Os catro grupos do Parlamento galego rexistran unha nova proposición de lei solicitando a transferencia da AP-9

Santiago, 18 de xaneiro de 2017.- A totalidade dos deputados dos catro grupos parlamentarios do Parlamento galego rexistraron hoxe unha nova proposición de Lei a través da que se solicita a transferencia á Comunidade Autónoma de Galicia da titularidade e as competencias sobre o réxime xurídico da concesión, así como as funcións e servizos ata agora exercidos pola Administración xeral do Estado en relación coa AP-9.

Continue reading

O Grupo Popular téndelle a man á oposición para acadar amplos consensos no impulso do I+D+I en Galicia

Santiago, 18 de xaneiro de 2017.- O viceportavoz do Grupo Popular, Miguel Tellado, tendeulle este mércores a man á oposición para que no Parlamento galego se consiga un amplo consenso en favor do impulso ao I+D+i  na Comunidade, co afán de continuar co proceso de modernización da economía galega levado a cabo durante os últimos anos. “Coincidimos en que a investigación é  estratéxica, por iso máis alá da discrepancia deberiamos mandar unha mensaxe de unidade ao sector”, apuntou.

Continue reading

O Parlamento insta á Xunta que intensifique as relacións de colaboración entre os profesionais da cociña e da artesanía

Santiago, 18 de xaneiro de 2017.- O Parlamento galego aprobou hoxe, a iniciativa do Grupo Popular, solicitar á Xunta que poña en marcha novas medidas que intensifiquen as relacións de colaboración entre os profesionais da cociña e do sector artesanal, tendo en conta a enorme visibilidade que están a ter os cociñeiros galegos e as grandes sinerxías que poden crear para outros sectores como o artesanal, converténdose en escaparates excelentes da marca Artesanía de Galicia.

Continue reading

O Parlamento aproba instar á Xunta a publicar este ano os modelos de pregos de contratos públicos

Santiago, 18 de xaneiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, instar ao Goberno galego a completar e publicar durante o presente ano os distintos modelos de pregos de contratos públicos, que deberán incorporar todas as innovacións contidas tanto na normativa galega e nas guías que a desenvolven como as novidades que incorpore a lexislación básica estatal, así como a revisalos e actualizalos, cando sexa procedente, con carácter anual.

Continue reading

O GPP defende que a Xunta incremente o orzamento destinado ás ONGD´S como mínimo o dobre do que suba o presuposto da Administración galega

Santiago, 18 de xaneiro de 2017.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos defendeu hoxe no Parlamento que a Xunta de Galicia impulse un crecemento anual, progresivo e previsible da axuda ás ONGD’s galegas, tendo sempre como horizonte o 0,7 por cento do seu orzamento consolidado e cun incremento anual como mínimo do dobre do incremento do orzamento total consolidado da Xunta.

Continue reading

O Parlamento galego solicita ao Goberno central a creación dun novo xulgado do social en Lugo

Santiago, 18 de xaneiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a iniciativa do Grupo Popular logo dunha transacción co BNG, demandar ao Goberno central a creación dun novo xulgado do social en Lugo, sempre que a criterio da Comisión Mixta entre o Tribunal Superior e a Xunta de Galicia se considere que existen as condicións obxectivas de necesidade para a súa posta en marcha. Ademais, solicitouse ao Consello Xeral do Poder Xudicial e ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o nomeamento dun maxistrado de reforzo para os xulgados do social da provincia de Lugo.

Continue reading