Feijóo ponse o obxectivo dunha maioría excepcional e cre que hai ilusión e motivación

Boqueixón, 3 de agosto de 2016.- O líder do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, asegurou que os populares galegos póñense o obxectivo dunha maioría excepcional, posto que cre que hai ilusión e motivación para vencer. Así se expresaba o dirixente durante a Xunta Directiva do partido celebrada esta mañá en Boqueixón. Malia ser conscientes de que unha maioría estable é unha excepción en España, o presidente indicou que teñen argumentos, feitos e razóns para pedirlla aos galegos, xa que a nosa comunidade tamén foi e é unha excepción de estabilidade, responsabilidade, solidariedade, sentido común, e polo que todos xuntos fixemos.

Continue reading