O Parlamento solicita á Xunta que vele porque o cambio de propiedade do Banco Pastor teña o menor impacto posible para Galicia

Santiago, 7 de xullo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e En Marea, unha proposición non de lei a través da que se solicita á Xunta para que vele porque o cambio de propiedade no Banco Pastor teña para Galicia o menor impacto posible sobre a concesión de crédito e o emprego, ao tempo que os axustes se fagan co maior acordo posible e defendendo os intereses dos traballadores no eido das competencias que ten a Administración galega.

Continue reading

O Parlamento solicita ao Consello Xeral do Poder Xudicial un protocolo que garanta a accesibilidade sensorial e cognitiva das resolucións xudiciais

Santiago, 7 de xullo de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe por unanimidade, logo dunha transacción entre o Grupo Popular e o Grupo Socialista, unha proposición non de lei a través da que se solicita ao Consello Xeral do Poder Xudicial, en coordinación coa Administración de Xustiza, que elabore un protocolo de actuación con medidas que garantan a accesibilidade sensorial e cognitiva das resolucións xudiciais. “Compre contar co esforzo de todos os operadores xurídicos para acadar unha maior claridade na linguaxe xurídica que acerque o Dereito aos cidadáns, e para conseguilo é necesario adoptar medidas que, sen afectar ao rigor técnico, favorezan a comprensión por parte dos cidadáns das resolucións xudiciais das que son destinatarios”, indicou a portavoz de Xustiza do Grupo Popular, Julia Rodríguez.
Continue reading