Santiago, 20 de xuño de 2017.- O portavoz do Mar do Grupo Popular, Carlos López Crespo, garantiu hoxe que o Servizo de Gardacostas da Xunta de Galicia continuará totalmente garantido e cuberto, porque o contrato está operativo ata o vindeiro 31 de outubro e a Consellería xa está tramitando a nova contratación”
Continue reading
Pedro Puy cualifica de “tolemia” a proposta dun cupo galego do BNG
Santiago, 20 de xuño de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, cualificou hoxe de “tolemia” a proposta dun cupo galego por parte do BNG, xa que fixou en máis de 3.600 millóns de euros cada ano a diferenza entre o que Galicia recibe do Estado do que a Administración central recada na Comunidade galega, segundo os últimos datos do sistema de contas públicas territorializadas.
Paula Prado: “Se o Fiscal Xeral do Estado estima oportuno crear unha Fiscalía Anticorrupción en Galicia, apoiaremos esta decisión”
Santiago, 20 de xuño de 2017.- A viceportavoz do Grupo Popular, Paula Prado, asegurou esta tarde no Parlamento que, “se o Fiscal Xeral do Estado estima oportuno e conveniente crear unha Fiscalía Anticorrupción en Galicia, apoiaremos esta decisión” e reiterou a disposición da Xunta de dotar dos medios materiais e humanos que precisase para o seu correcto funcionamento. Neste sentido, Prado manifestou que “se a Fiscalía Anticorrupción tivera competencias en delitos de inxurias e calumnias, estou segura de que tería que crear unha delegación neste Parlamento”.
O PPdeG contrapón que a Xunta xestione o 96,5% das prazas públicas en escolas infantís fronte ao 100% de privatización nas escolas municipais de Santiago,Vigo ou A Coruña
Santiago, 20 de xuño de 2017.- A portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, contrapuxo o feito de que o 96,5 por cento das prazas públicas en escolas infantís estean xestionadas directamente pola Xunta de Galicia, con que o 100 por cento das escolas de competencia municipal en Santiago, Vigo ou A Coruña estean privatizadas.
O Grupo Popular afirma que o plan de relevo xeracional de autónomos da xunta fomentará a continuidade dos negocios e favorece a integración da mocidade
Santiago, 20 de xuño de 2017.- A portavoz de Comercio do Grupo Popular, Cristina Romero, sinalou esta mañá no Parlamento que o Goberno galego “está elaborando un plan de relevo xeracional para os autónomos galegos, enmarcado na Estratexia Autónomo 2020, co obxectivo de fomentar a continuidade dos negocios e favorecer a integración da mocidade”. “O obxectivo é a continuidade de todos aqueles negocios que sexan viables e o seu crecemento”, apuntou.
O PPdeG defende que a Xunta inclúa na Estratexia Galega de Cambio Climático medidas para continuar reducindo a contaminación industrial e impulsando o uso de enerxías renovables
Santiago, 20 de xuño de 2017.- O portavoz de Medio Ambiente do Grupo Popular, Gonzalo Trenor, defendeu hoxe no Parlamento que a Xunta inclúa na Estratexia Galega de Cambio Climático e Transición Enerxética 2050 un conxunto de medidas orientadas a continuar reducindo os niveis de contaminación industrial; a seguir impulsando a produción e o uso de enerxías renovables e a diminuír as emisións de gases de efecto invernadoiro; e a seguir coa mellora da rede de estacións de control da contaminación atmosférica en Galicia.
Marta Nóvoa:”Os impostos medioambientais de Galicia non se inclúen nas facturas eléctricas dos consumidores”
Santiago, 20 de xuño de 2017.- A portavoz de Enerxía do Grupo Popular, Marta Nóvoa, asegurou hoxe no Parlamento que “os impostos medioambientais de Galicia, como o canon eólico, non gravan as actividades ou instalacións de subministro eléctrico e, polo tanto, non poden incluírse nas facturas eléctricas que pagan os consumidores galegos”. “O Goberno galego xa trasladou ao Goberno do Estado en diversas ocasións o seu rexeitamento a incluír estes impostos na factura eléctrica, porque entende que gravan o impacto ao medio ambiente”, engadiu.