PAULA PRADO DEL RÍO
Naceu en Santiago de Compostela en 1971. Licenciada e doutora en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, Máster en Igualdade de Oportunidades, Xénero e Educación Social tamén pola USC. Avogada especialista en Dereito Civil e de Familia.
Foi concelleira en Santiago desde maio de 2007, tamén foi voceira do grupo municipal e da Xunta de Goberno Local. Voceira do PPdeG desde xanerio do 2013 a xuño do 2014.
Deputada no Parlamento de Galicia na VIII, IX e X lexislaturas, nas que desempeñou os cargos de vicevoceira segunda do Grupo Popular e voceira das áreas de Igualdade, Xustiza, Interior, Administracións Públicas, Emigración, Presidencia e Vicepresidencia.
Na X lexislatura ostentou a presidencia da Comisión non permanente para a igualdade e para os dereitos das mulleres.
Foi elixida senadora o 20 de decembro de 2015 e desempeñou o cargo de voceira adxunta do GPP ata o 20 de outubro de 2016, sendo vocal das Comisións Constitucional, de Interior, de Justicia, General de las Comunidades Autónomas y del Reglamento.
No PPdeG, actualmente é a súa coordinadora interparlamentaria e forma parte do Comité de Dirección autonómico.