Galicia fará valer o seu peso como nacionalidade histórica na vindeira Conferencia de Presidentes

O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, ofreceu este venres unha rolda de prensa na que fixou a Conferencia de Presidentes autonómicos que se celebrará o próximo 17 de xaneiro como “unha das primeiras grandes citas políticas” do vindeiro 2017. “Agardamos un encontro produtivo entre iguais, nos que se dea un debate serio sobre as necesidades das nosas comunidades”, apuntou, para sinalar que agarda que os líderes autonómicos acudan ao encontro “con espírito construtivo, de diálogo e vontade de consenso”. “Estamos convencidos de que non será coma as dos tempos de Zapatero, que só servían para pasar a limpo o xa acordado con Cataluña”, lembrou.

Tellado desexou que Galicia poida facer valer o seu peso político nesta reunión como nacionalidade histórica, a única que acudirá cun talante de aliado do Goberno Central, dado que nin Euskadi nin Catalunya se presentarán, e a presidenta andaluza “parece máis preocupada polas loitas internas do seu partido que polos problemas da sociedade”.

Con todo, o secretario xeral subliñou que “somos aliados, pero non vasalos”, e recalcou que o presidente Feijóo se presentará en Madrid “non como un militante do Partido Popular, senón unicamente como militante de Galicia. Neste sentido, insistiu en que o líder do Executivo galego defenderá todos os acordos que sexan positivos para a nosa terra, e enfrontarase a todos aqueles que pretendan que Galicia reciba menos do que merece, “sexan do partido que sexan”.

Entre os factores que deberán terse en conta na Conferencia é a traxectoria que o Goberno galego seguiu nos últimos anos en canto a rigor na xestión das contas públicas. “Galicia cumpriu sempre, e iso ten un valor. Foi a única Comunidade que conseguiu baixar a débeda no último ano”, salientou.

MAN TENDIDA PARA AMPLIAR A MAIORÍA

O secretario xeral tamén quixo recordar que Feijóo acudirá ao encontro como único presidente cunha maioría absoluta, pero tendeulle a man á oposición para conseguir ampliar este apoio e acadar “posturas de país” en temas fundamentais. Sobre este punto, valorou positivamente a actitude do voceiro parlamentario socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, que esta semana mostrou vontade de “traballar con responsabilidade” a carón do Goberno. “Agardamos que obteña o apoio do seu partido nesta postura e que no resto de España haxa máis socialistas que sexan capaces de poñer os intereses dos cidadáns por diante das loitas partidistas.

O PPdeG solicita ao Fiscal elaborar un estudio sobre a influencia da publicidade nos casos de violencia machista

Santiago, 15 de decembro de 2016.- A portavoz de Xustiza do Grupo Popular, Paula Prado, propuxo esta tarde ao Fiscal Superior de Galicia, na súa comparecencia para presentar a Memoria da Fiscalía correspondente a 2015, a elaboración dun estudo, en colaboración con outros organismos públicos, sobre a influencia que poida ter a publicidade que se lle da aos casos de violencia de xénero na comisión de novos delitos.

Continue reading