Feijóo anuncia unha estratexia de rehabilitación de cascos históricos co obxectivo de intervir en máis de 10.000 vivendas

Xunqueira de Ambía, 19 de setembro de 2016.- O Presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, presentou hoxe a estratexia de rehabilitación de cascos históricos que ten como obxectivo intervir en máis de 10.000 vivendas de máis de 40 zonas históricas de Galicia ata 2020. Ademais das bonificacións fiscais para compra de vivenda no rural xa anunciadas a pasada semana, este plan axilizará a obtención de licencias de obra e facilitará préstamos a interese cero a particulares para o financiamento das actuacións. Pola súa banda, a Xunta implicarase directamente coa rehabilitación de máis de 1.500 vivendas e 350 locais comerciais, ao tempo que porá a disposición dos concellos de menos de 50.000 habitantes un fondo de cooperación para que tamén rehabiliten directamente vivendas.

Continue reading