Os populares galegos comezan a perfilar unha nova rolda de visitas a pequenos concellos

Santiago, 28 de abril 2017.- O secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, ofreceu unha rolda de prensa este venres na que anunciou que aproveitando que a climatoloxía empeza a permitilo, desde o partido comézase a perfilar unha nova rolda de visitas do noso líder a concellos para encontros con veciños, inspirada nos Faladoiros do ano pasado.  “O presidente Feijóo sinalou logo das eleccións que a súa promesa de estar a pé de rúa e na meirande parte de concellos de Galicia non era unha simple fase de campaña, senón unha vontade sincera de achegarse a todos os galegos”, destacou.
Continue reading

O Parlamento insta á Xunta a valorar a concesión de subvencións a concellos que incumpran os prazos de pago a provedores

Santiago, 27 de abril de 2017.- O Parlamento galego aprobou hoxe as resolucións aos informes de fiscalización ao sector público de Galicia do Consello de Contas de Galicia. Entre as medidas incorporadas figuran as propostas do Grupo Popular para solicitar á Xunta que valore a concesión de subvencións aos concellos que incumpran os prazos de pago a provedores, ou que poña a disposición das deputacións provinciais os medios e eficacia da Axencia Tributaria de Galicia para a xestión recadatoria de impostos.
A portavoz do Grupo Popular para as relacións co Consello de Contas, Cristina Romero, manifestou que “confiamos no traballo feito pola institución e na súa imparcialidade e independencia, polo que consideramos que as actuacións de fiscalización corresponden a criterios obxectivos e profesionais”.
Continue reading

Marián García: “A recuperación do antigo Hospital do Rebullón en Mos enmárcase nun proceso máis amplo de equipamentos sociais que atenda a demanda”

Santiago, 27 de abril de 2017.- A deputada do Grupo Popular Marián García Míguez afirmou esta tarde no Parlamento que a recuperación do antigo Hospital do Rebullón en Mos para o desenvolvemento de novos servizos sociais ou sanitarios enmárcase nun “proceso máis amplo e global dos equipamentos sociais segundo a demanda das distintas áreas e un plantexamento coordinado e global dos usos de todos os edificios que son patrimonio da Xunta”.

Continue reading