19 Congreso extraordinario do PP de Ourense
Sábado, 13 de xullo de 2024.
19º congreso extraordinario do pp de ourense
ourense. 13 de xullo de 2024
O Comité Executivo do Partido Popular de Galicia, en sesión celebrada en Santiago de Compostela, acordou que o 19 Congreso Provincial Extraordinario do Partido Popular de Ourense teña lugar na cidade de Ourense o vindeiro sábado, día 13 de xullo de 2024.
Mediante acordo da Comisión Organizadora de 21 de xuño de 2024, o lugar de celebración do plenario do Congreso será o Pazo de Deportes Paco Paz da cidade de Ourense.
Mediante acordo unánime da Comisión Organizadora de 1 de xullo de 2024, o lema do Congreso será “Construíndo un Ourense da xente”.
PROPOSTA DE MESA DO XIX CONGRESO
Por acordo unánime da COC do 9 de xullo, a proposta de Mesa do Congreso Provincial que será sometida á votación dos/as compromisarios/as é a seguinte:
Presidente: Don Miguel Ángel Santalices Vieira
Vicepresidenta: Dona Belén Iglesias Cortés
Secretario: Don Manuel Pardo Cid
Vogais: Don Alejandro Pérez Martínez
(membro da C.O.C.): Dona Rosa Quintana Carballo
COMO PARTICIPAR
O prazo de inscrición dos electores que elixiran ao novo/a Presidente/a e aos/ás compromisarios/as do Congreso rematou o venres 28 de xuño.
Se non te inscribiches, podes asistir ao Congreso como convidado/a cumprimentando o formulario do apartado “Convidados”
COMPROMISARIOS
QUEN PODE SER ELIXIDO/A COMPROMISARIO/A?
O venres 28 de xuño rematou o prazo de inscrición de candidatos/as a compromisarios.
ACORDO DA COC DE 1 DE XULLO SOBRE INSCRICIÓN DE COMPROMISARIOS/AS
Logo de rematar o prazo habilitado para a presentación de inscricións como compromisario/a, a COC deu por nomeados/as compromisarios as persoas que se inscribiron debidamente como tal no proceso e teñen as cotas ao corrente de pagamento.
Unicamente se require a celebración de asemblea para a elección decompromisarios/as na Xunta Local da Rúa, polo que se constituirá unha mesa o xoves, 4 de xullo, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas, na sede local do PP do Barco de Valdeorras, sita en r/ Laura Olmo, nº 2, 1º D (O Barco de Valdeorras),
A mesa de votación estará composta por:
José Manuel García Fernández, presidente;
Pablo Pérez Pérez, secretario;
Joana Gómez Díaz, vogal;
Avelino García Ferradal, vogal.
Por último, realizado o sorteo, as papeletas confeccionaranse ordenando alfabeticamente os/as candidatos/as a compromisarios/as comezando pola letra “L”
Podes ler o texto completo do acordo aquí
DESIGNACIÓN DOS MEMBROS DAS MESAS ELECTORAIS PARA AS VOTACIÓNS DOS COMPROMISARIOS E COMPROMISARIAS
En virtude do establecido no artigo 27 do Regulamento do 19 Congreso Provincial Extraordinario do Partido Popular de Ourense, habilitaranse un total de dez mesas de votación.
Estarán distribuidas por arde alfabética de apelidos dos/as compromisarios/as, no mesmo lugar onde se acreditaron como tal para acceder ao Congreso.
A proposta da COC das persoas e os cargos a desenvolver por cada unha delas que integrarán esas Mesas de Votación, acordada o 9 de xullo , é a que segue (consúltaa en detalle aquí):
CONVIDADOS
ASISTE COMO CONVIDADO/A AO 19 CONGRESO EXTRAORDINARIO
Estaríamos encantados de que nos acompañases nesta ocasión tan especial, xunto aos compañeiros de toda a provincia e tamén do Partido Popular de Galicia e de toda España.
Para facelo, podes inscribirte como convidado/a no seguinte formulario
ELECCIÓN DO PRESIDENTE/A
QUEN PODE SER ELIXIDO PRESIDENTE/ A?
Poderán presentarse como candidatos/ as á Presidencia Provincial todos/as os/as afiliados/ as que o desexen e que cumpran coa condición de elixible (ao corrente de pagamento das súas cotas e que leven máis de 12 meses afiliados/ as ao Partido). Para ser proclamado/ a precandidato/ a á Presidencia Provincial do Partido será necesario presentar o apoio de, polo menos, 75 afiliados/ as que estén ao corrente dos seus pagamentos e obrigas, no documento normalizado e aprobado polo Comisión Organizadora.
A presentación de precandidaturas á Presidencia Provincial finalizou ás 20:00 horas do xoves 20 de xuño de 2024.
Logo de rematar o plazo habilitado para a presentación de precandidaturas, presentouse una única candidatura, encabezada por don Luis Menor Pérez.
Logo de comprobar, tal e como fixa o artigo 20 do Regulamento, que reúne os apoios estatutarios e regulamentariamente requeridos, así como constatar que cumpre cos restantes requisitos esixibles,
A Comisión Organizadora do Congreso ACORDOU por unanimidade proclamar candidato único á presidencia provincial do Partido Popular de Ourense a don Luis Menor Pérez, e dar por convocada a campaña electoral interna, que finalizará ás 00:00 horas do mércores 3 de xullo. (ver acordo 👉 aquí)
Esta proclamación supón que non haberá asembleas de votación para a elección entre os/as afiliadas/os inscritos/as, quedando proclamado candidato para a súa elección entre os/as compromisarios/as o día do Congreso.
ASEMBLEAS PARA A ELECCIÓN DE COMPROMISARIOS / AS
As Asembleas para a elección de compromisarios/as que participarán no Congreso foron convocadas pola COC mediante acordo do 21 de xuño. As datas e lugares de celebración poden consultarse no seguinte documento: VER CONVOCATORIA
DOCUMENTOS DO CONGRESO
Aquí podes descargar os principais documentos do Congreso:
CONVOCATORIA DO 19º CONGRESO EXTRAORDINARIO DO PP DE OURENSE: podes descargala 👉 aquí
COMPOSICIÓN DA COMISIÓN ORGANIZADORA DO 19º CONGRESO EXTR.: podes descargala 👉 aquí
REGULAMENTO DO CONGRESO: podes descargalo 👉 aquí
CRONOGRAMA DO CONGRESO: podes descargalo 👉 aquí
FORMULARIO DE INSCRICIÓN DE ELECTOR/A: Formulario xa non aplicable
FORMULARIO DE INSCRICIÓN DE COMPROMISARIO/A: Formulario xa non aplicable
ACORDOS DO C.O.C. DO 12 DE XUÑO DE 2024: podes descargar o documento 👉 aquí
FOLLA DE APOIO AO PRECANDIDATO: Formulario xa non aplicable
DISTRIBUCIÓN DE COMPROMISARIOS: podes descargala 👉 aquí
ACORDOS DO COC DE 21 DE XUÑO DE 2024:
Lugar de Celebración: Pazo dos Deportes Paco Paz de Ourense (ver acordo 👉 aquí)
Proclamación da precandidatura única, encabezada por don Luis Menor Pérez (ver acordo 👉 aquí)
Asembleas para a elección de compromisarios (ver acordo 👉 aquí)
ACORDOS DO COC DE 1 DE XULLO DE 2024:
Inscrición de compromisarios/as (ver acordo 👉 aquí)
Lema do Congreso: “Construíndo un Ourense da xente” (ver acordo 👉 aquí)
ACORDOS DO COC DE 9 DE XULLO DE 2024:
Proposta de Composición da Mesa do Congreso (ver acordo 👉 aquí)
Designación dos membros das Mesas electorais establecidas para a votación dos/as compromisarios/as: (ver acordo 👉 aquí)