O GPP anima a En Marea a “sumar esforzos para ofrecer solucións ás familias” na loita contra a pobreza

 

Santiago, 13 de decembro de 2016.- A portavoz de Asuntos Sociais, Marta Rodríguez Arias, animou hoxe aos responsables de En Marea a “sumar esforzos para ofrecer solucións ás familias” na loita contra a pobreza e a exclusión social. Neste sentido, demandou que “revisen o seu modelo social” e criticou que “veñan ao Parlamento sen ter coñecemento das políticas sociais da Xunta de Galicia”.

Continue reading

O Parlamento aproba constituír a Comisión de Investigación das antigas caixas

 

Santiago, 13 de decembro de 2016.- O Parlamento galego aprobou hoxe a constitución dunha Comisión de Investigación para analizar e avaliar a evolución económico-financeira da antigas caixas de aforro e as causas e responsabilidades da súa transformación en bancos, incluíndo as indemnizacións millonarias dos seus ex-directivos, co obxectivo de rematar os traballos realizados na pasada IX lexislatura. “O obxectivo é chegar a conclusións razoables, sensatas e que expliquen que foi o que ocorreu co sistema financeiro galego”, manifestou o portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy.

Continue reading