O GPP salienta a creación de 198 novas prazas do Imelga para mellorar e garantir a protección das vítimas, en especial as de violencia contra a muller

Santiago, 19 de maio de 2017.- O deputado do Grupo Popular Alberto Pazos salientou hoxe no Parlamento a creación de 18 novas prazas de psicólogo, traballador social e médicos forenses no Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga) co obxectivo de mellorar e garantir a protección das vítimas, especialmente as vítimas de violencia contra a muller.

Continue reading

María Antón Vilasanchez: A Consellería de Cultura remitirá en breve ao Concello de Lugo a proposta para a exposición pública do túnel aparecidio no cubo VI da Muralla Romana

Santiago, 18 de maio de 2017.- A deputada do Grupo Popular María Antón manifestou hoxe no Parlamento que a Consellería de Cultura remitirá en breve ao Concello de Lugo a proposta de convenio para a exposición pública dos restos do túnel que apareceu na escavación do cubo VI da Muralla Romana de Lugo. “Agardamos que o Concello non tarde outros cinco meses, como fixo no caso de dar a súa conformidade á solicitude da Consellería para musealizar estes restos arqueolóxicos, tempo no que a mesma Consellería foi quen de licitar dúas intervencións máis para a restauración dos cubos 19, 70, 71 e 80, por un importe superior aos 700.000 euros, o que amosa o compromiso da Xunta coa posta en valor deste patrimonio mundial”, indicou.

Continue reading

O Grupo Popular avoga por concienciar e formar á sociedade na mellora da convivencia nas aulas para evitar situacións de acoso

Santiago, 18 de maio de 2017.- O portavoz de Educación do  Grupo Popular, César Fernández Gil, avogou hoxe no Parlamento por “concienciar e formar ao conxunto da sociedade na mellora da convivencia nas aulas para evitar situacións de acoso dentro e fóra das mesmas”. Para isto, puxo en valor a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020 posta en marcha pola Xunta de Galicia, que recolle os pasos a dar ante unha posible situación de acoso ou ciberacoso, así como as diferentes estratexias de prevención.

Continue reading