Santiago, 10 de maio de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, afirmou hoxe no Parlamento que os orzamentos do Estado “contribúen á redistribución da riqueza a nivel nacional e para Galicia supoñen máis investimento, máis gasto social, máis recuperación e menos paro”.
O Parlamento solicita que as axudas para incorporación de agricultores mozos tributen como mínimo durante cinco anos
Santiago, 10 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade unha proposición non de lei, impulsada polo Grupo Popular, a través da que se solicita que o período mínimo de imputación das subvencións por incorporación de agricultores mozos, no caso de que tribute no IRPF do mozo, sexa como mínimo de cinco anos a contar dende o período de incorporación. Así mesmo, no caso de que a incorporación do mozo se faga mediante a súa participación en entidades, demándase que a subvención percibida se impute na imposición da entidade participada e non no IRPF do mozo.
O Parlamento insta á Xunta a impulsar a implantación dun “Hub” de gas natural licuado na Ría de Ferrol
Santiago, 10 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a iniciativa do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta de Galicia a planificar actuacións que favorezan o impulso dun Hub de gas natural licuado (GNL) e que Reganosa adapte as súas infraestruturas e despregue as instalacións que fosen necesarias para conseguir o desenvolvemento loxístico e comercial que permita aos portos galegos prestar servizos de abastecemento small scale e bunkering de GNL.
O Parlamento aproba por unanimidade a proposición de lei de transferencia da AP-9 á Comunidade galega
Santiago, 9 de maio de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá por unanimidade a proposición de lei, para presentar perante o Congreso dos Deputados, de transferencia da titularidade e das competencias da AP-9 á Comunidade galega. O portavoz de Infraestruturas, Martín Fernández Prado, que será un dos deputados galegos que defendan esta transferencia na Cámara Baixa, afirmou que, de aprobarse esta lei, “será a primeira autoestrada da rede troncal estatal que se transfire sen estar recollida dita transferencia na Constitución Española”.
O PPdeG asegura que a Xunta velará sempre polo escrupuloso cumprimento da lei co Pazo se Meirás
Santiago, 9 de maio de 2017.- O portavoz de Cultura do Grupo Popular, César Fernández Gil, asegurou hoxe no Parlamento que o Goberno galego “actuou, actúa e actuará sempre en defensa dos intereses xerais de Galicia, e no caso do Pazo de Meirás velaremos sempre polo escrupuloso cumprimento da lexislación, garantindo a posibilidade de que todo aquel que o desexe poida visitalo, tal e como implica a declaración de BIC que ten este espazo”. “Nun Estado de Dereito as leis aplícanse a todos por igual, con independencia da opinión que poidamos ter das persoas concretas ás que en cada caso afectan”, afirmou.