ELENA SUÁREZ SARMIENTO

05
Mar

ELENA SUÁREZ SARMIENTO

León, 1965. Diplomada en Profesorado E.X.B., Máster en Dirección e Xestión de Servizos Sociais. Técnico superior en Prevención de Riscos Laborais.

Foi secretaria xeral de Novas Xeracións de Vilagarcía de Arousa. Membro de todos os Comités Executivos de Vilagarcía de Arousa con diferentes cargos de responsabilidade dende 1983 ata a actualidade. Concelleira delegada das áreas de Traballo, Benestar, Igualdade e Deportes - Concello de Vilagarcía de Arousa (dende xuño de 2011 ata xuño de 2015). Tenente de alcalde do Concello de Vilagarcía de Arousa (dende febreiro de 2013 ata xuño de 2015).

Voceira municipal do grupo do PP no Concello de Vilagarcía entre 2017 e 2019. Formou parte da candidatura ao Congreso nas eleccións xerais de abril e de novembro de 2019.

Comparte: