Puy:”Abordamos o debate da Autonomía co obxectivo de continuar nunha senda que permite o incremento das rendas dos cidadáns”

Santiago, 2 de outubro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, avanzou hoxe que “abordamos o Debate sobre o Estado de Autonomía desta semana co obxectivo de que os galegos tomen conciencia de que as cousas van ben e continuar nunha senda que permita o incremento das rendas dos cidadáns, principalmente a través da creación de emprego”. Respecto da situación que se vive en Cataluña, Puy avogou porque “a través do diálogo todos saibamos darlle unha resposta conxunta ao reto que se lle presenta aos demócratas, por primeira vez en 40 anos, para a defensa da Constitución e o Estatuto de Autonomía”.

Continue reading