Ampliación da vantaxes ao Carné Xove para promover descontos no ámbito cultural, no aloxamento, transportes, comercio ou ensino

14
Xul

Ampliación da vantaxes ao Carné Xove para promover descontos no ámbito cultural, no aloxamento, transportes, comercio ou ensino

Incorporar máis vantaxes ao Carné Xove para seguir promovendo entre as novas xeracións descontos no ámbito cultural, no aloxamento, nos transporte, no comercio ou no ensino 

 

A Xunta de Galicia reforzou este ano a súa aposta polos programas de voluntariado, tempo libre e educación non formal que teñen todos eles un impacto directo sobre a formación en valores da mocidade galega. Con este obxectivo, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado consolida un presuposto de 17,6 millóns de euros.


Varias iniciativas dirixidas á mocidade neste contexto de pandemia, como unha programación de lecer educativo e a ampliación do Plan de formación online para mocidade e voluntariado.

O pasado mes de decembro de 2020 a conselleira de Política Social presentou as novidades do Carné Xove:

 
- A primeira delas é que o Carné Xove será gratuíto, indefinido e accesible ao 100% das mozas e mozos galegos de entre 12 e 30 anos. Isto é arredor de 400.000 persoas. De feito, xa está chegando aos fogares galegos e nos vindeiros meses completarase o envío ao 100% da mocidade da Comunidade.
- En segundo lugar, poñerase en marcha unha aplicación móbil que permitirá ter acceso a descontos e promocións xeolocalizados;

- E en terceiro lugar, a Consellería de Política Social asinou un convenio de colaboración coa Federación de Jóvenes Empresarios para impulsar o comercio local, que permitirá que os usuarios do Carné Xove poidan ter acceso a descontos nas empresas adheridas.

Con estas vantaxes, o Goberno galego busca facer o Carné Xove máis accesible, adaptado aos novos tempos e eliminar atrancos para a súa obtención.

Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte proposición non de lei en Comisión:


“ O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a continuar incorporando máis vantaxes ao Carné Xove para seguir promovendo entre as novas xeracións descontos no ámbito cultural, no aloxamento, nos transportes, no comercio ou no ensino”.

Rexistro iniciativa: https://www.parlamentodegalicia.es/Rexistros/G9L01GjVxu7CFnxtooMBfyRosFkiaMRIqMWKevHJA4A=

 

Comparte: