O Grupo Popular reitera a demanda de máis MIR e eliminar as taxas de reposición para corrixir o déficit de profesionais en atención

25
Nov

O Grupo Popular reitera a demanda de máis MIR e eliminar as taxas de reposición para corrixir o déficit de profesionais en atención

Santiago, 25 de novembro de 2021.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo insistiu hoxe no Parlamento galego que “o déficit de profesionais en atención primaria é común aos 17 sistemas sanitarios de España e hai dúas maneiras de corrixilo: con máis prazas de MIR e coa eliminación das taxas de reposición”. Así mesmo, sobre a atención sanitaria en Noia e Outes, asegurou que “a Consellería está a poñer solucións e ningún neno ou nena quedou sen atender nestes concellos”.

Rodríguez-Vispo lembrou que a Xunta “xa remitiu este ano a documentación para incorporar na nova convocatoria 64 novas prazas de formación para médicos especialistas en medicina familiar e comunitaria, sen que ata o momento se teña recibido resposta algunha por parte do Goberno central”.

 

“Os recursos hai que xestionalos da mellor forma para conseguir dar o mellor servizo á poboación, e isto é o que se está a facer desde o Goberno galego”, sinalou a deputada popular. Así, concretou que Galicia conta cunha ratio de pediatría de 804 TICs, moi por baixo dos 1.000 fixados para 2022 no marco estratéxico para atención primaria polo Ministerio de Sanidade.

 

No caso concreto de Noia e Outes, Marta Rodríguez-Vispo asegurou que o Sergas “cubre as necesidades tanto de enfermería como de pediatría, optando polas intersubstitucións ou prolongación de xornadas ao non haber pediatras nas listas de contratación, do mesmo xeito que se está a facer en todos os sistemas de saúde”.

Comparte: