O Parlamento galego demanda ao Concello de Ares que acondicione a parcela prevista para a ampliación do CPI As Mirandas

07
Mai

O Parlamento galego demanda ao Concello de Ares que acondicione a parcela prevista para a ampliación do CPI As Mirandas

Santiago, 7 de maio de 2021.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de lei, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o BNG, a través da que se solicita ao Concello de Ares que realice, á maior brevidade de tempo posible, a obra de acondicionamento da parcela prevista para a ampliación do CPI As Mirandas. Unha vez realizada á cesión destes terreos, a Xunta licitará, proxectará, contratará e iniciará esta obra de maneira prioritaria, coa finalidade de dispoñer das novas instalacións educativas o antes posible.

O portavoz de Educación do Grupo Popular, Ovidio Rodeiro, subliñou que “a Xunta ten blindada esta obra de ampliación do CPI As Mirandas de Ares desde o ano 2012 e está pendente de que o Concello facilite os terreos necesarios”. En concreto, esta obra figura na planificación das actuacións en infraestruturas educativas 2021-2024 da Consellería de Educación, con determinación tanto da superficie necesaria como un orzamento estimado para a realización da actuación.

 

“Pero para isto é necesario que o Concello de Ares ceda á Xunta os terreos que permitan a ampliación do centro, rematando os traballos previsto para desviar o vial que posibilitará que a parcela prevista reúna as condicións necesarias”, sinalou Ovidio Rodeiro.

Comparte: