O PPdeG apoia demandar que se modifique a normativa para que os consumidores coñezan os países de orixe dos meles

Santiago, 16 de marzo de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se demanda ao Goberno central para que modifique a normativa actual de xeito que os consumidores coñezan os países de orixe dos meles envasados en España no caso da comercialización de mesturas de produtos e distintos países de orixe. Así mesmo, solicítase un impulso á promoción do mel producido ao amparo da indicación xeográfica protexida Mel de Galicia.

Continue reading

Tellado afirma que o Concello de Ferrol está “secuestrado por unha minoría absoluta”

Ferrol, 16 de marzo de 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, continuou este xoves en Ferrol coa rolda de reunións que está a celebrar con agrupacións locais do partido coa vontade de  “coñecer de primeira man as necesidades de cada lugar, identificar problemas comúns para dar solucións comúns, e aproveitar as sinerxias”. Así, valorou que o “O PP é o único partido que, respectando as características de cada lugar, pode manter un discurso único en todos eles, e celebrar encontros como este”.

Continue reading

O Grupo Popular demanda “rigor e seriedade” á oposición cando falan dos cortes de electricidade nos temporais

Santiago, 16 de marzo de 2017.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Vázquez, demandou hoxe “rigor e seriedade” aos grupos da oposición “cando falan dos cortes eléctricos durante os temporais do pasado mes de febreiro, porque só o 10 por cento dos máis de 1,8 millóns de puntos de subministración existentes en Galicia resultaron afectados naqueles días”.

Continue reading

O PPdeG lembra ao BNG que a creación dun xulgado específico de violencia de xénero en Lugo xa está previsto na proposta galega ao pacto estatal

Santiago, 15 de marzo de 2017.- A portavoz de Igualdade do Grupo Popular, Marián García, criticou hoxe que o BNG pretenda “quitarlle protagonismo á proposta para o Pacto estatal contra a violencia de xénero acordada entre todos os grupos parlamentarios galegos promovendo unha recollida de sinaturas en Lugo para demandar un xulgado de violencia de xénero, cando este pacto xa recolle dotar de xulgados específicos alí onde non os haxa”.

Continue reading

O Parlamento solicita ao Concello de Vigo que mellore servizo e conexións de Teis co Hospital Público Álvaro Cunqueiro

Santiago, 15 de marzo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a iniciativa do Grupo Popular, solicitar ao Concello de Vigo que mellore o servizo e as conexións de autobús desde o barrio de Teis cara ao Hospital Público Álvaro Cunqueiro, atendendo así as necesidades dos veciños. A deputada Marián García Míguez criticou que para o Concello de Vigo “haxa cidadáns de primeira e de segunda dependendo de onde viven para que poidan gozar dos medios necesarios e suficientes de acceso aos servizos públicos básicos”.

Continue reading