Santiago, 23 de xuño de 2017.- A deputada do Grupo Popular Soraya Salorio salientou hoxe no Parlamento que “a Consellería do Mar leva desde 2012 traballando para minimizar o impacto do parásito Marteilia conchillia no berberecho e mellorar a produción do bivalvo a través de proxectos de investigación e axudas directas para paliar as perdas produtivas causadas pola diminución das poboacións de berberecho”.
O Parlamento galego demanda á Xunta que,en colaboración co sector, promova contactos coa Administración Europea en defensa dos intereses da pesca galega
Santiago, 23 de xuño de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a promover contactos co marco decisorio en Bruxelas, da man do sector, para que se poida exercer como unha única voz e de xeito organizado nos momentos previos á toma de decisións que afecta á pesca.
O Parlamento demanda á Xunta que manteña o seu apoio á estratexia Crecemento Azul que se desenvolve no Porto de Vigo
Santiago, 23 de xuño de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou esta mañá a proposición non de lei impulsada polo Grupo Popular a través da que se insta á Xunta para que manteña o seu apoio á estratexia Crecemento Azul desenvolvida pola Autoridade Portuaria de Vigo para acadar os obxectivos deste ambicioso proxecto pioneiro baseado no crecemento sustentable dos sectores marítimo-pesqueiros e portuario. A deputada popular Teresa Egerique considerou “absolutamente necesario apoiar iniciativas que, con fondos europeos e co apoio de todos os axentes económicos e sociais, supoñan mellorar a competitividade, modernidade e crecemento do porto”.
Continue reading
O Grupo Popular critica que o BNG enrede solicitando datos no Parlamento que xa están publicados na páxina web da Xunta
Santiago, 22 de xuño de 2017.- O portavoz de Montes do Grupo Popular, Silvestre José Balseiros, criticou hoxe que o BNG “enrede solicitando datos no Parlamento que xa están publicados na plataforma de contratos públicos da Xunta de Galicia a disposición de todos os cidadáns”. “Apostamos polo cumprimento da Lei de contratos do sector público e da Lei de transparencia e bo goberno, como ben sendo habitual e norma inquebrantable do Goberno da Xunta”, asegurou.
Continue reading
O Grupo Popular acusa a En Marea e BNG de defender a erradicación do eucalipto en Galicia ao pedir a súa inscrición no catálogo de especies exóticas e invasoras
Santiago, 22 de xuño de 2017.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Pérez, acusou hoxe a En Marea e BNG de “defender a erradicación do eucalipto en Galicia” ao pedir a súa inscrición no Catálogo de Especies Exóticas e Invasoras do Estado español. “Non estamos a favor do monocultivo do eucalipto, senón dunha xestión ordenada desta especie”, reiterou.
Continue reading
O Grupo Popular defende o traballo do persoal e funcionarios da Xunta que atenden as oficinas agrarias
Santiago, 22 de xuño de 2017.- O deputado do Grupo Popular Daniel Vega Pérez defendeu esta mañá no Parlamento “o traballo que realizan todos o persoal e funcionarios da Xunta que atenden as oficinas agrarias” e sinalou que os gandeiros e agricultores galegos poden solicitar as axudas ben a través de internet ou co asesoramento e colaboración do persoal destas oficinas.