Tellado cre que hoxe comeza “a formación dun proxecto que debe ilusionar á cidade da Coruña”

Santiago, 21 de abril 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, ofreceu unha rolda de prensa este venres nas horas previas ao Congreso local da cidade da Coruña, e na que destacou que agarda desta cita que “saia un partido local máis unido, máis activo e, por tanto, máis forte, de cara ao duro traballo que hai por diante nos dous vindeiros anos”. Sobre isto, incidiu en que hoxe comeza a “formación dun proxecto que debe ilusionar á Coruña” e co obxectivo de desbancar a Xulio Ferreiro do “desgoberno da cidade”.
Continue reading

O GPP salienta a forte proxección da castaña de Galicia a nivel nacional e internacional

Santiago, 20 de abril de 2017.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González, salientou hoxe a “forte proxección da castaña de Galicia a nivel nacional e internacional en canto á súa capacidade de crecemento”, polo que avogou polo “incremento do volume de plantación de castiñeiros como vía de desenvolvemento do rural galego, especialmente nas zonas de montaña do interior de Galicia”.

Continue reading

Cristina Romero considera “surrealista” que en Marea traia ao Parlamento a praza de abastos da Ponte en Ourense cando os seus “correlixionarios no Concello levántanse do pleno cando se fala do asunto”

Santiago, 20 de abril de 2017.- A portavoz de Comercio do Grupo Popular, Cristina Romero, cualificou de “surrealista que o grupo de En Marea traia ao debate no Parlamento a apertura da praza de abastos da Ponte cando os seus correlixionarios no Concello de Ourense levántanse do Pleno municipal cando se fala deste mesmo asunto”.

Continue reading

O PPdeG critica que a aoposición pretenda botar abaixo o acordo do pleno para que se estenda a cobertura de internet a 30 megas ao 90% da poboación en 2019

Santiago, 20 de abril de 2017.- O portavoz de Novas Tecnoloxías do Grupo Popular, Moisés Blanco, criticou hoxe que os grupos da oposición “pretendan botar abaixo a proposición o acordo acadado hai menos dun mes no Pleno para que as empresas operadoras de telefonía estendan a cobertura de 30 megas ao 90 por cento da poboación do rural galego a finais de 2019”.

Continue reading