O Parlamento aproba impulsar a comunicación enre Atención Primaria e Hospitalaria a través da e-consulta e consulta telefónica

Santiago,  17 de xaneiro de 2017.- O Parlamento aprobou hoxe na transcurso da Comisión de Sanidade a iniciativa do PPdeG encamiñada a impulsar a comunicación entre Atención Primaria e Atención Hospitalaria a través da e-consulta e a consulta telefónica, para axilizar os tempos de resposta e potenciar a continuidade asistencial, así como mellorar a conciliación familiar e laboral dos pacientes.

Continue reading

Paula Prado acusa á oposición de crear unha “caixa máxica sen ningún tipo de rigor, definición,previsión nin xustificación”

Santiago, 16 de xaneiro de 2017.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, acusou hoxe á oposición de crear “unha caixa máxica da que sacan os cartos sen ningún tipo de rigor, definición, previsión realista nin xustificación”. Fronte a isto, “o Partido Popular leva demostrado estes anos de goberno que fai as cousas con prudencia, rigorosidade e pegadas á realidade, que non gastamos máis do que ingresamos, cumprimos o déficit e pagamos a débeda”, afirmou.

Continue reading