O voceiro de Infraestruturas acusa á oposición de “intentar boicotear” a posta en marcha do novo plan de transporte público

Santiago, 6 de xuño de 2017.- O portavoz de Infraestruturas do Grupo Popular, Martín Fernández Prado, acusou hoxe no Parlamento aos grupos da oposición de “intentar boicotear” a posta en marcha do novo plan de transporte público de Galicia, “deixando ao rural galego sen transporte público desde o vindeiro mes de agosto e provocando a perda de centos de postos de traballo”.

Continue reading

O PPdeG rexeita modificar os orzamentos para incrementar o gasto social porque a propia Lei xa considera estas partidas como ampliables en función das necesidades

Santiago, 6 de xuño de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, asegurou hoxe que “o compromiso do Goberno galego e do PPdeG co gasto social está fóra de toda dúbida”, polo que considerou innecesario modificar os orzamentos para incrementar o gasto neste ámbito xa que a propia lei considera estas partidas como ampliables en función das necesidades dos beneficiarios.

Continue reading

O Grupo Popular lembra a En Marea que o 112 “xa é un servizo público” e ínstaos a “repasar o dereito administrativo e a Lei de Emerxencias de Galicia”

Santiago, 6 de xuño de 2017.- O Grupo Popular rexeitou esta mañá no Parlamento a solicitude de En Marea para que a Xunta inicie os trámites pertinentes para a recuperación do 112 como servizo público porque “xa é un servizo público, polo que quizais deberían repasar o dereito administrativo e a Lei de Emerxencias de Galicia”, manifestou a viceportavoz, Paula Prado.

Continue reading

O Grupo Popular acusa a En Marea e BNG de pretender facer unha “investigación prospectiva” sobre a relación dun grupo empresarial coa Xunta “sen coñecer un só contrato que poida ser fraudulento”

A viceportavoz do Grupo Popular,  Paula Prado, acusou hoxe a En Marea e BNG de “pretender facer unha investigación prospectiva” sobre os contratos dun grupo empresarial coa Xunta de Galicia porque “non coñecen nin un só contrato con estas empresas que poida ser fraudulento, non coñecen unha soa concesión ou adxudicación que non cumpra escrupulosamente a lexislación vixente”. “Queren facer a política da tinta de lura, sementar dúbidas e poñer todo baixo sospeita”, manifestou.

Continue reading