Reactivación de unidades móbiles que levan ata a porta das persoas maiores que viven no rural servizos gratuítos

06
Out

Reactivación de unidades móbiles que levan ata a porta das persoas maiores que viven no rural servizos gratuítos

Iniciativa sobre  as medidas que debe levar a cabo a Xunta de Galicia para reactivar determinadas unidades móbiles que levan ata a porta das persoas maiores que viven no rural servizos gratuítos, como o de oftalmoloxía, podoloxía ou atención ao Alzheimer, sanitarios e de apoio

 

O Goberno galego centra os seus esforzos en aumentar os servizos que pon a disposición das persoas maiores, para que sexan elas as que escollan cal é o máis convinte.


Porque cando lles preguntamos aos nosos maiores como e onde queren pasar esta etapa das súas vidas a resposta máis común é que prefiren quedarse nas súas casas, ao carón da súa xente e na súa contorna de sempre.


Neste sentido, a Xunta de Galicia puxo en marcha un programa que leva a domicilio servizos gratuítos e de apoio ás persoas maiores que viven en parroquias rurais.

 

Unidades móbiles que levaron ata a porta das persoas maiores de 55 anos do rural galego servizos para os que era necesario desprazarse: servizo de oftalmoloxía, como poden ser gradación e revisión da vista; de podoloxía; de prevención do alzhéimer e
servizos de apoio persoal e asesoramento en diversos temas, como por exemplo as facturas de servizos da auga ou da luz, no tema das receitas médicas ou servizos bancarios.


Este programa votou a andar en xuño de 2019 e atendeu a máis de 2.100 persoas de 20 concellos do rural galego, que manifestaron a boa acollida que tivo este proxecto.


Cada servizo móbil constaba de dous profesionais polo menos, especializados na atención de persoas con Alzhéimer e outras enfermidades neurodexenerativas, con servizos prestados por profesionais especializados para a realización de probas de valoración cognitiva, exercicios e fichas de estimulación cognitiva e actividades de estimulación funcional.


Con este programa, a Xunta de Galicia deu un paso máis no seu compromiso de facer realidade o desexo maioritario dos nosos maiores de permanecer preto das súas casas; ben atendidos, con todos os servizos ao seu alcance e nas mellores condicións.


E tamén avanzouse no obxectivo de ter un rural amigable e coidadoso coas galegas e galegos de máis idade, así como o de ter un rural vivo, dinámico e con futuro.


Por todo o exposto, o Grupo Parlamentario Popular presenta a seguinte proposición non de lei en Comisión:


“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a reactivar, a medida que se normalice a situación sanitaria, as unidades móbiles que levan ata a porta das persoas maiores que viven no rural galego, servizos gratuítos como o de oftalmoloxía, podoloxía ou atención ao alzhéimer, e servizos de apoio, có fin de facerlles a vida máis doada sen ter que desprazarse fóra da contorna”.

 

Rexistro: https://www.parlamentodegalicia.es/Expedientes/11/PNC-001659

 

Comparte: