Pedro Puy destaca a axilidade do Parlamento para abordar o problema dos incendios e a rapidez de resposta da Xunta para atender as demandas dos afectados

Santiago, 6 de novembro de 2017.- O portavoz do Grupo Popular, Pedro Puy, salientou hoxe o protagonismo que terá a vaga de incendios forestais do pasado mes de outubro no Pleno que se celebra esta semana. Neste sentido, destacou a “axilidade e rapidez coa que se está a actuar no Parlamento, aberto aos problemas que poden xurdir, e a rapidez de resposta da Xunta ante os problemas da cidadanía, poñendo a disposición dos afectados axudas por 21 millóns de euros”.

Continue reading

O PPdeG traslada á oposición unha proposta de declaración institucional de apoio á Constitución e ás actuacións do Estado para recuperar a normalidade en Cataluña

Santiago, 6 de novembro de 2017.- O portavoz do  Grupo Popular, Pedro Puy, trasladou esta mañá aos tres grupos da oposición unha proposta de declaración institucional, co obxectivo de que sexa aprobada e lida durante o Pleno que se celebra esta semana na que, basicamente, se apoia a vixencia da Constitución e as actuacións que os poderes do Estado están a facer para recuperar a normalidade institucional e constitucional na comunidade autónoma de Cataluña.

Continue reading