mentres navega pola páxina, permitir que se realicen operacións de forma segura e estable, conectar con aplicacións como redes sociais, etc. Como se indicou, as cookies ofrecen información sobre os hábitos de navegación dos usuarios e en consecuencia poden afectar á privacidade dos mesmos, por este motivo, desde o PP queremos ofrecerlle a información necesaria sobre a tipoloxía de cookies utilizada na nosa páxina web, para que vostede teña plena capacidade de decisión en relación ao uso das mesmas e en relación á protección da súa privacidade.

2. Tipoloxía de cookies empregadas

A continuación ofrecémosche información sobre o tipo de cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com e a finalidade das mesmas:
  • Cookies de sesión: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para solicitar e almacenar datos mentres o usuario accede a unha páxina web. Como o seu propio nome indica, estas cookies almacénanse no seu terminal ata que finalice a sesión de navegación do usuario.
  • Cookies analíticas: son un tipo de cookies deseñadas e utilizadas para o seguimento e análise do comportamento dos usuarios. Este tipo de cookies ofrecen ao titular da páxina a medición da actividade no sitio web a través de información agregada ou de carácter estatístico. En www.ppdegalicia.com utilízanse para esta finalidade, as cookies de Google Analytics que teñen distintos prazos de caducidade en función da información que ofrecen á Entidade. Se precisa obter máis información sobre o funcionamento deste tipo de cookies, recomendámoslle que consulte este enlace http://www.google.com/intl/es/analytics/privacyoverview.html Cookies técnicas: Son aquelas que permiten ao usuario a navegación a través da páxina web e a utilización das diferentes opcións ou servizos que nela existen como, por exemplo, controlar o tráfico e a comunicación de datos, utilizar elementos de seguridade durante a navegación, lembrar as preferencias do usuario respecto das cookies, permiten proporcionar a correcta reprodución dos contidos multimedia.

3. Quen utiliza as cookies?

A información que se recaba a través das cookies de www.ppdegalicia.com pode ser utilizada tanto polo titular da páxina web como por terceiros.

4. Xestión das cookies

Tendo en conta a información facilitada a través da presente Política de Cookies, a continuación ofrecémoslle información sobre como pode levar a cabo a xestión das cookies utilizadas en www.ppdegalicia.com a través das diferentes opcións que ofrecen os navegadores máis comúns (Explorer, Firefox e Chrome). Se se impide a instalación de todas as cookies da páxina web, algunhas funcionalidades da mesma, así como algúns contidos poden verse afectados.

Como visualizar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:

Como eliminar as cookies

Para restrinxir ou bloquear as cookies, vostede deberá modificar a configuración do navegador que utilice no seu terminal, xa sexa ordenador, smartphone ou tablet. Con carácter xeral os navegadores ofrecen as seguintes opcións de configuración en relación á instalación de cookies:
  • Que o navegador rexeite todas as cookies e por tanto, que non se instale ningunha cookie de ningunha páxina web no seu terminal.
  • Que o navegador avíselle antes de que se produza a instalación da cookie para que vostede decida se acepta ou non a instalación da mesma.
  • Que o navegador unicamente rexeite as cookies de terceiros dos sitios web que visita pero non as utilizadas polo sitio web polo que vostede navega.
  • A opción de navegación en modo privado mediante a cal, as cookies instálanse no terminal pero elimínase de maneira automática cando finaliza a navegación pola páxina web:
* Google Chrome: https://support.google.com/chrome/answer/95464?hl=es * Mozilla Firefox: https://support.mozilla.org/es/kb/navegacion-privada-navega-en-la-web-sin-guardar-in?redirectlocale=en-US&as=u&redirectslug=Private+Browsing&utm_source=inproduct * Internet Explorer: http://windows.microsoft.com/es-ES/windows-8/help-protect-yourself-ie-10?ocid=IE10_priv_browsing#firstTabControl=tab1 * Safari: http://support.apple.com/kb/PH1191
Guardar ajustes
Configuración de cookies