Santiago, 10 de outubro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe o carácter “especialmente participativo” do Pleno convocado para a vindeira semana, xa que se procederá ao debate de textos lexislativos remitidos polo Goberno galego, o Grupo Popular e a través da iniciativa popular, ao que se sumará tamén unha proposición non de lei de iniciativa popular.
O GPP avoga porque as producións agrogandeiras e forestais xeren suficiente valor engadido para loitar contra a despoboación no rural
Santiago, 10 de outubro de 2017.- O portavoz do Medio Rural do Grupo Popular, José González Vázquez, afirmou hoxe no Parlamento que “a mellor forma de recuperar o rural e loitar contra a despoboación é conseguir que as producións agrogandeiras e forestais xeren produtos co suficiente valor engadido para beneficiar a todos os partícipes no proceso de produción”.
O Parlamento insta á Xunta a elaborar, xunto co Consello galego de Pesca, un informe sobre o cumprimento da normativa de descartes pesqueiros
Santiago, 10 de outubro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe, a instancias do Grupo Popular, unha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta para que, a través do Consello Galego de Pesca, elabore un informe que recolla as accións desenvolvidas na Comunidade galega a prol de acadar o cumprimento da normativa sobre descartes e as propostas de cara a acadar unha maior flexibilidade da que ofreceu Bruxelas ata o momento para os descartes pesqueiros.
O GPP apoia no Parlamento demandar ao Goberno central unha redución do IVE do 10 ao 4 por cento para os produtos pesqueiros e marisqueiros
Santiago, 10 de outubro de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta mañá no Parlamento a aprobación dunha proposición non de lei a través da que se insta ao Goberno central para que reduza o imposto sobre o valor engadido (IVE) para produtos pesqueiros e marisqueiros do 10 ao 4 por cento.
O Parlamento demanda a Xunta e concellos a realización de campañas para a erradicación do furtivismo no mar
Santiago, 10 de outubro de 2017.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita á Xunta e aos concellos costeiros galegos a levar adiante campañas para a erradicación do furtivismo, que prexudica a economía dos profesionais do mar, a saúde pública pola falta de seguridade alimentaria e agrede aos recursos mariños con danos que poden chegar a ser irreparables.
O GPP apoia demandar solucións que melloren a cobertura telefónica e de internet no concello ourensá de Cartelle
Santiago, 9 de outubro de 2017.- O Grupo Popular apoiou esta mañá a aprobación no Parlamento galego dunha proposición non de lei a través da que se insta á Xunta a realizar, en colaboración co concello ourensán de Cartelle, as xestións oportunas coa veciñanza e as respectivas comunidades de montes para buscar solucións viables que dean resposta aos problemas de cobertura telefónica e internet existentes en varios núcleos de poboación deste municipio.