Santiago, 25 de xaneiro de 2017.- O Grupo Popular apoiou hoxe a aprobación dunha proposición non de lei no Parlamento galego, logo dunha transacción co Grupo Socialista, a través da que se solicita á Xunta ampliar ás etapas de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria e bacharelato a liña xa emprendida pola Consellería en formación profesional, poñendo, á maior brevidade posible, un conxunto de instrumentos e ferramentas informáticas que permitan a elaboración das programacións didácticas acorde co modelo curricular vixente.
O Parlamento solicita á Xuna elaborar un programa de axudas específico para as familias monoparentais
Santiago, 25 de xaneiro de 2017.- O Parlamento galego aprobou hoxe unha unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se insta á Xunta a elaborar un programa de axudas específico para as familias monoparentais, “reforzando as políticas dirixidas ao benestar das familias e, sobre todo, das familias de especial consideración”, manifestou a portavoz de Asuntos Sociais, Marta Rodriguez Arias.
O GPP demanda “seriedade” á oposición ao falar dos problemas en urxencias motivados polos picos de gripe
Santiago, 25 de xaneiro de 2017.- A deputada do Grupo Popular Marta Rodríguez-Vispo demandou hoxe á oposición tratar o problema das urxencias sanitarias por mor dos picos da gripe “con seriedade”. “O problema non se soluciona como piden os socialistas esixindo informes aos xerentes dos hospitais, nin botando a culpa aos equipos directivos ou aos profesionais, porque este problema xa ven desde hai moito tempo, cando non había crises nin recortes e eran anos de bonanza e investimentos”, apuntou.
O Parlamento insta á Xunta a aprobar no primeiro semestre deste ano una norma que regule a contratación do persoal investigador laboral
Santiago, 25 de xaneiro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, a proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a aprobar durante o primeiro semestre deste ano a norma que regule o réxime de contratación do persoal investigador laboral da Administración da Comunidade galega, incorporando a correspondente memoria económica. “Con esta norma, Galicia volverá a ser pioneira en España, creando por primeira vez a figura do persoal investigador e incluíndoa no catálogo de postos de traballo da Administración autonómica, co obxectivo de favorecer a retención do talento científico”, asegurou o deputado do Grupo Popular Moisés Blanco
O GPP salienta o apoio “desde o primeiro momento” do Goberno galego aos afectados polas cláusulas chan
Santiago, 24 de xaneiro de 2017.- O portavoz de Vivenda do Grupo Popular, Jaime Castiñeira, salientou hoxe que o Goberno galego “posicionouse claramente do lado dos consumidores e actuou desde o primeiro momento informando e formando” sobre o Real Decreto 1/2017, que facilita aos afectados polas cláusulas chan un procedemento extraxudicial para resolver e defender os seus intereses de forma sinxela, rápida e gratuíta, deixando sempre aberta a vía xudicial.
O GPP demanda “coherencia” á oposición para manter a unidade reclamando a transferencia da AP-9
Santiago, 24 de xaneiro de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, demandou hoxe “coherencia” aos grupos da oposición para manter a unidade presente na proposición de lei asinada por todos os deputados galegos reclamando a transferencia da AP-9.
O PPdeG defende o desenvolvemento a nivel nacional do Plan estratéxico contra a hepatite C coordinado coas autonomías
Santiago, 24 de xaneiro de 2017.- O portavoz de Sanidade do Grupo Popular, Aurelio Núñez Centeno, defendeu hoxe o desenvolvemento do plan estratéxico contra a hepatite C a nivel nacional, “de xeito absolutamente coordinado e non que cada autonomía faga o que lle pareza axeitado”. Neste sentido, cifrou en 4.700 as persoas tratadas en Galicia, “todos os enfermos que o precisaban, dentro da priorización prevista no plan estatal en relación co grao de fibrose e outros factores de interese”.
Puy avoga por aproveitar a Comisión das caixas para incorporar novos datos, documentación e valoracións
Santiago, 24 de xaneiro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avogou esta tarde no Pleno do Parlamento porque se aproveite a constitución da Comisión de Investigación sobre as caixas de aforro galegas “para incorporar no plan de traballo novos datos, documentación e valoracións, deixando fóra os infundios, as insinuacións ou as sombras de sospeita”. “Galicia merece unha explicación sobre o proceso da conversión das caixas nun banco, non unha nova controversia baseada en infundios”, indicou.